Novas por contido

O xoves, 19 de xullo, medio milleiro de traballadores e traballadores públicos concentráronse en San Caetano en protesta polos recortes do RDL 20/2012, uns recortes que unen a toda a cidadanía para loitar contra o saqueo de Rajoy. A convocatoria do acto decía que "cando os dereitos se perden e as institucións vixentes non serven para defendelos, non queda outra alternativa que gañalos de novo nas rúas". E ese día en San Caetano tomouse a rúa.

No medio da concentración as traballadoras e traballadores públicos alí concentrados saíron do edificio da Xunta en San Caetano e se dirixiron á Avenida de Viguri para cortar o tráfico. O corte durou uns 15 minutos, tempo durante o cal non houbo ningún pitido por parte dos coches retidos; ao final rematouse cun aplauso, agradecemento á pacienda das persoas afectadas polo corte e o convite a secudnar as manifestacións da tarde

Contra as 11:30 comezou a concentración diante da cafetaría do edificio administrativo e desta volta se colou un váter polo que varias das traballadoras e traballadores botaron as follas do BOE no que se publicaron os últimos recortes e reformas lesivas para a cidadanía. Un acto non só de rexeitamento senón de convencemento de que iso é para o único que vai valer ese paquete de medidas.

Outra das sorpresas da concentración foi o "bombo de Rajoy", un bombo coa cara de Rajoy pegada no que un tras outro foron batendo as traballadoras e traballadores para desfogar o cabreo que lles produce.

A CIG valora moi positivamente a participación e resposta das traballadoras e traballadore públicos e, pese as datas, a participación foi das máis altas en concentracións semllantes de ámbito de centro de traballo. Foron moitas as persoas que se achegaron desde outros centros, incluíndo San Lázaro, Área Central, Salgueiriños ou o Gaias, así como traballadores do ensino. Estamos fartos, o medo foise e cada vez a participación é maior. De feito, entre o público ese día había até un director xeral  sumándose á ola imparábel de protestas contra a medida de Rajoy&cía.

Previamente, e nesa mesma mañá, en San Lázaro tivo lugar unha rondalla espontánea por dentro dos edificios administrativos de Sanidade e Traballo. Varias delegadas e delegados sindicais foron sacando das oficinas ás súas compañeiras e compañeiros e repartindo información dos actos para ese día. Durante a rondalla berraronse consignas xa famosas de "Mans arriba, isto é un atraco", "Non nos mires, únete" ou "Movámonos agora ou calemos para sempre".

Especial atención merece o detalle que se pecharan as portas da entrada principal de Sanidade, motivo polo cal as cámaras de TV non poderon recoller o momento e só se dispón desta grabación.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...