Novas por contido

Compañeira/Compañeiro:

O vindeiro xoves 15 de Maio imos facer unha CONCENTRACIÓN diante do edificio da EGAP en Fontiñas, Compostela.

Co lema «Por unha EGAP transparente e en Galego» esiximos a demisión da directora que, dende que entrou no posto, está a desmontar, literalmente, a institución. Á xa opacidade endémica uniuse o peche da biblioteca, a privatización de cursos, a dedocracia co profesorado, a falla de valoración das enquisas que realiza o alumnado, a baixada da calidade, a escaseza de cursos, sobre todo de linguaxe administrativa, a precaridade do persoal lingüista e, agora, a galegofobia.

Lembramos que o ano pasado directamente eliminou os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, e que non hai ningún tipo de fomento da lingua galega, cando estamos a ver que o castelán se está a converter na lingua de uso cotiá, non só nos órganos da EGAP, senón tamén na formación.

É importantísimo manter unha formación continua de calidade e na nosa lingua, na que todas teñamos oportunidade de acceder aos cursos cunha oferta suficiente e equilibrada para atender as diferentes necesidades do persoal empregado público.

É por iso que che convocamos para que acudamos xuntas a esta MOBILIZACIÓN na defensa da EGAP.

Vémonos o xoves 15 de maio ás 11 h diante da EGAP!

Mobilízate contra a deriva privatizadora, antigalega e elitista da EGAP!

 

                            

 

 

Outras novas recentes

Luns, 12 Mai 2025

Puntuacións provisionais do concurso de traslados de enxeñaría, enxeñaría técnica, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias

No DOG do 12/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 9 maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade...
Martes, 06 Mai 2025

Proposta modificación servizos veterinarios (05/05/25)

Ante a negativa unánime por parte das catro organizacións sindicais asinantes do acordo, remitirán en breve unha nova proposta na que quedaron en incluír as melloras organizativas.O pasado día 05 de maio de 2025 fomos convocados pola Consellería e Sanidade para unha xuntanza na que abordamos a proposta de modificación do acordo para a ordenación e mellora da prestación de...
Luns, 05 Mai 2025

Concurso de traslados de prevención e defensa contra incendios forestais: modificación da relación provisional de persoas admitidas

No DOG do 05/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2025 pola que se modifica a Resolución do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial...