Inicio
Xoves, 27 Marzo 2025

Estase a restrinxir o teletraballo ás bravas?

A prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza funcionaba ata o de agora con relativa normalidade agás a xa endémica opacidade da Xunta e a reiteración do incumprimento da convocatoria das Comisións de Seguimento para que as organizacións sindicais poidamos exercer un control.  

Mais nos últimos días están a chegar queixas do persoal por limitacións ao teletraballo en diferentes departamentos por medio dun correo ou incluso de ...


Martes, 25 Marzo 2025

O despropósito do Plan de axilización da dependencia + discapacidade

O pasado 3 de marzo a Xunta de Galiza, nunha comparecencia pública do Presidente Rueda, anuncia o Plan de axilización e simplificación dos trámites da dependencia e discapacidade. Este plan, implementado dende xaneiro, basease segundfo refiren en:

  • Na “redución ao máximo dos trámites” ao introducir un novo modelo de solicitude conxunta.
  • Na creación de xefaturas de servizo de discapacidade nos 4 departamentos territoriais, postos directivos e de libre designación que non incidirán en ...

Domingo, 23 Marzo 2025

A «lotería» dos cursos de linguaxe administrativa da EGAP

Anos, e mesmo décadas, para conseguir completar os dous niveis (medio e superior) de linguaxe administrativa galega: este é o panorama ao que nos enfrontamos o persoal da Administración xeral da Xunta e entes instrumentais, dada a reducidísima oferta de prazas ano tras ano.

A EGAP ten por lei entre os seus fins a difusión e a normalización do idioma galego na Administración Pública, a capacitación lingüística do persoal e maila participación na fixación da linguaxe técnica, ...


Xoves, 20 Marzo 2025

5.000 € brutos anuais para os/as letrados/as pode estar xustificado. Meréceo o resto do persoal?

Presidencia xustifica esta suba salarial de 5.000 €/anuais baseándose na gran carga de traballo e para homologar as retribucións de letrados/as da Xunta con letrados/as do Consello Consultivo de Galiza. Para a CIG está moi ben homologar e compensar responsabilidades e cargas de traballo por arriba, pero sen esquecer que queda atrás moita outra xente que tamén o merece.

O pasado luns día 17 de marzo fomos convocados pola Presidencia da Xunta para informarnos de cambios estruturais e de ...


Xoves, 20 Marzo 2025

Réxime de vacacións, permisos, licenzas e reducións de xornada na Xunta de Galiza. Febreiro/2025

Pomos a túa disposición o folleto do réxime de vacacións, permisos, licenzas e reducións de xornada que temos na Administración da Xunta de Galiza, actualizado a febreiro do 2025.

Descargar folleto.

Se tes algunha dúbida, contacta coa CIG.


Martes, 18 Marzo 2025

Rueda pon baixo o seu control directo ao IGE e dará paso a empresas privadas que dirán o que quere oír

O Instituto Galego de Estatística pasa a ser un instrumento directo da Presidencia da Xunta. Néganse a explicar cal vai ser o papel das empresas privadas, que poderían ter acceso aos datos ou participar directamente suplantando as funcións do persoal empregado público. Con esta manobra, o PP e o presidente asestan outro duro golpe aos servizos públicos para ampliar a censura e manipulación da información exercidas na RTVG.A organización estatística de Galiza está constituída polo ...


Martes, 18 Marzo 2025

Mobilízate este sábado na Pobra! Altri NON, Mina de Touro tampouco

Este sábado día 22 de marzo, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, da que a CIG forma parte, co apoio das Plataformas Ulloa Viva e Mina de Touro-O Pino NON, convoca unha grande mobilización por terra e por mar na Pobra do Caramiñal, con saída ás 12h desde a Estación de Autobuses, para rexeitar os proxectos industriais contaminantes e espoliadores que pretenden instalarse no corazón do país (Altri en Palas de Rei e a Mina de Cobre en Touro e O Pino) poñendo en perigo a forma de vida de ...


