Novas por contido

Na Mesa Xeral do 14 de febreiro, Función Pública traenos un proxecto de Orde para modificar o Anexo do Decreto 165/2019 do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para adquisicion da condicion de persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo .

Agora remiten de novo unha lista de equivalencias sen xustificacion técnica nin argumentacion seguindo o malfacer da elaboracion do decreto. Nesta agrupan e propoñen equivalencias de categorias laborais a funcionariais e seguimos a ver diferencias con categorías dun mesmo grupo que se encadran nunha grupo ou escala diferente de funcionarios/as.

Dende a CIG solicitamos a información completa e xustificada e demandamos unha negociación seria para que non se creen agravios e inxustizas. Dende o principio deste proceso puxamos por un Acordo marco que valore as equivalencias entre categorías e escalas funcionariais, que encadre de ao persoal laboral segundo a sua titulacion de acceso ou reclasificacion laboral e que teña en conta tamen ao persoal funcionario, que defina níveis e salarios e dereitos laborais, a elaboracion previa das RPT e que, ao fin a funcionarizacion non sexa o “SALTO AO VACÍO” que é hoxé, por moito remendo de ultima hora que a Xunta e os seus socios funcionarizadores CCOO e UGT lle queran meter, este novo cambio de cromos non ten sentido .

A maiores disto, Función Pública comenta que:

- As catergorías III-8 e III-67 se funcionarizarán no C1.
- A catergoría V-8 (peon forestal) se funcionarizarán na AP.
- A IV-17 ( almaceneiro) funcionarizase no C2.
- Tamén comenta que non hai ninguén que se funcionarice na categoría de técnicos superiores en centros de arte.
- Van estudar o encadramento no C1 da categoría III-99.

Naquelas categorías como a de interprete de linguaxe de signos onde non hai persoal laboral fixo non as inclúen na orde de equivalencias ainda que eso non evita que se "funcionaricen" as prazas cambiando o réxime xurídico do persoal que as ocupa (funcionario interino) ou optando polo despedimento.

Comentamos que non achegaron memorias económica nin funcional polo que debería haber unha reunión de traballo para explicar os cambios e o porque deles.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...