Novas por contido

A CIG vén de denunciar á Consellaría de Política Social perante o xefe territorial da Inspección de Traballo pola súa xestión nas residencias de maiores, centros de menores (residenciais) e centros de atención a persoas con discapacidades.

Levamos moitos días denunciando a situación nos centros sociais da Xunta e tememos pola saúde das persoas residentes e traballadoras porque aquí non se fai cargo ninguén e a situación xa é desesperante, e ante o caos organizativo e a deixadez na toma de medidas de prevención perante o covid 19, solicitamos medidas cautelares urxentes da autoridade laboral como que inste a que con urxencia se fagan test en todos os centros de traballo nos que haxa dúbidas de que se seguiron axeitadamente as medidas de prevención e que se establezan de inmediato as medidas máximas de protección fronte ó virus, até comprobar que todas as persoas traballadoras e usuarias son negativas no test.

Neste sentido alertamos da situación de caos nos centros e denunciamos a situación desesperada na que se atopa o persoal ante a falta de informacion. Subliñamos que comezan agora a darse positivos ou sospeitas por febre de traballadoras/es e usuarios/as e que ante a solicitude de medidas ninguén fai nada, máis alá de pelexar polo tema das máscaras.

Plan de Prevención específico

Por iso, a CIG reclama a posta en marcha dun Plan de Prevención específico para os centros, para minimizar o risco de infección do COVID 19 e que se estude a posibilidade de adecuar algún espazo hostaleiro (hoteis e demáis) para que as traballadoras e traballadores poidan descansar da dureza do traballo e tamén poder evitar o contaxio, tanto das súas familias no fogar como no propio centro de traballo.

A nivel xeral, nestes centros non se están a tomar as medidas de prevención de riscos laborais necesarias para protexer ao seu persoal nin as persoas usuarias a pesar de que foi requirido especificamente en varias ocasións dende o comezo da alarma sanitaria, tanto polo persoal como polos delegados e delegadas da CIG e a través de varias vías que se describen nas denuncias específicas.

A Xunta non fixo caso, non tivo a dilixencia necesaria na protección ou simplemente non actuou. Isto provocou unha situación de indefensión das persoas usuarias e do persoal traballador ante o risco de contaxio do COVID 19 e, por iso, presentáronse diferentes denuncias ante as inspeccións provinciais de traballo e seguridade social, a consellería de Sanidade e aviso á Subdelegación do Goberno entre os días 18 e 20 marzo.

Nin formación, nin instrucións

Lamenta que, malia iso, non se proporcionou ao persoal a formación, información e instrucións necesarias para o desenvolvemento do traballo coa prevención suficiente perante o risco de contaxio e denunciamos que a administración limitouse a publicar e facilitar aos departamentos os protocolos editados pola Xunta, xenéricos para o persoal da Administración Autonómica.

Aínda que a Consellería de Política Social fixo un documento que chama protocolo para os centros, este refírese a normas de cara a residentes (limitación á entradas de visitas, etc), é demasiado xeneralista e non constitúe un Plan de Acción para o seu persoal na prevención dos riscos laborais nin trae medidas específicas para a súa protección fronte o virus.

As medidas adoptadas finalmente nos centros foron por iniciativa do propio persoal, á vista da normativa estatal do Ministerio de Sanidade e diante da ausencia de normativa protocolaria propria da consellaría para esta crise. En concreo, en relación ao risco de infección do COVID 19 non se dotou ao persoal do EPI de protección necesario, nin se lles formou previamente de como debería empregarse ou das medidas hixiénicas a adoitar. Unha demora que provocou máis exposición ao risco.

Con respecto ao material para casos confirmados ou sospeitosos estabelecidos polo protocolo de sanidade (en Política Social non hai un específico) que son luvas de nitrilo, máscaras FFP2 e FFP3, batas desbotables impermeables de manga longa, gafas de protección; así como o material para enfermos con problemas respiratórios, luvas de nitrilo e máscaras cirúrxicas, as existencias nos distintos centros son escasas, non hai, ou son moi deficientes, ou non están a disposicion do persoal.

Por iso consideramos que non se está a ter a dilixencia adecuada na protección da seguridade e saúde das persoas traballadoras e residentes por parte da Administración que xestiona estes centros. Denunciamos que se sigue improvisando, malia as denuncias presentadas, e que, entre mentres o rápido avance da infección e os casos que están a aparecer nas residencias públicas e privadas fan temer pola integridade da poboación interna e do persoal.

Outras novas recentes

Mércores, 26 Marzo 2025

Xuntanza comisión de listas. 26/03/25

Na xuntanza da Comisión de listas celebrada no día de hoxe mércores 26/03/25, ademais de aprobarse a acta e tratarse as reclamación correspondentes, informan dos seguintes puntos:    - Publicaranse as listas definitivas das categoráis funcionarizadas de oficio o día 2 de abril.   - As listas de incendios publicaranse antes da próxima comisión datada para o día 30 de abril....
Venres, 21 Marzo 2025

Apertura do prazo de elección de postos e xustificación de méritos do concurso de traslados da Administración xeral

No DOG do 21/03/2025 publican a RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acordan a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo...
Xoves, 20 Marzo 2025

Réxime de vacacións, permisos, licenzas e reducións de xornada na Xunta de Galiza. Febreiro/2025

Pomos a túa disposición o folleto do réxime de vacacións, permisos, licenzas e reducións de xornada que temos na Administración da Xunta de Galiza, actualizado a febreiro do 2025. Descargar folleto. Se tes algunha dúbida, contacta coa CIG.