- Detalles
Nesta funcionarización expres que a Función Pública mete nunha mesa “multiasuntos” consolídade a discriminación salarial do persoal dos centros agrarios da Xunta.
Nos centros de AGACAL prometeron unha mesa de negociación de pluses no ano 2021, cando se aprobou tamén ás presas, a primeira relación de postos de traballo (RPT).
Esta negociación finalmente non foi adiante a pesar de que logo das mobilizacións do persoal dos centros en maio de 2023, a Xerencia do Agacal e a Dirección Xeral da Función Pública volveron facer novamente a comprometerse a negociación dos pluses e da RPT. Sen reunións dende o 1 de setembro do ano pasado, agora e en apenas dous días sacan a RPT de funcionarización para nunha mesa xeral multiasuntos previa ás eleccións políticas para despachar a funcionarización e con ela o salario do persoal do Agacal que vai quedar sen os pluses no salario funcionarizado. Sen discusións dos postos non entendemos por que un peon/a agrario nun centro do Agacal ten que ter menor salario que un que fai o mesmo traballo en Medio Rural Fontefiz, por exemplo. pero non so pasa cos peons agrarios, os peons forestais teñen un salario e un complemento de destino diferente se estan en Medio Rural ou en Medio Ambiente.
Non se nos escapa que a cita electoral ten moito que ver coas presas, pero non por iso poden barrer cos dereitos do persoal. Queremos unha negociacion de pluses e recoñecemento dos complementos na RPT que retribúan o traballo que realmente se fai e a penosidade, a toxicidade, as quendas e outros conceptos do V Convenio Colectivo se deben introducir no complemento salarial dos postos.
A igual traballo non hai igual salario
Pervértese o de “a igual traballo igual salario” nesta Administración pública. Xa que os pluses que ten recoñecido parte do persoal conseguíronse nos xulgados e non se estenderon ao resto de traballadores que ocupan postos iguais e realizan as mesmas funcións e horarios e ademais teñen os mesmos riscos. Con esta decisión do Agacal , resulta que a dia de hoxe temos moita variabilidade nos soldos entre centros e traballadores, incluso en postos iguais no mesmo centro de traballo.
Os pluses foron gañados no xulgado, o Agacal négase a recoñecelos “de oficio”.
Todas as demandas de recoñecemento de complementos anteriores a 2011 foron gañadas nos tribunais. Coa entrada en vigor da Lei 36/2011 Reguladora da Xurisdición Social, e a imposibilidade de recorrer as sentenzas con compensacións económicas inferiores a 3000€, algunhas demandas non puideron ser recorridas polas persoas interesadas se perdían en primeira instancia. Esto creou unha situación de discriminación para o persoal, xa que o cobro dos complementos neste momento non está rexido por criterios técnicos nin negociados, senón en que "tiñan que ser mais rápidos/as" ao presentar as suas demandas.
Ademais, esta teima en deixar ao persoal de campo sen complementos para a funcionarización ten moito que ver coa estratexia de AGACAL de emprobrecer todos os postos á vez que pouco a pouco está a privatizar traballos de campo e de limpeza.
A funcionarización deseñada por XUNTA+CCOO+UGT rompeu coa estrutura salarial do persoal funcionario
O criterio de meter o salario do persoal laboral cos pluses en complemento de destino afonda no problema e se mostra ineficaz e inxusto. O normal sería que foran introducindo os pluses nos complementos específicos diferenciais que son os que retribúan as condicións específicas do posto. Pero, para iso tiñan que ter comezado por negociar as condicións de traballo e as funcións pero esa non era a sua intención, nos queren sen dereitos laborais.
Con isto todos o persoal peon agrario que desenvolven funcións con x riscos, penosos, con fitocidas, gando, traballo a quendas etc, cobrarian o mesmo porque nos seus postos estarian recoñecidas as suas cuestions específicas e a isto sumariamoslle iguais dereitos laborais.
A funcionarización do Agacal empobrece ao seu persoal
E, como as cousas non se fixeron ben, agora temos un problema grave, o personal do Agacal quedou empobrecido polos seus postos, niveis baixos con riscos altos ao non ter recoñecidos os pluses en moitos postos.
