Novas por contido

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), achegounos unha proposta de “acordo” polo que convocan os graos I, II e III extraordinarios da carreira profesional. Con este documento pretenden reabrir o prazo para solicitar os graos I e II extraordinarios, e abrir por primeira vez o grao III extraordinario.

Os requisitos de formación serían de 40 horas para o grao I, 80 para o grao II, e 180 para o grao III. Unha vez recoñecido cada grao, o cobro será escalonado en catro anos, cunhas porcentaxes que empeoran ás aplicadas en convocatorias de carreira anteriores. Non modifican os importes de cada grupo (só os actualizan).

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convoctoria de promoción interna ao corpo superior-A1 Convocatoria de promoción...