Mércores, 06 Xullo 2022A CIG solicitou o luns 4 de xullo a extensión da sentenza que afecta ás funcións do persoal de servizos xerais (PSX), referida á limpeza de maneira ordinaria nos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
A CIG interpuxo demanda de conflito colectivo sobre a imposición das tarefas de “limpeza ordinaria” ao persoal de servizos xerais do Consorcio, que foi xulgada o 2 de setembro de 2021 na provincia de Lugo. A sentenza deu a razón á CIG, polo que o persoal PSX, non ten ...
Martes, 14 Xuño 2022
A Administración tráenos un acordo para “negociar” coma se fora algo novo e non existira unha orde de carreira anterior
A proposta de Función Pública constitúe unha fraude dirixida a evitar o cumprimento das sentenzas gañadas pola CIG e que supoñen que todas as persoas empregadas públicas, se cumpren os requisitos, deben ter dereito á carreira profesional.
Despois de que a Xunta perdese todas as demandas que levamos adiante e de que tanto o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza como o ...
Venres, 10 Xuño 2022O pasado 9 de xuño celebrouse o Día internacional dos arquivos e en todo o mundo as institucións arquivísticas celébrano con “días de portas abertas”, conferencias, presentación de libros e multitude de actos de difusión.
Na Xunta de Galiza tamén se fan, como non podía ser de outro xeito, actividades especiais de divulgación sobre todo nos arquivos históricos.
Pero que pasa cos arquivos administrativos? Cos que gardan o patrimonio documental dos últimos 35 anos de Galiza e que coincide ...
Domingo, 05 Xuño 2022O luns 6 de xuño é o cese das persoas que obtiveron posto no concurso de traslados de corpos xerais convocado en novembro de 2019 (tardou dous anos e medio en finalizar). E as tomas de posesión destes compañeiros e compañeiras van a coincidir coa posesión definitiva de quenes estaban en destino provisional.
Como o concurso de traslados xa fora convocado con atraso puido participar quen obtivo destino no concurso anterior. Así que foi enorme a cantidade de compañeiros e compañeiras que ...
Martes, 31 Mai 2022O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sentencia que o persoal de servizos xerais do Consorcio só deberá facer funcións de limpeza con carácter puntual e sempre fóra do horario no que as realice o servizo de limpeza
A CIG leva denunciado ante a autoridade laboral, en numerosas ocasións, ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar por impoñer tarefas ao persoal de servizos xerais que exceden o recollido no DOG sobre as funcións desta categoría. En marzo de 2020, a CIG ...
Luns, 30 Mai 2022Publicada no DOG do 30/05/22 a Oferta de Emprego Público (OEP) extraordinaria de estabilización, sen a identificación das prazas e con falta de concreción dalgúns aspectos fundamentais que quedarán para a súa decisión no momento das convocatorias.
Oferta extraordinaria sen a identificación de prazas nin concreción de aspectos básicos
A falta de identificación das prazas ofertadas fai difícil verificar o cumprimento dos requisitos da Lei/2021 e comprobar si o número de prazas ofertadas ...
Luns, 30 Mai 2022No DOG do 27/05/2022 publican as resolucións polo que se fan públicas as baremacións provisionais de varios procesos selectivos de promoción interna tal e como che indicamos aquí.
No caso do corpo de xestión, subgrupo A2, e do corpo administrativo, subgrupo C1, se advirten moitos erros na baremación do apartado f “Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores”.
Nas bases das convocatorias se establece que este epígrafe terá unha valoración máxima de 1 punto e vemos que ...
Martes, 24 Mai 2022O concurso de traslados previo e simultáneo NON RESTA postos á estabilización e SUMA dereitos
Na CIG vimos de recibir varias comunicacións de traballadoras fixas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Como delas se deducen algunhas interpretacións sobre o tratamento que debe ter dito persoal compre aclarar algúns puntos.
1. Como é normal e xusto, os postos de traballo do Consorcio teñen que ter a opción de ser cubertos en primeiro lugar polo actual persoal laboral fixo. ...
Martes, 24 Mai 2022Como consecuencia das denuncias da CIG que declararon ilegais as encomendas a TRAGSATEC, a consellería de Cultura modifica a RPT para crear prazas de persoal arqueólogo e arquitecto.
Por mor da firmeza da sentenza xudicial do TSXG gañada pola CIG, a Xunta vese obrigada a modificar a RPT da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e crear as prazas como estruturais. Porén unicamente crean 14 prazas das 17 que había en Tragsatec, e iso que as de Tragsatec só ...
Luns, 23 Mai 2022
A CIG-Autonómica celebraba este sábado, día 21 de maio, a súa VIII Asemblea baixo o lema “Emprego e servizos públicos de calidade. Loitando polos dereitos para avanzar” e reelixía a Zeltia Burgos como secretaria nacional. Unha xornada na que se elixiron ademais ás persoas que conforman a Executiva Nacional; a Dirección Nacional da CIG-Autonómica e ás representantes da mesma na Dirección Nacional da CIG-Administración.
Deste xeito, a nova Executiva queda conformada por:
Xoves, 19 Mai 2022Os asuntos que están enriba da mesa son de tanta importancia e para tantos compañeiros e compañeiras, que non vamos aceptar que o despachen nunha xuntanza sen tempo a estudar en serio as cousas.
A Dirección Xeral de Función Pública convocounos a dúas xuntanzas para o venres 20 de maio, nas que se van tratar os criterios e o decreto de oferta derivados da Lei 20/21 (de abuso da temporalidade), tanto para os postos da Administración da Xunta, como para as escalas sanitarias (escalas de ...