No Centro de Recuperación da Fauna Autóctona de Fonte Fiz (xestionado pola Consellería do Medio Rural), en Vilamarín, xa hai tempo que correxiu esta diferencias nos pluses ao estender os pluses gañados por sentenza, como así fixeron en moitas consellerías e temos presionado nese sentido en cada RPT. Se queren poden solucionalo xa, é sinxelo, tomémolo como referencia para uniformar os complementos salariais de todos os demais centros que comparten tarefas, como en Mabegondo. É posible eliminar as discriminacións.
Agora o que vai ser difícil é concursar co caos de niveis que provocaron na AP. Quen vai querer ir para o AGACAL?
COMPARATIVA FUNCIONARIZACIÓN AP RECURSOS NATURAIS ESPECIALIDADE RECURSOS NATURAIS E FORESTAIS |
|||
POSTO | NIVEL |
COMPLEMENTO ESPECÍFICO |
PLUSES RPT DE ORIXE |
PEÓN/OA FORESTAL MEDIO AMBIENTE E CIF LOURIZAN |
14 |
7.456,76 |
B10 // B11 // B18 |
PEÓN/OA FORESTAL MEDIO RURAL |
13 |
7.024,22 |
B10 // B11 |
PEÓN/OA AGRARIO/A |
14 |
7.192,78 |
B10 // B11 // B14 // B18 |
PEÓN/OA AGRARIO/A |
12 |
6.855,66 |
DIVERSOS |
PEÓN/OA AGRARIO/A |
10 |
6.517,98 |
B14 |
PEÓN/OA AGRARIO/A |
10 |
6.517,98 |
B10 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PERIGOSIDADE
B11 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR TOXICIDADE
B14 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE DE ESPECIAL DEDICACIÓN
B18 COMPLEMENTO SALARIAL DE SINGULARIDADE POR PENOSIDADE
- Detalles
O persoal funcionario da Consellería do Mar destinado na Lonxa de Cariño carece de calquera tipo de aseo sanitario nas súas instalacións de traballo.
As instalacións da Lonxa de Cariño están a sufrir un alarmante deterioro xeral, con pingueiras e fallos estruturais que motivaron que a entidade Portos de Galicia pechara as súas instalacións e trasladase ao seu persoal deixando ao persoal da Xunta de Galicia sen aseo e nunhas condicións sanitarias inadecuadas, inseguras e que incumpren a normativa básica .
O abandono de Portos de Galicia supuxo que se lles pechara o acceso ao único aseo sanitario en condicións aos funcionarios da Consellería de Pesca.
Dende a CIG denunciamos esta grave incumprimento do RD 486/1997 de 14 de abril en materia de disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo diante da Xefatura Territorial da provincia da Coruña e diante da Subsecretaria de Pesca; pero dende marzo do ano 2023 todo foron palabras sen feitos: que tiñan que pedir autorización ao ente de Portos para usar as súas instalacións, que tiñan que mandar persoal técnico para avaliar as obras, que si facer un presuposto , que si era máis caro , que porían un aseo de obra, etc. diante de tamaño desinterese por solucionar esta carencia ao persoal e a CIG non nos quedou máis remedio que denunciar diante da Inspección de Traballo que a Administración Pública Galega pretende manter ao seu persoal nunha situación de indignidade, máis propia da era preindustrial.
A inspección evidentemente constatou a falta de calquera tipo de aseos e levará a cabo as actuacións pertinentes pero dende a CIG preguntámonos se a saúde, a dignidade do seu persoal non pesa para a Consellería do Mar, ou como non serán sancionados como o sería calquera empresa privada non lles importa, ou como son só 3 traballadores non teñen a mesma dignidade?. Ou é que neste momento están todos moi ocupados en atender outras tarefas porque tampouco a Delegada Territorial da Xunta en Galicia se reuniu coa CIG para tratar este tema e outros asuntos de vital importancia para o persoal da Xunta de Galicia na comarca de Ferrolterra malia terllo solicitado por escrito.
- Detalles
Mobilizámonos o mércores 14 de febreiro contra a decisión da Xunta e máis do Consorcio de suprimir ás horas de programación e titorías de escolas infantís.
Esta medida supón un novo atentado contra os servizos públicos que afectará á calidade do servizo ao eliminar a programación educativa, as xuntanzas coas familias, a preparación dos materiais e as avaliacións de resultados que resultan vitais para o desenvolvemento educativo das crianzas de 0 a 3 anos.
