Inicio
Xoves, 05 Xuño 2025

Endogamia e enchufismo na Xunta de Galiza para cubrir máis de 800 postos da Administración Autonómica

O martes 3 de xuño quedou aprobada na Comisión de Persoal o modelo de bases para a cobertura dos postos mediante concursos específicos, unha forma de provisión de postos pensado nalgunhas xefaturas de seccións, direccións de centros e sobre todo xefaturas de servizo, que non sexan nin de concurso ordinario nin de libre designación.

Trátase 861 prazas que van dende o nivel 20 ata o 28, ocupadas en comisión de servizos moitas delas dende hai máis de 10 anos (dende que a Lei do emprego ...


Mércores, 04 Xuño 2025

Destinos das prazas do persoal subalterno para persoas con discapacidade intelectual

Ante a inquietude que esta situación está suscitando nestas compañeiras/os, na Comisión de Persoal, celebrada onte día 03/06, a directora da Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) contesta aos requerimentos da CIG que “a elección de destinos destas persoas faise individualizada, polo que non ven problema, pois non compiten. Di que a estas persoas ofrécenlles un posto na súa localidade e outras dúas localidades ás que se poderían desprazar. Informan que lle solicitaron ás asociacións que ...


Mércores, 04 Xuño 2025

Galegofobia na Xunta: Persoal denegoulle o permiso para acudir aos actos das Letras Galegas a unha traballadora

A denegación totalmente inxustificada para a participación nos actos das Letras Galegas 2025 ten lugar tras a eliminación das conmemoracións do Día das Letras Galegas en 2024 na EGAP e a campaña da CIG “Por unha EGAP transparente e en galego”, dada a deriva de galegofobia e de incuprimento da normativa lingüística na Administración da Xunta

Un Servizo de Persoal da Consellaría de Política Social denegoulle a unha persoa traballadora dos equipos de valoración e orientación (EVO) dunha ...


Luns, 02 Xuño 2025

A CIG pide á Valedora do Pobo que garanta que o persoal cociñeiro teña titulación técnica

A CIG acode á Valedora do Pobo ante a negativa da Administración de rectificar sobre a contratación de persoal sen titulación nas cociñas escolares.

Coa presentación dunha queixa ante a Valedora do Pobo pedimos que interveña para que as persoas responsables da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional se senten a negociar unha saída xusta á chapuza da funcionarización que artellaron e que rebaixou profesionalmente as escalas de cociña. Con esta decisión ...


Venres, 30 Mai 2025

Concurso de axentes ambientais e forestais: un ano para sacar as listas de persoas admitidas

Dende a convocatoria do anterior concurso de traslados en decembro do ano 2012, e posterior resolución en febreiro de 2014, non houbo máis concursos de traslados ordinario das escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais, ata o actual, convocado o 05/12/2023. Toda unha década que forza a buscar comisións de servizos como a única maneira de solucionar os problemas de mobilidade.Coa convocatoria do actual concurso, en decembro do 2023, o persoal funcionario tivo a ...


Venres, 30 Mai 2025

Máis atrancos para a xubilación anticipada con coeficientes redutores

Publicado o Real Decreto 402/2025 que regula o procedemento previo para determinar os supostos para xubilación anticipada mediante coeficientes redutores. 

Confírmase o recorte nas pensións ao non recoñecerse a xubilación anticipada nin garantirse os coeficientes nos traballos máis penosos. O novo Real Decreto recolle os criterios para que os traballadores de actividades penosas, perigosas ou insalubres teñan a posibilidade de acceder á xubilación anticipada, determina se ese colectivo ...


Xoves, 29 Mai 2025

O concurso específico deseñado pola Xunta será unha LD encuberta e personalizable

O martes 3 de xuño quedará aprobado, previsiblemente, o modelo de bases dos concursos específicos (CE), un documento que permitirá ás consellerías convocar cada un dos 800 postos de CE cando queiran (se é que queren), e con criterios tan flexibles que poderán “personificalos” posto a posto

A proposta xa pasou en xaneiro pola Mesa Sectorial de Negociación, con apenas un día para o seu estudo polos sindicatos. Tras as alegacións que presentamos e outro borrador, agora ven á Comisión de ...


Xoves, 29 Mai 2025

Menores vulnerables en mans de empresas privadas. Quen os protexe?

Cando o que importa non é o servizo, senón trincar pasta!

Recentemente, veñen de publicarse dúas novas no DOG (Resolución do 12 de maio de 2025 e a Resolución do 23 de abril de 2025) que fan referencia a que os concursos polos que dous centros de menores, o de Casa da Quintán en Ponte Caldelas (oito prazas) dirixido a menores con medidas de protección e problemas de saúde mental e o de Concepción Areal de A Coruña, centro de reeducación para menores que teñan que cumprir medidas privativas ...


Mércores, 28 Mai 2025

As Consellarías de Medio Rural e Política Social e Igualdade denegan o permiso parental

O permiso parental de oito semanas, até que a/o menor cumpra oito anos, está regulado, agás polo de agora a súa retribución, e está incluído na carta de permisos do PortaxNo Portal do empregado/a público da Administración da Xunta (PORTAX) aparece este permiso e está activo no apartado de solicitudes. Aínda que o Pórtax omite a información da normativa básica, pódese solicitar por semanas completas, cunha antelación de 15 días e até que o fillo ou filla cumpra 8 anos de idade. No Consorcio ...


Venres, 23 Mai 2025

Grito de alerta da CIG: as persoas maiores de Taboadela sofren coa “ Política de Recortes” da Xunta de Galiza nas residencias públicas

A neglixencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co apoio da Xunta de Galiza deixa aos maiores do Fogar Residencial de Taboadela nunha situación límite por falta de persoal, queremos lembrar que soamente hai unha persoa na quenda de noites.

O CAPM de Taboadela, de xestión Pública onde a falta de persoal na quenda de noite está a provocar unha grave desatención dos usuarios/as, especialmente dos grandes dependentes.

O Xerente do CGSIB é máis que coñecedor desta ...


Martes, 20 Mai 2025

Trincando no público: non hai dúas sen tres

A Xunta vai licitar a xestión privada da residencia da Coruña (Eirís) da Fundación Amancio Ortega

A CIG esixe a xestión pública directa das residencias de maiores!

A Xunta volve sacar a concurso para as empresas privadas a xestión dos servizos públicos e licita os servizos de atención de outra máis das residencias de maiores das sete doadas pola Fundación Amancio Ortega. A licitación para a residencia de maiores da Coruña, de 150 prazas, ten unha duración inicial do contrato de dous ...


Coma cada 1º de maio, dende as federacións e locais comarcais da CIG-Compostela organízanse diversos actos para celebrar o día do internacionalismo proletario. En Santiago ás 12.30h terá lugar unha manifestación que sairá da praza Roxa. En Ribeira terá tamén lugar outra manifestación que sairá ás 12.00h de diante do local da CIG (praza do Peixe). Como xa é habitual, ao remate da manifestación de Santiago celebrarase un xantar popular de confraternización na carballeira de San Lourenzo. As persoas que queiran participar no xantar deberán anotarse previamente chamando ao 981.58.32.00 ou no local comarcal. Os prezos son de 12€ para traballadores/as e 6€ para parados/as e estudantes. Dende a CIG-Autonómica animámosvos a todos e todas a desfrutar destes actos e a celebrar connosco este día.