Novas por contido

Na Comisión de Persoal do 20 de decembro de 2012 a Administración volveu a pasar o rodelo e no canto de negociar, impuxo a súa maioría. A CIG votou a favor do único punto do día que foi negociado, e en contra de todas as propostas da Administración nas que non quixo negociar, incluídos os criterios da Oferta de Emprego Público 2012, que é unha mera refundición das OEP pendentes de execución.

Hai que salientar que na rolda de intervencións demandóuselle á Dirección Xeral da Función Pública pola veracidade das informacións sobre un novo recorte do 7% aos empregados públicos recollida na prensa, sobre o que a Administración limitouse a afirmar que non se presentaría a concreción do recorte até a mesa xeral do venres 21 de decembro na EGAP. Paradoxalmente, o director xeral da Función Pública afirmara na mesa xeral do luns 17 que non tiña coñecemento de que se fosen producir recorte inminentes.

Punto primeiro: proxecto de acordo polo que se aproba a RPT da Axencia Tributaria de Galicia e proxecto de RPT de Facenda.

  • Rexeitamos de plano que se perfilen os postos de traballo da RPT da Axencia motivándoo na hipotética creación dunha escala que deberá aprobarse por Lei do Parlamento. Tamén estamos en desacordo pola total ausencia de negociación.
  • As prazas da Xefatura Territorial de Facenda da Coruña que traballan na Intervención Territorial Delegada pasan a depender da Intervención Xeral, constándonos a oposición dos afectados. O resto das prazas de servizos periféricos pasan á RPT de Facenda.
  • A praza de Xefatura de Sección de Facenda en Pontevedra á que lle ían engadir tres méritos adicionais queda ao final co mérito que xa tiña orixinalmente (segundo informou Función Pública, o de engadir os tres méritos foi un erro)

A CIG vota en contra. CCOO en contra, UGT en contra, CSIF en contra.


Punto segundo: Convenio AMTEGA-EGAP-OOSS

Trátase dun convenio para que os traballadores e traballadoras que fixeron cursos de informática a través das organizacións sindicais dentro do plan AFCAP poidan convalidalos polo título de certificación en competencias dixitais a través dunha proba homologada.

A CIG vota a favor. CCOO a favor, UGT abstención, CSIF a favor.

As outras OOSS na mesma liña que a CIG: houbo unha negociación real e aceptáronse as alegacións presentadas. UXT abstense porque a Administración omitiu convocalos a unha das xuntanzas sobre o convenio.


Punto terceiro: Criterios xerais para a OPE 2012

Dan os seguintes datos, hoxe si, sobre o que serán as novas prazas da OPE 2012 e mais aclaran as que retiran das OPEs anteriores para o proceso extraordinario de consolidación de corpos especiais.

NOVAS:

Acceso libre:

Escala superior de finanzas (A1): 3 prazas

Escala técnica de finanzas (A2): 7 prazas)

Total: 10 prazas


Promoción interna:

Subgrupo A1: 10 prazas

Subgrupo A2: 15 prazas

Subgrupo C1: 50 prazas

Subgrupo C2: 39 prazas

Total: 114 prazas


CONSOLIDACIÓN CORPOS ESPECIAIS:

Consolidación:

Enx. Téc. Industriais(2009):       1 praza

Biólogos (2011):                         3 prazas

Enx. Téc. Agrícolas(2009):        10 prazas

Enx. Téc. Industriais(2011):       3 prazas

Arqu., Bibli. e Museos(2011):    1 praza

Total:    18 prazas

A CIG vota en contra porque non houbo negociación e non achegaron os anexos previamente, sendo a proposta en realidade unha refundición das OEPs anteriores. CCOO en contra, UGT en contra, CSIF en contra.

 Varios

  • Preguntamos polas información sobre novos recortes que apareceron na prensa de hoxe: non se desminte a veracidade desas informacións, comentando Función Pública que estes días se falou coa Dirección Xeral de Orzamentos en relación a interinos sustitutos pero sen dar ningún tipo de dato de cal podería ser a natureza do recorte. Dísenos que non se achegará documentación até a mesa xeral.

  • Sobre o tratamento dos días 24 e 31 de decembro para o persoal sanitario da Lei 17, se nos informa que Sanidade considera que son días laborables para todos os efectos para todo o persoal sanitario, independentemente de que nas Xerencias se poida chegar a acordos.

  • Preguntamos se hai perspectivas de concurso de traslados para o persoal sanitario da Lei 17 e se o organizará a Dirección Xeral da Función Pública ou Sanidade. Se nos contesta que consultarán con Sanidade.

  • No primeiro trimestre de 2013 comezarase a traballar polo proceso de funcionarización do persoal laboral en posto de persoal funcionario.

  • O proceso de consolidación tamén se trataráno primeiro trimestre de 2013.

  • A modificación do decreto de listas tamén se abordarán no primeiro trimestre, que achegarían un borrador probablemente en xaneiro.

  • As instrucións de permisos, vacacións e licenzas en xaneiro adaptaranse á normativa do Estado.

  • O decreto de xornada laboral e teletraballo, sobre o 31 de xaneiro poderíase presentar xa un proxecto que debería aprobarse antes do 31 de marzo.

  • Vaise modificar o decreto de provisión dos concursos de traslados en canto á adaptación aos prazos que marca a normativa estatal, modificaríase o artigo 14.

  • Concurso de traslados da corpos xerais en febreiro.

  • Concurso do persoal do ISSGA, estudarano.

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...