Novas por contido

Máis aló de mostrar a nosa desaprobación cuns recortes salariais escasamente progresivos, a participación na folga supón un rexeitamento a un modelo de estado liberal no que os servizos públicos son igualmente recortados.

O vindeiro 8 de xuño as empregadas e empregados públicos teremos unha ocasión única para lanzar unha mensaxe non só ás administracións senón, o que é máis importante, á opinión pública. Podemos darlle a razón aos principios económicos liberais plasmados no decretazo ou pola contra berrar ben alto que o noso traballo ten valor para a sociedade. E hai que ter en conta que o valor dun traballo vese materializado nas súas retribucións.  Xa que logo un ataque contra as  nosas retribucións supón un ataque contra a nosa dignidade coma colectivo. Alén do evidente, o que nos xogamos neste momento non é só un recorte salarial senón a apertura dunha porta cara un futuro de sucesivos recortes e un progresivo empobrecemento dos servizos públicos. Pois ben, ata que porcentaxe de redución imos aguantar?  

Vivimos nun estado social na que a xente demanda servizos públicos de calidade, máis non é consciente de que para esto a) é necesario pagar impostos e b) é necesario ter un capital humano que os atenda, mova e coordine. A mensaxe está clara: “se queremos servizos públicos de calidade necesitamos emprego público de calidade”. Se pola contra queremos un sistema liberal no que cada quen se pague o seu, entón si, as empregadas e empregados públicos sobramos.

Somos conscientes, coma o resto das traballadoras e traballadores, da situación económica actual. Do mesmo xeito tamén somos conscientes de que foi a avaricia do sistema bancario coa connivencia dos estados a que nos levou á crise económica. Asi como somos conscientes de que foi unha política social errática a que acabou por inflar o déficit público. Porén, sabemos que nunha situación de escaseza o Estado non pode deixar abandonados aos seus membros máis débiles. Precisamente é agora cando as administracións, e as persoas que as movemos, temos que traballar máis e mellor, esforzándonos para que o diñeiro público reverta verdadeiramente na sociedade e non nos contratos a dedo do Goberno de quenda. É agora cando temos que vixiar máis de preto o fraude fiscal para que as persoas que máis teñen axuden máis a través da imposición progresiva. É agora cando temos que racionalizar a cantidade de cartos públicos que se van polo desaugadoiro das asistencias técnicas. Só deste xeito poderemos encamiñarnos cara un crecemento económico sostible global e non só dunhas cantas persoas.

A vía do recorte é a vía fácil da demagoxia, pero esa vía non leva a un estado social, esa vía leva a un estado no que o que ten cartos ten servizos.  Son moitos as compañeiras e compañeiros que afirman que con esta folga non se vai conseguir nada. O que se pode conseguir vai máis alá da revogación do decreto senón plantarlle cara a un modelo de estado liberal, un modelo onde este será o primeiro de máis recortes, de expedientes de regulación de emprego público, de copagos na sanidade, de desaparición do sistema público de pensións, das universidades públicas...

O 8 de xuño non lles deas a razón: o noso traballo si é importante, os servizos públicos son necesarios!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...