Na CIG-Autonómica consideramos que eliminar estas actividades converte un servizo público integral e educativo nun servizo asistencial de menor calidade.
- En que se vai diferenciar unha escola infantil da Xunta dunha gardería?
- Pretende Xunta converter as escolas infantís en lugares onde aparcar as crianzas na vez de ter un tempo de desenvolvemento educativo propio e adaptado á súa idade e a cada cativo/a?
- Queren deteriorar o público para igualarnos co privado?
Nas escolas da Axencia Galega de Servizos Sociais estas actividades de programación educativa e titorías xa as foron eliminando pouco a pouco nos últimos anos; agora pretenden facer o mesmo coas do Consorcio.
Non imos aturar máis ataques ás escolas públicas e loitamos por que se RESTITÚA XA o MODELO EDUCATIVO EN TODAS AS ESCOLAS INFANTÍS DE XESTIÓN PÚBLICA, e os tempos de programación dentro do horario laboral.
Mobilízate coa CIG, o mércores 14 de febreiro ás 11 h, diante do Consorcio (San Lázaro) e ás 12 h diante da Xunta (San Caetano)
- Detalles
No DOG do 09/02/2024 publican:
- RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galiza (SGG).
- RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
Están obrigados/as a participar nestes concursos:
a) O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza ou dos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza obxecto destas convocatorias que se encontre ao dispor do órgano competente ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo, de acordo co disposto no artigo 97.5 e a disposición transitoria quinta da LEPG. Deberá solicitar todos os postos de acordo coa base VI.2.
b) O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou dos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza obxecto destas convocatorias que se encontre adscrito por motivos de saúde ou rehabilitación a un posto de traballo en distinta localidade daquela na que teña o seu destino definitivo estará, en aplicación do disposto no artigo 89 da LEPG, obrigado a participar no concurso debendo solicitar todos os postos adecuados ao seu corpo, escala e especialidade, situados na mesma localidade do posto ao que figure adscrito provisionalmente.
Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo I destas resolucións.
Presentación de solicitudes (de participación e de elección de postos):
1. Para participantes da Xunta de Galiza en servizo activo na súa escala de participación, accedendo ao Portal do Empregado no enderezo electrónico https://portax.xunta.es
2. Para os que atopen en calquera situación distinta da referida no punto 1, a través do Portal da web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/
A solicitude, e de ser o caso a documentación adicional, deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza e ata o día 23 de febreiro de 2024 incluído, e dirixirse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellaría de Facenda e Administración Pública.
- Detalles
O xoves 8 de febreiro participamos nunha xuntanza co director xeral de Función Pública (DXFP), para falar de diversos asuntos. Entre eles, os concursos de traslados de corpos xerais e o das escalas de enxeñarías, ciencias e arquitectura (A1 e A2). O luns 12 van quedar aprobados na Comisión de Persoal.
Na intervención da CIG, a primeira queixa foi polos tempos. Levamos anos a voltas cos concursos permanentes, e nin sequera temos un concurso anual. Meses en que ás nosas preguntas respostan indicando as prioridades, pero non os prazos. Prioridades que nen sequera cumpren.
De súpeto, envían os borradores dos concursos sen tempo a moita discusión. E envían a relación de prazas vacantes con só dous días para revisar e alegar. Esto é inaceptable, pois falamos de 3.500 prazas entre os dous concursos.
O DXFP afirma que aínda que se aprobe o luns, haberá marxe para revisar e alegar ás prazas, ata a publicación en DOG (segundo conta, sería unhas semanas máis adiante).
En canto ás prazas que serán ofertadas, serían todas as vacantes agás aquelas que as consellerías certifiquen que queren amortizar en futuras RPTs. A CIG reclama que se convoquen todas, pero si levan adiante a retirada de postos por propostas de amortización, sería inaceptable que se concedan comisións de servizos a tales postos.
Na relación de vacantes estarían incluídas as afectadas pola lei da temporalidade (Lei 20/21), as 125 de persoal laboral vacantes que van a funcionarizar (82 de A1, 30 de A2 e 12 de AP). Engadirían tamén as prazas nas que os/as titulares xa teñen data de xubilación para as próximas semanas. Serían un total de uns 200-300 postos máis para corpos xerais que enviarán aos sindicatos este venres.
