Novas por contido

Nunha xuntanza que este mércores, día 16 de marzo, mantivo a CIG co conselleiro de Facenda e o director xeral de Función Pública, anuncióusenos por enésima vez que este goberno vai reducir o nível de morosidade cos/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza devolvéndonos este ano o 50% da paga extra do 2012.

Segundo as súas previsións devolverían o 25 % en abril e o outro 25% en setembro (o que nós interpretamos como un 25% antes das eleccións xerais, de habelas, e outro 25% antes das eleccións galegas).

E tamén nos promete que nos próximos Orzamentos Xerais da Xunta para o 2017 se van reflectir as extras completas (co complemento específico e parte similar para o persoal laboral incluídas nas pagas extras). É doado prometer cando hai moitas probabilidades de non ser eles quen elaboren o próximo proxecto de Orzamentos Xerais e non se recolle en ningún acordo nin hai un compromiso certo.

Dende a CIG consideramos que aos/as empregados/as públicos/as non se nos pode devolver a débeda salarial contraída pola Administración a golpe de campañas electorais.

Démoslle conta de que hai máis dun ano que lle fixemos chegar a Feijoo un Plan de renegociación da débeda salarial co seguinte contido:

Como punto de partida teríamos unha modificación dos Orzamentos Xerais para o ano 2015 onde se contemple o seguinte:
•    100% do Complemento Específico, e equivalente para o persoal laboral.
•    Soldo Base e Trienios en igual contía nas 14 pagas.
•    As retribucións íntegras serían actualizadas polo IPC galego.

Partindo desta base, o importe do resto das débedas contraídas se liquidaría nun prazo de 3 anos do seguinte xeito:

2015

2016

2017

Pago das detraccións salariais do ano 2012

Pago das detraccións salariais do ano 2013

Pago das detraccións salariais do ano 2014

Incremento do 5%

Incremento do 5% + IPC galego

Incremento do 5% + IPC galego

1º Pago dos xuros xerados polo importe total da débeda

2º Pago dos xuros xerados polo importe total da débeda

3ª Pago dos xuros xerados polo importe total da débeda e liquidación

Importe do FAS (Acordo do 2009)

Introdución na estrutura salarial como salario directo das cantidades equivalentes ao Fondo de Pensións do Estado

 

Esta organización sindical estaría disposta a dar todo tipo de facilidades no relativo aos prazos e aos conceptos, actuando de xeito flexible, de cara a que a parte debedora poida dar cumprimento ao acordado.

Evidentemente agora habería que engadir o pago das detraccións salariais do 2015 e 2016.

O Partido Popular, a pesar de sermonear sobre as boas expectativas económicas e a senda de crecemento económico e a perspectiva de incremento dos ingresos da Xunta de Galiza non quere asumir tal plan, nin sequera quere recoñecer esas cantidades como débeda salarial, o que da fe da súa confianza na recuperación económica.

Por outra banda, e tamén como caramelo electoral, insinúan que a finais de ano poderían modificar, que non derrogar, a Lei de medidas temporais en materia de emprego público, pero tampouco se queren comprometer a nada. Deben pensar que lles imos facer publicidade gratuíta de promesas sen que se concreten en feitos.

E de derrogar o imposto por enfermar, a detracción de parte do salario por entrar en situación de incapacidade temporal, tamén se negan e din que o van manter.

En definitiva, anuncian o que xa sabíamos pero o reservan para os períodos electorais, como se os/as empregados/as públicos/as fóramos idiotas dando palmas ou votos, porque os morosos nos pagan unha ínfima parte do que nos deben.

Outras novas recentes

Mércores, 15 Abril 2026

Convocatoria do Fondo de Acción Social de 2025 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade

No DOG do 15/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galiza polo que se autorizan os criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2025 relativos á axuda para a atención de...
Martes, 14 Abril 2026

Corpos xerais: resolución do concurso de traslados e elección de destino

Este venres, 17 de abril, publícase a resolución do concurso ordinario de traslados dos corpos sen escalas de Administración xeral (corpos xerais). Previamente, ao longo da mañá do martes 14, será publicada a información no web de Función Pública. Na resolución non aparecerá a data de cesamento e toma de posesión, que será publicado posteriormente de xeito coordinado coa...
Xoves, 09 Abril 2026

Problemática das listas das escalas sanitarias da Lei 17/1989

Na Comisión de Persoal do xoves 9 de abril dende a CIG preguntámoslle á DXEP pola problemática das listas da lei 17. Levamos máis de catro anos sen a convocatoria da comisión de seguimento desas listas. E seguen facéndose chamamentos con criterios opacos: o persoal descoñece a súa posición real nas listas, porque nas listaxes non hai indicación de quen está en activo e quen...