Inicio
Venres, 12 Decembro 2025

Por unha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público

A CIG-Autonómica chama a unha concentración diante do Parlamento da Galiza o vindeiro martes 16 de decembro ás 11 horas pola defensa dunha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público. Denunciamos a situación de empobrecemento que sofre o persoal e o deterioro contínuo dos servizos públicos.Nos últimos anos, as políticas liberais impulsadas polos gobernos do PP e do PSOE, tanto dende o Estado español como dende a Xunta de Galiza, están a desmantelar unha ...


Xoves, 11 Decembro 2025

Ante a tomadura de pelo de Política Social, chamamento á manifestación o sábado 13 ás 11 na Alameda compostelana

Na xuntanza do mércores 10 de decembro da Comisión de Seguimento do acordo de Política Social a Consellaría lonxe de ofrecer solucións, perpetúan a burla que se está levando a cabo co acordo, parecendo máis ben unha tomadura de pelo.

A poucas horas da reunión da Comisión de Seguimento, a Consellería envía a documentación base que é practicamente a mesma que xa entregara en outubro de 2024 ignorando totalmente as alegacións e advertencias.

Proposta inadmisíbel

A Xunta mantén medidas ás ...


Venres, 05 Decembro 2025

A CIG alerta de que a falta de protocolos en Medio Ambiente pon a Galiza en risco real ante a peste porcina africana

A CIG-Autonómica denuncia ante a presidenta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral que a Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático carece de protocolos claros, formación actualizada e medidas de bioseguridade para a manipulación, traslado e almacenamento de fauna salvaxe morta, pese ao risco real de transmisión de enfermidades como a peste porcina africana (PPA) ou a gripe aviaria.

A prevención da peste porcina africana depende fundamentalmente da detección temperá na fauna ...


Venres, 05 Decembro 2025

A inspección de traballo actúa de novo no CIAM

A CIG interpuxo demanda ante a inacción da dirección do CIAM en PRLA Inspección de Traballo confirma que na unidade de lactación do CIAM existía desde 2019 – 2021 unha avaliación de riscos que xa identificaba o mal estado dunhas cubertas de fibrocemento e propoñía a súa reparación. A pesar diso, non se actuou durante anos, deixando ao persoal traballador exposto a diario a dous riscos especialmente graves:

  • Desprendementos de material construtivo das estruturas deterioradas sobre as ...

Venres, 05 Decembro 2025

Bloqueo da toma de posesión do concurso de traslados de axentes ambientais tras dous anos de atraso

A Administración deixa sen data a incorporación e supedita o concurso a unha oposición de acceso libre aínda sen rematar.

A Xunta vén de publicar no DOG a Resolución do 3 de decembro de 2025 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais. Este concurso que foi convocado o 5 de decembro de 2023 leva dous anos de atraso, a pesar de ser pequeno, xa que so outorga 132 destinos. Agora a ...


Mércores, 03 Decembro 2025

O acordo salarial estatal 2025-28 é outro pacto de perdas

A CIG rexeita unha nova rebaixa no poder adquisitivo e denuncia a farsa negociadora da Mesa Xeral

Consumouse outro pacto salarial pechado en Madrid que mantén a mesma fórmula de sempre: o persoal público continúa perdendo poder adquisitivo mentres os sindicatos estatais avalan acordos por debaixo do IPC.

Nada novo: nin recuperación do perdido, nin garantía salarial, nin cláusula de revisión.

A farsa negociadora da Mesa Xeral 36.1 do EBEP

O Ministerio presentou un «acordo» xa pactado ...


Martes, 02 Decembro 2025

O mércores 3 de decembro abre o prazo para solicitar a carreira extraordinaria de 2025

👥 QUEN A PODE SOLICITAR?

  • Persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas do persoal funcionario sanitario da Lei 17/89 e doutras Administracións que preste servizos nesta, e dos entes da LOFAXGA 45 a)
  • O persoal laboral que asine o compromiso de participar e superar o proceso de funcionarización
  • Sempre que NON obtivese ningún grao na convocatoria extraordinaria de 2024
  • Estar en servizo activo o 31 de decembro de 2024
  • Cumprir os requisitos de antigüidade ...