Da negociación das bases non hai moita marxe. Estes dous concursos seguen o modelo exactamente igual que os negociados e convocados nos últimos meses (gardacostas, consumo, incendios e axentes medioambientais). O único que modificaron é unha das reivindicasións da CIG: aceptan que os postos ocupados por motivos de saúde, postos que non poden ser convocados como vacantes, si sexan ofertados como "potenciais vacantes" para o caso de que quen os ocupa, que está obrigado/a a concursar, obteña outro destino. Porén, a CIG insiste en que hai que mudar cousas, como engadir as prazas que están para ser cubertas por Concurso Específico (si non son quen de executar estes procesos, que recualifiquen urxentemente as RPTs para pasalas a Concurso Ordinario), ou axustar os valores dos méritos, pois existe desequilibrio entre algúns deles.
En canto ás previsións de prazos, o DXFP manifesta que vai ser todo moi rápido, coa intención de que estes concursos estean resoltos e coa tomas de posesión, antes de finalizar este ano 2024, algo que á CIG, polas experiencias pasadas, cústalle crer. Os concursos estarían resoltos uns meses antes, pero a toma de posesión quedaría adiada ata rematar os procesos extraordinarios de estabilización (Lei 20/21), que por imperativo legal ten que ser antes do 31/12/2024. Para entón, a toma de posesión do concurso de traslados e do persoal dos procesos selectivos serían actos coincidentes no tempo.
Respecto doutros concursos, informa que en próximas semanas estarán a traballar na RPT de Política Social, para a continuación convocar o concurso das escalas sociais. Nada di do resto de concursos que quedan pendentes. Pero todo isto xa quedará para o novo goberno.
- Detalles
A convocatoria de concentración fixo o seu efecto: ante a forza mobilizadora a Administración convoca mesa con Función Pública para a negociación REAL do acordo.
Cada vez que a CIG fixo propostas apoiadas por mobilizacións se produciron movementos de convocatorias e de avance nos dereitos laborais e na loita contra a precariedade xa que parte dos contidos foron asumidos polas outras OOSS e pola administración, o que confirma o acerto no plantexamento do noso sindicato
Ante a convocatoria de mesa do xoves 8 de febreiro a CIG-Autonómica comunica:
1. Valoramos o éxito da loita do persoal do SPIF. Con cada convocatoria de mobilización demos un paso adiante para avanzar nun Acordo de condicións laborais acadando neste momento, grazas a unha nova convocatoria de concentración da CIG, a entrada en mesa para desenvolver o proceso de negociación colectiva formal en base a normativa. Conseguimos deste xeito sacar os pactos dos despachos e dos anuncios políticos e enviar a negociación a onde estamos todos os axentes sociais e a parte da Xunta que pode posibilitar o Acordo: a Dirección Xeral de Función Pública.
2. Dende a posición de partida con dobre sistema de traballo e ata 12 horas sen dereitos e sen claridade na aplicación, chegamos a día de hoxe a un texto que segue sendo moi insuficiente e ambiguo. A CIG seguirá presionando e traballando para melloralo o máximo posible e que acolla a todo o persoal. Porque non temos compañeiros de primeira e de segunda. A igual traballo igual salario e condicións laborais.
3. Introduciremos nesta mesa a ampliación do tempo de traballo de 6 a 9 meses para que non quede nun mero anuncio político do presidente en funcións, e loitaremos para eliminar os prazos e que xa consolidemos no 2024 os 9 meses.
Posto que xa conseguimos introducir na mesa formal de negociación o acordo, e porque defendemos que as negociacións deben facerse con transparencia e boa fe negocial, APRAZAMOS A MOBILIZACIÓN deste XOVES 8.
Ademais, a pesar das presións por facer unha negociación exprés por parte do resto de axentes sociais, e das presas repentinas da Administración, atendemos a petición dos traballadores na Asamblea telemática de onte: procederemos a CONVOCAR ASAMBLEAS PRESENCIAIS para que o persoal poidamos valorar o borrador definitivo que se ultime na mesa de negociación.
