Novas por contido

No DOG do 02/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 16 de maio de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza.

No DOG do 02/09/2022 publican a ORDE do 29 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de marzo de 2015 pola que se inicia o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo da extinta Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galiza, e se regula a desistencia das solicitudes presentadas no procedemento iniciado ao abeiro dela.

Cómpre modificar a referida Orde do 25 de marzo de 2015 coa seguinte finalidade:

a) Corrixir o número e a denominación dos postos relacionados no anexo I-B.

b) Dotar dunha maior seguridade xurídica o procedemento de integración, abrir un novo prazo para que o persoal poida desistir da súa solicitude de integración, dado que desde a publicación da orde de inicio do procedemento se introduciron modificacións nas relacións xurídico-laborais do persoal afectado pola integración a través do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, e da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, que o persoal que presentara solicitudes de integración no puido ter en conta no seu momento.

c) Posibilitar a continuación do procedemento iniciado coas solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 25 de marzo de 2015.

No DOG do 01/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se dá publicidade da modificación da Resolución do 6 de xuño de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos.

No DOG do 01/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 115, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 01/09/2022 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de acceso libre.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 15 de xullo de 2022 ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 01/09/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2022 pola que se convocan cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico.

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria, das seguintes entidades: persoal da Sociedade Pública de Investimentos de Galiza, S.A. (SPI Galicia), da Fundación Cidade da Cultura de Galiza (FCC), da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), da Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), de Galiza Calidade, S.A.U., da Corporación Radio e Televisión de Galiza, S.A. (CRTVG), da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e de Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 12 de setembro de 2022.

No DOG do 31/08/2022 publican a RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado mediante a Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas o 14 de xullo de 2022 ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

No DOG do 31/08/2022 tamén publican a RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2022 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Amplían o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, en vinte (20) días hábiles.

No DOG do 31/08/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2022 pola que se convocan os cursos correspondentes ao segundo semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galiza do ano 2022 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal funcionario e laboral das oficinas de emprego, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social e da área de emprego das xefaturas territoriais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que se atope en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 9 de setembro de 2022.

No DOG do 26/08/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2022 pola que se convoca o Curso superior en protección de datos.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no DOG ata as 23.55 horas do día 18 de setembro de 2022.

No DOG do 26/08/2022 publican a RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do IV Premio empregados/as públicos/as innovadores/as e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento IN822D).

Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a), 4.c) e 4.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro de 2022.

Outras novas recentes

Martes, 04 Agosto 2026

Adxudicacións de destinos (esc. sociais e infantís, pers. aux. coidador), cesamentos de persoal temporal e carreira (CP 31/07/26)

Ademais de tratar os asuntos da orde do día, nesta xuntanza, após a nosa protesta, quedou fixado o 21 de outubro para comezar a negociar o acordo do PND. Repetimos a petición de que se dean destinos adaptados para persoal con discapacidade intelectual; preguntamos pola toma de posesión para corpos xerais e escalas sociais o mesmo día 15 de setembro e por se nas escalas de...
Luns, 03 Agosto 2026

Modificación da RPT de Medio Ambiente e Cambio Climático (29/07/2026)

Nesta xuntanza por parte da CIG solicitamos que o persoal que actualmente non fai quendas poida manter a súa situación até que a praza quede vacante; insistimos na urxencia de abrir a negociación integral das condicións de  traballo da escala de Recursos Naturais e Forestais; e reiteramos a nosa solicitude de abril para abrir unha negociación global sobre quendas, domingos e...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...