Novas por contido

No DOG do 05/04/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2022 pola que se convoca o curso monográfico Introdución á fiscalidade internacional.

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.59 horas do 11 de abril de 2022.

No DOG do 05/04/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2022 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Todo o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do Programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Pode participar nas probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galiza e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG), que non se encontre en situación de servizos noutras administracións públicas diferentes das que sexan obxecto desta convocatoria, excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos neste anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galiza e o persoal do Servizo Galego de Saúde; non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 31 de maio de 2022.

No DOG do 04/04/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

O sistema selectivo é o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 04/04/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

O sistema selectivo é o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 04/04/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidades de enxeñaría técnica de obras públicas e de enxeñaría técnica de minas; escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, das especialidades de arquivos, bibliotecas e museos.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

O sistema selectivo será o de oposición e irá seguido dun período de prácticas.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 04/04/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría de minas; escala de arqueólogos; escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

- RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de bibliotecas e museos.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.

No DOG do 01/04/2022 publican a CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 21 de marzo de 2022, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar de Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo IV do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado polas resolucións do 7 de febreiro de 2020 (DOG número 32, do 17 de febreiro), do 12 de maio de 2021 (DOG número 94, do 21 de maio) e do 25 de agosto de 2021 (DOG número 170, do 3 de setembro), polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test para aquelas persoas que xustificaron a súa ausencia nas probas do día 4 de outubro de 2020, 2 de outubro de 2021 e 28 de novembro de 2021.

Efectúan correccións no anexo de persoas convocadas.

No DOG do 31/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022 pola que se convoca o curso monográfico Itinerario de excelencia na demanda de innovación.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 6 de abril de 2022.

No DOG do 30/03/2022 a Axencia Galega de Servizos Sociais publica a RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2022 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para fillos e fillas do persoal ao servizo do sector público autonómico nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2022/23 (código de procedemento BS402B).

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e finaliza o día 13 de abril de 2022.

No DOG do 30/03/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 21 de marzo do 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 6 de abril de 2022.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Xuño 2026

Xefaturas de sección (corpos xerais), sentenzas de destino definitivo, persoal veterinario e escolas infantís (MSPF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSPF), dende a CIG puxemos enriba da mesa as seguintes cuestións:A1-xefaturas de sección que non saíron no concurso de traslados; chamadas de Emprego Público indicando a persoas con tomas de posesión feitas que teñen que elixir outro destino (sentenzas de destino definitivo); aclaración sobre o persoal veterinario que superou...
Mércores, 17 Xuño 2026

Calendario de adxudicacións de postos e actos de elección de destino (MSF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, a directora xeral de Emprego Públiico trasládanos o seguinte calendario de resolucións de adxudicacións de postos dos concursos de traslados e dos actos de elección de destino: Informática: van publicar unha corrección de erros para cambiar dúas cuestións:  Modifican o apartado D), referido ao traballo...
Venres, 12 Xuño 2026

Oposicións análises de laboratorio e enxeñaría de camiños, canais e portos (para MSF 17/06/2026)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha Mesa Sectorial de Persoal Funcionario que terá lugar o vindeiro mércores 17 de xuño de 2026, coa seguinte orde do día: Proposta de convocatoria de proceso selectivo pola quenda de acceso libre e promoción interna na escala técnica de análises de laboratorio (subgrupo C1). Descargar Proposta...