Xoves, 18 Decembro 2025A CIG-Administración Autonómica denuncia que o 9 de decembro o Consello da Xunta de Galiza aprobou unha partida orzamentaria de 1.012.958,53 euros destinada ao pagamento de gratificacións extraordinarias e horas extra a parte do persoal do dispositivo de extinción de incendios forestais —persoal técnico, axentes ambientais e bombeiras forestais—, sen negociación coa representación do persoal e cunha absoluta falta de transparencia nos criterios de concesión.
Esta partida desagrégase en ...
Martes, 16 Decembro 2025
O sábado 13 de decembro, a CIG convocou xunto con outras organización sindicais, unha manifestación en Compostela para denunciar o incumprimento do Acordo que a Consellería de Política Social asinou no ano 2023 con CIG, CCOO, CSIF e UGT.
A piques de rematar a vixencia do Acordo, a Administración aínda non activou as subcomisións necesarias para desenvolvelo. Está a Consellería a agardar pola caducidade do Acordo para comezar a cumprilo?
Un dos exemplos máis graves é a falta do protocolo ...
Venres, 12 Decembro 2025
A CIG-Autonómica chama a unha concentración diante do Parlamento da Galiza o vindeiro martes 16 de decembro ás 11 horas pola defensa dunha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público. Denunciamos a situación de empobrecemento que sofre o persoal e o deterioro contínuo dos servizos públicos.Nos últimos anos, as políticas liberais impulsadas polos gobernos do PP e do PSOE, tanto dende o Estado español como dende a Xunta de Galiza, están a desmantelar unha ...
Xoves, 11 Decembro 2025
Na xuntanza do mércores 10 de decembro da Comisión de Seguimento do acordo de Política Social a Consellaría lonxe de ofrecer solucións, perpetúan a burla que se está levando a cabo co acordo, parecendo máis ben unha tomadura de pelo.
A poucas horas da reunión da Comisión de Seguimento, a Consellería envía a documentación base que é practicamente a mesma que xa entregara en outubro de 2024 ignorando totalmente as alegacións e advertencias.
Proposta inadmisíbel
A Xunta mantén medidas ás que ...
Venres, 05 Decembro 2025A CIG-Autonómica denuncia ante a presidenta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral que a Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático carece de protocolos claros, formación actualizada e medidas de bioseguridade para a manipulación, traslado e almacenamento de fauna salvaxe morta, pese ao risco real de transmisión de enfermidades como a peste porcina africana (PPA) ou a gripe aviaria.
A prevención da peste porcina africana depende fundamentalmente da detección temperá na fauna salvaxe, ...
Venres, 05 Decembro 2025A CIG interpuxo demanda ante a inacción da dirección do CIAM en PRL
A Inspección de Traballo confirma que na unidade de lactación do CIAM existía desde 2019 – 2021 unha avaliación de riscos que xa identificaba o mal estado dunhas cubertas de fibrocemento e propoñía a súa reparación. A pesar diso, non se actuou durante anos, deixando ao persoal traballador exposto a diario a dous riscos especialmente graves:
- Desprendementos de material construtivo das estruturas deterioradas sobre as persoas ...
Venres, 05 Decembro 2025A Administración deixa sen data a incorporación e supedita o concurso a unha oposición de acceso libre aínda sen rematar.
A Xunta vén de publicar no DOG a Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais. Este concurso que foi convocado o 5 de decembro de 2023 leva dous anos de atraso, a pesar de ser pequeno, xa que so outorga 132 destinos. Agora a ...
Mércores, 03 Decembro 2025
A CIG rexeita unha nova rebaixa no poder adquisitivo e denuncia a farsa negociadora da Mesa Xeral
Consumouse outro pacto salarial pechado en Madrid que mantén a mesma fórmula de sempre: o persoal público continúa perdendo poder adquisitivo mentres os sindicatos estatais avalan acordos por debaixo do IPC.
Nada novo: nin recuperación do perdido, nin garantía salarial, nin cláusula de revisión.
A farsa negociadora da Mesa Xeral 36.1 do EBEP
O Ministerio presentou un «acordo» xa pactado con ...
Martes, 02 Decembro 2025👥 QUEN A PODE SOLICITAR?
- Persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do persoal funcionario sanitario da Lei 17/89 e doutras Administracións que preste servizos nesta, e dos entes da LOFAXGA 45 a)
- O persoal laboral que asine o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización
- Sempre que NON obtivese ningún grao na convocatoria extraordinaria de 2024
- Estar en servizo activo o 31 de decembro de 2024
- Cumprir os requisitos de antigüidade e ...
Venres, 28 Novembro 2025A Xunta vén de aprobar en Comisión de Persoal do 28 de novembro, co voto favorable de CSIF, CCOO e UGT, unha carreira administrativa condicionada a un modelo de avaliación do desempeño profundamente punitivo, desigual, clasista e que deixa amplísimos espazos para o control político sobre o persoal empregado público.
O chamado proceso de “negociación” limitouse a unha única reunión na Mesa Xeral, celebrada despois das dúas da tarde, con todo xa decidido pola Xunta. O resultado evidencia ...
Venres, 28 Novembro 2025A carreira extraordinaria que se iniciou no 2019, e que nos venderon que era para que a xente que tiña xa certa antigüidade non tivera que comezar de cero a través da ordinaria, parece máis ben un maratón.
Imos facer 7 anos coa carreira e a día de hoxe aínda estamos cobrando só o grao II. Si o obxectivo da carreira extraordinaria era colocarnos a cada un no grao de carreira que nos correspondería por tempo traballado, ao final xa podes ter 18 ou 40 anos traballados que aínda vas acceder ...