Luns, 17 Marzo 2025

Coeficientes redutores bombeiros/as forestais. Alguén dubida que o persoal bombeiro/a forestal xa é bombeiro? Nós non

A CIG non comparte o argumentario doutros sindicatos e da Dirección Xeral da Ordenación da Seguridade Social ao respecto da aplicación do novo Estatuto do persoal bombeiro forestal e a continuación imos explicar por que.

Dende a CIG levamos anos realizando accións encamiñadas a acadar o recoñecemento dos coeficientes redutores para o persoal bombeiro forestal. Xa dende a sinatura do V Convenio colectivo a CIG insistiu, e así se recolle no artigo 3.18. do Acordo de condicións especiais de ...


Xoves, 13 Marzo 2025

O TSXG sentenza a favor da CIG co que emenda a carreira de depredación ambiental do País emprendida pola Xunta do PP

O alto tribunal interpreta que privatiza os procedementos de avaliación ambiental, externaliza a súa tramitación e a pon en mans da empresa privada. A sentenza cuestiona proxectos como Altri ou a Mina de Touro e chama a particulares, entidades e asociacións interesadas no procedemento a que soliciten a súa suspensión administrativa.

O Tribunal de Xustiza de Galiza ven de emitir sentenza favorable á demanda interposta pola CIG na que se impugnaba o Decreto 102/2023, polo que se regulan ...


Xoves, 13 Marzo 2025

Substitucións no Consorcio: caos programado?

Semanas para proceder a substituír ao persoal no exercicio dos seus dereitos e a prestación do servizo en formato “servizos mínimos” A CIG denunciamos o sistema de chamamentos do Consorcio, con listaxes de contratación con total falta de transparencia, en numerosas ocasións dende hai máis de 15 anos (Valedora do Pobo, Parlamento, ITSS, etc.)

Levabamos tempo, cando insistiamos coa necesidade de celeridade nas coberturas, que nos facían chegar, dende o Departamento de Persoal ou as Xerencias ...


Martes, 11 Marzo 2025

A dirección da EGAP rexeita impartir determinada formación específica por non cumprir coa «tradición» da Escola

A dirección descartou que a Escola Galega de Administración Pública poida impartir formación específica para o persoal de cociña, gardacostas, ou aquel que demanda mellorar as súas competencias sobre sanidade vexetal ou recuperación de fauna salvaxe. O argumento manifestado é que estes temas non entran na formación que «tradicionalmente» imparte a EGAP.

En febreiro os sindicatos tivemos unha xuntanza coa EGAP complementaria á do consello reitor do 26 de decembro. Nela, a actual ...


Resulta que os cursos de formación válidos son os da EGAP e escolas de formación análogas do Estado e demais comunicades autónomas, os da Academia de Seguridade, e os de sindicatos. Isto exclúe os cursos de galego e os que as consellerías fixeron pola súa conta.

Algúns exemplos de cursos das consellerías (organizados por interese e en beneficio da Administración),e que non son recoñecidos, son, por exemplo, os seguintes:

  • Curso de iniciación para a informatización das secretarías de centros educativos” (40 horas)
  • Formación en medios informáticos” (30 horas), organizado dentro do plan de formación do profesorado.
  • Curso de perfeccionamento en informática para persoal adscrito ás secretarías dos centros educativos - proxecto estrela” (30 horas).

O Acordo de Concertación fixa outros posíbeis criterios de avaliación (dispoñíbeis no texto do Acordo). O último deles permitiría incluír a quen traballou dous anos en postos con características de illamento, soidade ou distancia con centros de formación.

Os criterios regulados no Acordo son de aplicación unicamente para o acceso anticipado aos graos I e II. Os demais casos non están regulados e non somos quen de imaxinar os problemas que pode xerar no futuro ao non coñecer cales serán as esixencias.

Como posíbeis solucións, solicitamos flexibilidade na súa interpretación, ou que habiliten de urxencia dende a EGAP cursos de teleformación, ou que na Orde que regulará o acceso extraordinario ao grao I se contemple que os requisitos de formación se teñan nun prazo de 6 meses. Pero en vista dos numerosos problemas que ten, a CIG directamente reclama a renegociación do Acordo de Concertación asinado por CCOO, UGT e o goberno de Feijoo.