Novas por contido

Estes son os recortes que anuncia o goberno. Os datos facilitados seguen a ser contraditorios.

Subgrupo A1
7%
Subgrupo A2
5,75%
Subgrupo C1
4,5%
Subgrupo C2
2,7%
Agrupación Profesional
0,56%
Persoal laboral
5%


  • Todo parece indicar que mensualmente será unha cantidade maior pois estas porcentaxes poden ser referidas ao bruto anual e descontadas nos 7 meses do ano que faltan.


  • Esta redución será de aplicación ás retribucións básicas de todas/os as/os funcionarios/as: soldo base e antigüidade.


  • A redución a aplicar nas retribucións complementarias será competencia da Xunta para que a apliquen conxuntamente a todas/os as/os empregadas/os públicos, ou sectorialmente que cada Consellaría determine as reducións a aplicar.


  • Os efectos económicos da redución serán desde o dia 1 de xuño de 2010, mais a paga extra do mes de xullo non ten redución.


  • Para aplicar as medidas ao persoal laboral van ampararse no poder que lles confire o Estatuto Básico do Empregado Público, e saltarse a negociación colectiva. Doutro xeito non lle poderían aplicar dita redución, xa que as súas retribucións determínanse de acordo coa lexislación laboral e o convenio colectivo que lles sexa de aplicación. En base a isto, a redución salarial ten que ser directa e individualizada, fora do ámbito da negociación colectiva. (queremos lembrar que o E.B.E.P. contou coa aprobación das organizacións sindicais estatais CCOO, UGT e CSI-CSIF).


  • A Administración tampouco quere facilitar información de como se lle van a aplicar estas medidas ás empresas públicas e outros entes.


  • Valorarán a aplicación destas medidas ao persoal que este próximo á xubilación, aínda que non lle afectará ao persoal de MUFACE.


  • Conxelación das retribucións durante o 2011 (incluindo na rebaixa a porcentaxe prevista para o 2010).


  • Aplicación dunha tasa de reposición de efectivos do 10% nas ofertas de emprego público durante os anos 2011, 2012 e 2013 (durante estes anos, por cada 10 postos que queden vacantes, so se vai cubrir 1)


  • Como remate, un dato importante, manterase o 0,3% de masa salarial para os fondos de pensións xestionados polo BBVA, CCOO e UGT.



A CIG reiterou na Mesa Xeral de Negociación das AAPP celebrada onte en Madrid a solicitude de retirada destas medidas.    

Resumo da Mesa Xeral da Función Pública en Madrid

O xoves 20 de maio, xuntouse a Mesa Xeral da Función Pública en Madrid, e a CIG exixe a retirada das medidas de reducción do déficit público.

Nesta reunión a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitouse verbalmente a dar a pouca información á que estaban autorizados, e remitiunos ao que acordase o Consello de Ministros que se xuntou ás 16:30 h. Para esta perda de tempo, mellor que non nos convocasen !!

O Goberno vai elaborar un Decreto Lei que ten que ser ratificado polo Parlamento Español, decreto que conterá, cando mínimo, as seguintes materias:

Persoal funcionario e Estatutario

O Decreto do goberno Español conterá, con carácter xeral, unha redución que será de aplicación ás retribucións básicas de todas/os as/os empregadas/os públicos: soldo base e antigüidade.

A redución a aplicar nas retribucións complementarias será competencia das CCAA para que o apliquen conxuntamente a todas/os as/os empregadas/os públicos, ou sectorialmente (que cada Consellaría determine as reducións a aplicar).

Os efectos económicos da redución serán desde o dia 1 de xuño de 2010. A paga extra do mes de xullo non ten redución.

Persoal Laboral

Para aplicar as medidas a este persoal van facer uso das facultades que lles confire o Estatuto Básico do Empregado Público (se non, non llo poderían aplicar), xa que as súas retribucións determínanse de acordo coa lexislación laboral e o convenio colectivo que lles sexa de aplicación. En base a isto, a redución salarial ten que ser directa e individualizada, fora do ámbito da negociación colectiva (parabéns aos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, parabenizadores e asinantes do Estatuto Básico).

Empresas públicas e persoal próximo á xubilación

A Presidenta da Mesa Xeral non tiña información de como se lle van a aplicar estas medias ás empresas públicas e outros entes.

A Admínistración valorará a aplicación destas medidas ao persoal que este próximo á xubilación, aínda que non lle afectará ao persoal de MUFACE.

Fondos de pensións

Como remate, un dato importante: manteráse o 0,3% de masa salarial para os fondos de pensións no 2010, 0,5% para o 2011 e 0,7% para o 2012. Parécenos unha inmoralidade que os salarios estean afectados, e os fondos de pensións sigan alimentando os petos dos poderes financieiros e dos sindicatos que participan na súa xestión.

So así podemos entender o firme interese dos sindicatos estatais en excluir á CIG da unidade sindical ao forzar que tivesemos que aceptar o que no seu día non aceptamos: a demanda de manter as cantidades para os fondos de pensións como reivindicación básica para a unidade sindical.

A CIG pediu na Mesa a retirada do conxunto das medidas de recorte salarial.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...