Novas por contido

Aquí tes unhas taboas coas cantidades exactas que nos vai supoñer o recorte na nosa faltriqueira.

Onte, luns 24/5/2010, publicouse no B.O.E. o Real Decreto-lei 8/2010 de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a reducción do déficit público. Visto o decreto resulta certo o que nos temíamos: que as porcentaxes establecidas no Real decreto-lei son maiores que as dadas a coñecer á prensa polo goberno do Estado.

1. Para o persoal laboral vai haber unha reducción do 5% en cada un dos conceptos da nómina, independentemente do grupo.


2. O persoal funcionario ten porcentaxes de reduccións variábeis segundo o grupo no soldo base e trienios, e reduccións na mesma porcentaxe do 5% nos complementos.


3. A reducción máis grande se vai dar no soldo base da paga extra do Nadal aos grupos A1, A2, e C1 (537, 323 e 126 euros respectivamente).


4. Manteñen sen embargo o plan de pensións do Estado intacto, fondo que se nutre dos Orzamentos Xerais do Estado para beneficiar a empresas privadas e a "outros".


5. Manteñen sen reducción os cartos do capítulo destinado a fondos e salarios dos centros de ensino concertados.


Todas as táboas que seguen foron elaboradas pola CIG tralo estudo do Real Decreto-lei. Podes atopar información mais polo miudo no seguinte documento: ligazón.


PERSOAL FUNCIONARIO

Estimación da reducción salarial mensual segundo o subgrupo e o nivel (soldo base + C.E. + C.D., sen trienios)


Desconto mensual sen trienios (euros)
(soldo base + C.E. + C.D., sen trienios)
Nivel
A1
A2
C1
C2
A.P.
30
181,47




28A
155,52
129,88



28B
150,39
124,75



26
138,02
112,38



25
128,66
103,02
91,10


24
122,57
96,93
85,01


22
111,41
85,77
73,85


20
101,79
76,15
64,23
51,04

18

71,37
59,45
46,26

16

68,29
56,37
43,18

14


52,97
39,78
7,66
12



36,37
6,98
10




6,29


Desconto nos trienios

Desconto mensual nos trienios
(euros)
Grupo
Reducción
A1
2,00
A2
0,96
C1
0,53
C2
0,04
A.P.
0,00


Reducción da paga extraordinaria do nadal

Na paga extraordinaria do nadal tamén haberá reducción que, no caso do soldo base dos subgrupos A1, A2 e C1 alcanza unhas cantidades moi importantes.


Reducción na paga extra (sen contar complementos)

Soldo base Trienios
A1 537,68 € 20,67 €
A2 323,27 € 11,71 €
C1 126,37 € 4,61 €
C2 7,80 € 0,23 €
A.P. Non hai reducción Non hai reducción


Ao soldo base da extra tamén hai que engadir os descontos dos complementos de destino e específico que se reducen nun 5%. Sumando soldo base, complemento de destino e específico, e sen contar trienios, o desconto total da paga extra do nadal sería a seguinte:


Desconto da paga extra (euros)
(soldo base + C.E. + C.D., sen trienios)

Nivel
A1
A2
C1
C2
A.P.
30
666,90



28A
640,95
426,54



28B
635,82
421,41



26
623,45
409,04



25
614,09
399,68
202,78


24
608,00
393,59
196,69


22
596,84
382,43
185,53


20
587,22
372,81
175,91
57,34

18

368,03
171,13
52,56

16

364,95
168,05
49,48

14


164,65
46,08
7,66
12



42,67
6,98
10




6,29


PERSOAL LABORAL

Reducción nas retribucións básicas e complementarias do persoal laboral: 5%


Soldo base
Categorías
Reducción mensual
Até finais 2010
I
93,99 €
751,92 €
II
78,48 €
627,84 €
III (1 a 59)
65,93 €
527,44 €
III (60 en diante)
63,01 €
504,08 €
IV
53,39 €
427,12 €
V
47,86 €
382,85 €


Outros conceptos retributivos
Complementos
Reduccións mensuais
Complemento de funcións
8,15 €
Trienio
1,50 €
Esp. dedicación
2,20 €
Perigosidade, penosidade e toxicidade
4,13 €
Disponibilidade horaria
20,67 €
Complemento conductores/as
23,71 €

(A primeira táboa publicada no día de hoxe, 25 de maio, contiña un erro nas retribucións complementarias da A.P, antigo grupo E, que foi corrixido ao longo do día)

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...