Novas por contido

No DOG do 06/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 228, do 25 de novembro).

As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal

A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 06/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 233, do 2 de decembro), pola que se dá publicidade ás puntuacións do segundo exercicio.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as cualificacións das persoas aspirantes convocadas para a realización do segundo exercicio.

No DOG do 03/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios/as.

Publican as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, na parte de concurso de traslados (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta).

No DOG do 03/07/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de montes, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica forestal, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar a documentación prevista na citada base.

No DOG do 03/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña, convocado mediante Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 02/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2026 pola que se acepta unha renuncia á condición de funcionario/a de carreira do corpo de auxiliares de carácter técnico, especialidade bombeiro/a forestal.

No DOG do 02/07/2026 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de xuño de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á especialidade de educación infantil.

No DOG do 01/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publicarase tamén no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

No DOG do 01/07/2026 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en varias escolas oficiais de idiomas de Galiza no curso académico 2026/27.

No DOG do 30/06/2026 o PARLAMENTO DE GALIZA publica a CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xuño de 2026 pola que se nomea o tribunal cualificador do proceso selectivo para ingresar, por promoción interna e mediante concurso-oposición, nunha praza do corpo de letradas e letrados.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...