- Detalles
A Dirección Xeral de Función Pública enviou aos sindicatos a listaxe de postos para os concursos de traslados de corpos xerais e de enxeñarías+enxeñarías técnicas+ciencias+arquitectura+arquitectura técnica.
Dan de prazo para presentar alegacións ata o venres 9 de febreiro. É dicir, dous días, para revisar 2866 postos de corpos xerais e 631 de especial, total 3.497 postos a revisar en dous días. Claramente é imposíbel facer as cousas minimamente ben, polo que xa anunciamos que non vamos a respetar ese prazo, nin apoiaremos co noso voto un concurso no que non se nos permita revisar a oferta de prazas.
A razón destas presas témola clara: levan anos retrasando os concursos, levan tempo incontable sin respostar ás nosas preguntas das datas para a negociación e convocatoria dos concursos. E de súpeto, a menos de dúas semanas das eleccións ao Parlamento de Galiza, sorpréndennos a todos e todas e queren liquidar os asuntos en cousa de días, para que estea convocado antes das eleccións.
Se é do teu interese, podes descargar os concursos aquí:
- Borradores do concurso xeral: bases da convocatoria e relación de postos vacantes
- Borradores do concurso de enxeñarías+ciencias+arquitectura (A1 e A2): bases da convocatoria e relación de postos vacantes
Se sabes de prazas vacantes que non ofertan podes contactar coa CIG. Asegúrate de que son vacantes, que non existe titular con dereito a reserva do posto. Para reclamar necesitamos o código do posto. Para conseguilo, podes consultar a RPT no web de Función Pública, ou preguntar no teu servizo de persoal.
- Detalles
No DOG do 07/02/2024 publican:
- RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024 pola que se amplía o prazo máximo establecido na Resolución do 17 de xaneiro de 2024 para a acreditacion dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, e para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I do persoal laboral da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada polas resolucións do 20 de xaneiro e do 6 de febreiro de 2023.
- RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024 pola que se amplía o prazo máximo establecido na Resolución do 17 de xaneiro de 2024 para a acreditacion dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, e para o ingreso nas categorías 3, 4, 5, 6, 9, 35 e 39 do grupo II de persoal laboral da Xunta de Galiza, e persoal laboral propio do Cixtec (grupo II), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada polas resolucións do 20 de xaneiro e 6 de febreiro de 2023.
O devandito prazo finalizará o 14 de febreiro de 2024.
- Detalles
Recibimos comunicación da Dirección Xeral de Función Pública na que nos informan da convocatoria en DOG o vindeiro venres 9 de febreiro, dos concursos de traslados das escalas de gardacostas e das escalas de consumo.
Estes dous concursos foron aprobados na Comisión de Persoal do venres 2 de febreiro, co voto favorable de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto en contra do CSIF. As bases seguen o mesmo modelo que os concursos inmediatamente anteriores de SPIF e axentes en xestión ambiental.
- Detalles
RPT de Política Social
Na Comisión de Persoal do venres 2 de febreiro aprobouse unha modificación da RPT de Política Social, coa abstención de CIG e o voto a favor de CCOO, CSIF e UGT.
O principal da modificación é a creación de 19 postos de traballo, dos que 14 son para escolas infantís. Está ben, pero non garanten a continuidade dos postos creados pola COVID. Preocupa o servizo de cociña (que vai pasar coas superiores categorías?). Deixan algún centro, como a E.I. de Elviña, fora das creacións de prazas. Non á apertura a outras administracións. Necesario incrementar os complementos específicos nos postos con horarios diferentes. Etc.
Suba do 0,5%
Informa o director xeral de Función Pública que a suba do 0,5%, resultado do cumprimento do PIB, necesita da aprobación do Consello de Ministros previamente a súa aplicación na nosa Administración Autonómica. Cando chegue, terá efectos retroactivos dende o 01/01/2023, aplicando a suba sobre as retribucións a 31/12/2022.
Consorcio: proceso selectivo 2008
A CIG solicita a Función Pública que reclame ao Consorcio Galego de I+B os datos das persoas que superaron exames pero non o proceso selectivo do ano 2008 para a súa incorporación ao Fides. O director afirma que se vai poñer en contacto co Consorcio para que lles faciliten a listaxe de persoas afectadas e que lles envíen os datos para proceder a sua incorporación.