Xoves, 29 Mai 2025O martes 3 de xuño quedará aprobado, previsiblemente, o modelo de bases dos concursos específicos (CE), un documento que permitirá ás consellerías convocar cada un dos 800 postos de CE cando queiran (se é que queren), e con criterios tan flexibles que poderán “personificalos” posto a posto
A proposta xa pasou en xaneiro pola Mesa Sectorial de Negociación, con apenas un día para o seu estudo polos sindicatos. Tras as alegacións que presentamos e outro borrador, agora ven á Comisión de ...
Xoves, 29 Mai 2025Cando o que importa non é o servizo, senón trincar pasta!
Recentemente, veñen de publicarse dúas novas no DOG (Resolución do 12 de maio de 2025 e a Resolución do 23 de abril de 2025) que fan referencia a que os concursos polos que dous centros de menores, o de Casa da Quintán en Ponte Caldelas (oito prazas) dirixido a menores con medidas de protección e problemas de saúde mental e o de Concepción Areal de A Coruña, centro de reeducación para menores que teñan que cumprir medidas privativas ...
Mércores, 28 Mai 2025O permiso parental de oito semanas, até que a/o menor cumpra oito anos, está regulado, agás polo de agora a súa retribución, e está incluído na carta de permisos do PortaxNo Portal do empregado/a público da Administración da Xunta (PORTAX) aparece este permiso e está activo no apartado de solicitudes. Aínda que o Pórtax omite a información da normativa básica, pódese solicitar por semanas completas, cunha antelación de 15 días e até que o fillo ou filla cumpra 8 anos de idade. No Consorcio ...
Venres, 23 Mai 2025A neglixencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co apoio da Xunta de Galiza deixa aos maiores do Fogar Residencial de Taboadela nunha situación límite por falta de persoal, queremos lembrar que soamente hai unha persoa na quenda de noites.
O CAPM de Taboadela, de xestión Pública onde a falta de persoal na quenda de noite está a provocar unha grave desatención dos usuarios/as, especialmente dos grandes dependentes.
O Xerente do CGSIB é máis que coñecedor desta ...
Martes, 20 Mai 2025
A Xunta vai licitar a xestión privada da residencia da Coruña (Eirís) da Fundación Amancio Ortega
A CIG esixe a xestión pública directa das residencias de maiores!
A Xunta volve sacar a concurso para as empresas privadas a xestión dos servizos públicos e licita os servizos de atención de outra máis das residencias de maiores das sete doadas pola Fundación Amancio Ortega. A licitación para a residencia de maiores da Coruña, de 150 prazas, ten unha duración inicial do contrato de dous ...
Xoves, 15 Mai 2025
A CIG vén de manifestarse esta quinta-feira contra a situación crítica da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), despois de anos dunha xestión opaca, desgaleguizadora e que ignora as necesidades de actualización permanente de todo o persoal pertencente á Administración Xeral da Xunta de Galiza e entes instrumentais.
A CIG convocou unha mobilización co lema, «POR UNHA EGAP TRANSPARENTE E EN GALEGO», e fíxoo ás portas da conmemoración do Día das Letras Galegas de 2025, pola ...
Luns, 12 Mai 2025Mediante a modificación do Real Decreto 383/2008 o Goberno pretende reducir os dereitos de xubilación do persoal bombeiro forestal establecendo límites a aplicación dos coeficientes redutores. O proxecto de modificación do Real Decreto 283/2008 pretende rebaixar e escalar os dereitos de xubilación anticipada incluídos na Lei 5/2024, do 8 de novembro, básica de bombeiros forestais. Nesta lei igualábanse os dereitos de xubilación de bombeiros forestais co do resto de bombeiros cuns ...
Luns, 12 Mai 2025Un ano despois da inadmisíbel eliminación de tódolos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, a dirección da EGAP segue na súa liña de tentar acalar a lingua e cultura galegas, malia a que, precisamente, un dos motivos da existencia da Escola é a normalización e difusión do galego na Administración pública.
Unha mostra máis de que as persoas responsábeis da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) están a rexeitar a lingua e cultura galegas, incumprindo os fins do organismo ...
Luns, 12 Mai 2025A Presidencia da Xunta consumou un incremento retributivo para o seu persoal da escala de letrados/as e un cambio na estrutura para un mellor control político do Instituto Galego de Estatística. Estas medidas foron aprobadas na Comisión de Persoal do xoves 8 de maio de 2025, co voto en contra de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto favorable de CSIF.
Letrados/as
Non cuestionamos que o persoal funcionario da escala de Letrados/as da Presidencia da Xunta, teñan unha alta carga de traballo ...
Venres, 09 Mai 2025
Compañeira/Compañeiro:
O vindeiro xoves 15 de Maio imos facer unha CONCENTRACIÓN diante do edificio da EGAP en Fontiñas, Compostela.
Co lema «Por unha EGAP transparente e en Galego» esiximos a demisión da directora que, dende que entrou no posto, está a desmontar, literalmente, a institución. Á xa opacidade endémica uniuse o peche da biblioteca, a privatización de cursos, a dedocracia co profesorado, a falla de valoración das enquisas que realiza o alumnado, a baixada da calidade, a ...