Novas por contido

As tres federacións que compoñen a área pública da CIG (ensino, administración e saúde) fixemos público hoxe, día 14 de maio, os seguintes actos en contra das medidas anunciadas polo goberno central de redución de salarios ás empregadas e empregados públicos e a favor do emprego e dos servizos públicos.

  • A convocatoria de folga xeral no ámbito do sector público galego o día 8 de xuño.
  • Concentracións o 20 de maio nas sete principais cidades galegas.

Así mesmo convocamos a todas as organizacións sindicais con representación nos distintos sectores (ensino, administración e saúde) da administración pública galega a unha reunión a celebrar o próximo martes para poñer en común e acordar medidas conxuntas en resposta a agresión que supoñen as medidas tomadas polo goberno Zapatero.

A intención da CIG nesta reunión é propor medidas que vaian máis alá das anuciadas, facendo unha proposta máis ampla de mobilizacións, tanto na propia administración pública como no resto do mundo laboral, desembocando nunha folga xeral.

A CIG fai un chamamento á unidade sindical de cara a unha convocatoria de folga xeral contra as medidas adoptadas polo goberno

A Confederación Intersindical Galega ten convocado para o vindeiro martes día 18 de maio, ás 11:00 horas a todas as centrais sindicais, para abordar unha resposta conxunta e contundente ás medidas que vén de facer públicas o goberno.

A CIG entende que é necesaria a mobilización e a unidade sindical para frear a imposición destas medidas e que se debe camiñar cara unha folga xeral que ten que facerse extensiva a todos os sectores, dado o seu carácter regresivo e antisocial, e non limitarse ao Sector Público.

Alén da xuntanza prevista para o vindeiro martes, a CIG anuncia a convocatoria de concentracións nas sete cidades para o vindeiro día 20 de maio, coincidindo co debate, no Congreso dos deputados, das medidas presentadas polo presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero.

Xunto a iso, anunciamos a convocatoria de folga para o día 8 de xuño, no Sector Público e unha manifestación nacional, ese mesmo día, en Compostela. Queremos salientar a gravidade da situación e lembrar que a CIG xa manifestara as súas críticas por considerar que desde o goberno non se estaban a adoptar medidas dirixidas a frear a crise económica e que esta se saldara de forma positiva para a clase traballadora.

A CIG, central maioritaria no Sector Público, quere salientar a necesidade de que se dea a máis contundente contestación” a estas medidas e fai un chamamento á unidade sindical para que isto sexa posíbel. Queremos unidade sindical para que desde Galiza se dea unha resposta conxunta a estas políticas e facemos chamamento á reflexión a CCOO e UGT para a resposta non se cinxa ás Administracións Públicas porque tamén supón unha redución nas prestacións sociais, nomeadamente nas pensións.

A estas medidas vaise sumar a reforma laboral anunciada que terá características similares no ámbito privado xa que se vai tomar a redución salarial no sector público como referente, ademais de incluír medidas como o abaratamento do despedimento ou unha maior flexibilidade do mercado laboral, entre outras.

Queremos denunciar tamén que, en troques de aplicar políticas encamiñadas a incrementar o investimento público de carácter produtivo e o gasto social para contribuír a reactivar a economía; a controlar a economía especulativa e o capital financeiro; encetar unha reforma fiscal incrementando os impostos directos sobre as rendas máis altas e sobre o capital; recuperar o imposto de patrimonio; eliminar os paraísos fiscais ou combater a fraude fiscal, o goberno apostou por medidas antisociais facendo recaer o custo da crise sobre a clase traballadora.

En contraste con isto, hai que salientar os elevados beneficios da banca europea durante o ano 2009, que ascenderon a 50.000 millóns de euros e as grandes empresas españolas que en plena crise chegaron a repartir 32.000 millóns de euros de dividendos, grazas aos beneficios acumulados durante ese mesmo período.

Quen está a dirixir a política económica nos Estados é o capital especulativo e por iso denunciamos a covardía dos Estados, incapaces de abordar políticas que camiñen cara a mudar de modelo.

Descargar CIG-Informa

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...