Novas por contido

O venres 28 de febreiro tivo lugar unha xuntanza da Mesa Sectorial de negociación de persoal Funcionario, na que se tratou a RPT de Economía e Industria. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información de: concurso específico, concurso de corpos xerais, consorcio, funcionarización (III-99 e IV-4), acordo de centros de Política Social, e baremo de estabilización de SPIF.

RPT de Economía e Industria

Outra RPT que no seu día (15 de xullo de 2024) consideraban urxente, e da que non soubemos máis ata esta semana. Daquelas enviaran moi pouca documentación, e 7 meses despois envían un montón de correccións sen moita explicación. Basicamente adaptan a RPT á estrutura orgánica da consellería. Seguen a abrir postos a outras administracións. Non retiran requisito imprescindible en dereito a postos de corpos xerais (admitiriamos mérito, pero non requisito). Manteñen algúns postos xeral/especial sen indicar especialidades.

Rolda aberta de intervencións

Concurso de traslados de corpos xerais: en marzo publicarán a resolución para a elección de postos e xustificación de méritos.

Concurso específico (modelo): analizando as alegacións. Convocarán unha xuntanza previa á Comisión de Persoal.

Consorcio:

  • Publicación da RPT o 5 de marzo
  • Funcionarización do persoal laboral fixo do consorcio: exame na última semana/xuño ou primeira/xullo. En DOG 2ª semana marzo

Funcionarización persoal laboral fixo das categorías III-99 e IV-4: exame o 20 de maio. En DOG 2ª semana marzo.

Acordo centros PS: na semana do 3 de marzo convocarán xuntanza da comisión de seguimento. A xuntanza será na semana do 10 de marzo.

Baremo estabilización SPIF: na semana do 3 de marzo convocarán xuntanza. A xuntanza podería ser esa mesma semana.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...