Novas por contido

A Xunta ven de adxudicar a xestión privada de 4 centros públicos por 28.758.006 euros. A empresa Geriatros é a beneficiaria desta macroadxudicación da xestión das Residencias de Viveiro, Vimianzo, Monforte de Lemos e Ourense.

 

Dende a chegada do Partido Popular ao goberno da Xunta de Galicia a política unha cantidade inxente de cartos ten saído das arcas públicas cara a empresas privadas. O último exemplo é a concesión da xestión privada de Residencias de Maiores feitas con cartos públicos a empresas privadas.

A Consellaría de Traballo opta por inhibirse da xestión pública deses centros para poñer a atención aos nosos maiores en mans de empresa con ánimo de lucro, como antes o fixo coa atención aos discapacitados.

Lembremos a recente privatización do centro Souto de Leixa en Ferrol onde a empresa de Florentino Pérez, CLECE, acaba de recadar máis de 7 millóns de euros por asumir a xestión dese centro ou a posibilidade de facer unha miniresidencia privada no espacio do Colexio Santiago Apóstol da Coruña.

A próxima víctima deste proceso privatizador é probable que sexa a nova residencia do Carballiño onde na Consellaría de Traballo están a estudar se se fai unha privatización parcial ou total.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos a falsa austeridade do goberno de Feijoo consistente en pagar con cartos públicos os negocios de empresas privadas deteriorando os servizos públicos, baixando a calidade do servizo a prestar e hipotecando a Administración galega.

Outras novas recentes

Venres, 09 Mai 2025

«Por unha EGAP transparente e en Galego». Mobilízate o 15 de maio diante da EGAP!

Compañeira/Compañeiro: O vindeiro xoves 15 de Maio imos facer unha CONCENTRACIÓN diante do edificio da EGAP en Fontiñas, Compostela. Co lema «Por unha EGAP transparente e en Galego» esiximos a demisión da directora que, dende que entrou no posto, está a desmontar, literalmente, a institución. Á xa opacidade endémica uniuse o peche da biblioteca, a privatización de cursos,...
Mércores, 07 Mai 2025

Concurso de traslados de defensa contra incendios forestais: modificación do prazo de presentación de solicitudes e méritos

No DOG do 07/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 28 de xaneiro de 2025 pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de xustificación da posesión de méritos e requisitos do...
Martes, 06 Mai 2025

Acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza

A Xunta levará á Comisión de Persoal do día 08/05/2025 o Anteproxecto de Decreto polo que se regula o acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e nas entidades  públicas instrumentais do sector público autonómico. Tal e como vos adiantamos nesta nova, a Xunta non aceptou a...