Venres, 28 Novembro 2025

Aprobada unha carreira ordinaria cunha avaliación do desempeño penalizadora, coercitiva e que abre a porta ao control político do persoal

A Xunta vén de aprobar en Comisión de Persoal do 28 de novembro, co voto favorable de CSIF, CCOO e UGT, unha carreira administrativa condicionada a un modelo de avaliación do desempeño profundamente punitivo, desigual, clasista e que deixa amplísimos espazos para o control político sobre o persoal empregado público.

O chamado proceso de “negociación” limitouse a unha única reunión na Mesa Xeral, celebrada despois das dúas da tarde, con todo xa decidido pola Xunta. O resultado evidencia ...


Venres, 28 Novembro 2025

Carreira extraordinaria ou maratón ordinario? Últimas novidades

A carreira extraordinaria que se iniciou no 2019, e que nos venderon que era para que a xente que tiña xa certa antigüidade non tivera que comezar de cero a través da ordinaria, parece máis ben un maratón.

Imos facer 7 anos coa carreira e a día de hoxe aínda estamos cobrando só o grao II. Si o obxectivo da carreira extraordinaria era colocarnos a cada un no grao de carreira que nos correspondería por tempo traballado, ao final xa podes ter 18 ou 40 anos traballados que aínda vas acceder ...


Venres, 28 Novembro 2025

Oferta de emprego 2025 insuficiente, e case sen promoción interna

A Oferta de Emprego Público (OEP) do 2025 quedou aprobada co voto en contra de CIG e CSIF, e abstención de CCOO e UGT. É unha OEP que non resolve as necesidades de relevo do persoal, nin aborda o dereito de promoción interna.

A oferta consta de 765 prazas de acceso libre e de 300 de promoción interna separada, xunto con 38 para entes instrumentais. Falta a oferta de persoal funcionario de escalas sanitarias.

Como é habitual nas OEP, a negociación foi inexistente, un simple formulismo. ...


Xoves, 27 Novembro 2025

A Xanela. 31 medidas urxentes para o persoal da Xunta de Galiza

A Xanela. Boletín da CIG de novembro de 2025, coas alegacións que presentamos aos grupos do Parlamento de Galiza para a Lei de medidas e a Lei de orzamentos para o 2026

Levamos máis dunha década de recortes e conxelación de dereitos, dos que moitos deles non se recuperaron. Nos novos tempos, os dereitos de conciliación, a mellora horaria, o dereito á mobilidade, o dereito á promoción profesional ou a garantía salarial, parecen cada vez máis asentados noutros ámbitos laborais e noutras ...


Parece que o despacho do director xeral de Función Pública non é seguro. Ollo! Calquera pode entrar!!

Resulta que CCOO e UGT andan repartindo “confidencialmente” un papeliño cos asuntos que cociñan na comisión de seguimento do acordo de concertación. E como outras veces, resulta tamén que ese papeliño chegou á CIG. Que mala pata!

Volve a resultar, ademais, que nese libelo aparecían as cousas que o director xeral de Función Pública ía traer o día 25 de marzo á Mesa Xeral, que curiosamente ía expoñer como unha cesión e o resultado dunha dura negociación con CCOO e UGT que así “conseguen arrancarlle á Administración” unhas condicións máis benignas para a funcionarización.

Tamén resulta, que xa sabiamos máis cousas desas que o director anuncia na Mesa Xeral, como cando se vai publicar a orde de carreira profesional, cantos funcionarios cumpren cos requisitos (8.000) e cantos laborais (3.000), etc.

Vamos, que tiñan todo cociñado previamente e viñeron a montar un espectáculo valleinclanesco dun duro tira e afrouxa onde o resultado, Oh! por Don Manoel!!, xa o tiña a CIG enriba da mesa dende facía 3 días.

Como é natural, o noso compañeiro na Mesa pedíu explicacións desta ópera bufa (case podemos dicir que pediu tamén que lle devolveran o importe das entradas da Mesa Xeral). A resposta do director xeral a por que nos chegou un documento co guión desta película esperpéntica onde se proba que todo o que traen á Mesa está negociado previamente vai en consonancia coa función teatral: “Mi despacho suele quedar abierto y es posible que alguien entrara y se hiciera con el documento”.

Pois nada, terá que dar sete voltas axeonllado e cun capirote a San Caetano, por neglixente, e terá que tomar medidas drásticas, non vaia ser que a próxima vez lle saian do seu despacho os papeis desfilando.

[Imaxe: Salvados/La Sexta]