Inicio
Xoves, 09 Outubro 2025

O Tribunal Supremo obriga a que o TSXG se posicione sobre a obriga de certas PSX do Consorcio a asumir tarefas de limpeza

O Tribunal Supremo considera que a demanda polas tarefas de limpeza das/os psx ten que xulgarse como conflito colectivo e devolve o caso ao Tribunal Superior de Xustiza de GalizaA CIG interpuxo no TSXG un conflito colectivo en desconformidade coa interpretación que o Consorcio dá á cláusula do Acordo de Integración e  coa práctica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar consistente en impor, aos/ás traballadores/as coa categoría de PSX de determinados centros de día, ...


Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País.

Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal de Palestina, demandar o cese de toda relación diplomática, económica e militar co Estado ...


Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.  

Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta en Vigo para dar conta da situación límite que vive o persoal ...


Venres, 03 Outubro 2025

Persoal da Xunta de Galiza reclama unha solución inmediata á parálise dos concursos de traslados (Concentración 30/09/2025)

A CIG demanda unha prelación xusta, axilidade na resolución, máis medios e a duplicidade dos postos bloqueados por medidas xudiciais

Traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza concentráronse na mañá do martes 30 de setembro de 2025 diante do edificio administrativo de San Caetano para esixir unha solución inmediata aos concursos de traslados, paralizados dende hai anos. Con esta protesta, convocada pola CIG, reclamamos que se garanta unha prelación xusta de dereitos na provisión ...


Xoves, 02 Outubro 2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e recuperar e mellorar os dereitos do V Convenio colectivo.

      

Con estas protestas simultáneas, a CIG dá continuidade ...


Xoves, 25 Setembro 2025

Concentración concursos de traslados xa!: martes 30 ás 11 horas en San Caetano

Tal e como anunciamos nas Asembleas realizadas por todo o País, o vindeiro martes día 30 de setembro ás 11 horas, convocamos diante do edificio Adminitrativo de San Caetano en Compostela unha concentración para deixarlle ben claro a esta Adminsitración que necesitamos solucións XA para os concursos de traslados:

  • Que se garanta unha xusta prelación de dereitos na provisisión de postos
  • A axilización dos concursos multiplicando XA medios humanos e materiais
  • Ante as medidas cautelares que ...

Mércores, 24 Setembro 2025

A CIG participa nos grupos de traballo do Proceso social de Lingua Vital

O obxectivo é a elaboración dunha alternativa que concrete os incumprimentos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), así como dos acordos nacionais e internacionais que amparan o galego, e propoña accións concretas que comprometan a colectivos sociais e institucións na súa execución, partindo dos acordos unánimes.

Coa finalidade de acadar avances na normalización da nosa lingua e garantir a súa presenza e oferta en todos os espazos e para todos os usos, acadáronse e ...


Mércores, 24 Setembro 2025

Concurso de tralados: ante a falta de dilixencia de Función Pública, mobilización!

No día de onte, martes 23 de setembro as funcionarias e funcionarios da Xunta de Galiza participamos nas Asembleas convocadas pola CIG en todo o País para deixarlle claro a esta Adminsitración que necesitamos solucións XA para os concursos de traslados.

Seguiremos moblizándonos nos próximos días para dicirlle ben alto á Adminstración que queremos:

  • Que se garanta unha xusta prelación de dereitos na provisisión de postos
  • A axilización dos concursos multiplicando XA medios humanos e ...

Mércores, 24 Setembro 2025

Persoal non docente e escalas de cociña: concentración mércores 1 de outubro. Táboa reivindicativa

E_Prezada compañeira, prezado compañeiro:

Fartas xa desta Adminstración Pública que ningunea e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á concentración que terá lugar o vindeiro día mércores 1 de outubro ás 19 horas diante das xefaturas territoriais de educación.

Podes descargar a táboa reivindicativa que fomos traballando con todas e todos vos e que lles imos propoñer á Administración como punto de partida en prol de acadar un acordo para ...


Martes, 23 Setembro 2025

Creación de prazas para poder levar adiante o concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

Co grande problema que estamos a ter cos concursos de traslados e as tomas de posesión, a administración non ten idea mellor que xunto coa RPT onde se crean postos para dar solución á falta de prazas e ás medidas cautelares, traernos a estratosférica suba do específico dos letrados ao nivel supertrinta, a ver se cola.

Isto sucedeu na mesa sectorial do día 22/09/2025 e o obxecto dela, era, ademais de para facer unha pequena pero indignante modificación da RPT, dar solución a dous problemas ...


Venres, 19 Setembro 2025

Convocamos asembleas ante a xestión caótica de máis de 1700 persoas por parte da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

A CIG convídache a asistir ás asembleas  o 24 de setembro en Lugo e Ferrol, o 29 de setembro na Coruña, Monforte e Burela, e o 2 de outubro en Compostela. Proximamente informarémosche das asembleas que estamos a preparar noutras localidades.

  • Incomunicación e denegación de dereitos
    • Falla de comunicación co persoal traballador: non se responde por teléfono nin correo electrónico ante cuestións vitais que afectan ao seu día a día laboral e persoal.
    • Permisos non xestionados: non contestan ...

Informa o DXFP:

  • Que en paralelo á negociación deste decreto irá un proxecto de lei de creación/modificación de escalas. Polos prazos que se moven, ben podería tratarse da Lei de acompañamento aos orzamentos que todos os anos se aproba a finais de ano, e que utilizan habitualmente para este tipo de modificacións.
  • Aceptaron gran parte das alegacións que recibiron á batería de preguntas. A semana que ven publicarán algún grupo, e a seguinte o resto.
  • Publicarán no web as dúbidas máis xerais que está a formu o persoal laboral sobre a funcionarización.
  • Foron á funcionarización máis ampla posíbel. Aínda queda algunha categoría que podería incluírse.
  • Como norma xeral, non van facer elevación de grupo, agás casos en que xa estea pactado ou haxa norma que lles obrigue.
  • Sen titulación non se entra na escala. Dispostos a abrir procesos de formación.
  • Están a traballar xa en dúas RPTs. Tentarán ter rematada a de Política Social entre este mes e o seguinte coa funcionarización dos postos, cos niveis e complementos de cada un deles.
  • Nas vindeiras semanas terán preparada a negociación das convocatorias da oferta do ano 2018. E nesas negociacións irán tamén os complementos e niveis.
  • O Decreto non fala de máis convocatorias de funcionarización, porque non o contemplan as leis como si o permite o estatuto do persoal sanitario no caso do Sergas. Segundo evolucione o asunto, verán como actuar no futuro.
  • Cuestión de inconstitucionalidade presentada polo Estado: di que teñen que facerlle entender ao goberno do Estado que se trata de retribucións complementarias e non básicas (refírese ao complemento de funcionarización, de carreira, de segunda actividade dos axentes e dos funcionarios en prácticas). Xa comezaron os contactos preliminares, e dánse un prazo de 6 meses para resolvelo.
  • A funcionarización do persoal do artigo 45.b) da LOFAXGA (entes instrumentais) producirase logo da súa integración como persoal laboral fixo da Xunta (para tal efecto engadiron unha disposición adicional segunda no decreto).