Inicio
Xoves, 11 Xuño 2026

Persoal de secretaría dos centros de ensino. Acordo PND xa!

O persoal auxiliar e administrativo dos centros de ensino continúa a sufrir unha situación de infravaloración e abuso organizativo que resulta inadmisíbel. A pesar da percepción errónea de que se trata de “persoal de mesa e ordenador”, a realidade evidencia que non está exento de soportar decisións arbitrarias por parte dalgunhas direccións, que non comprenden —ou non queren comprender— que este colectivo desenvolve funcións profesionais definidas e non está ao servizo persoal nin dos ...


Xoves, 11 Xuño 2026

Modificación da RPT de Medio Rural

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural vén de presentarnos unha modificación da RPT da Consellería de Medio Rural. As propostas que inclúe son:

  • A creación de 15 postos de axentes UDEX (Unidade de Directores/as de extinción), dos cales un sería de axente coordinador/a autonómico e dous postos de axentes coordinadores/as.
  • A inclusión de 6 postos de persoal técnico no Acordo de condicións de traballo do persoal funcionario pertencente aos subgrupos A1 e A2 do Servizo de ...

Venres, 05 Xuño 2026

Corpos xerais: modificación da RPT, datas de elección de destino e tomas de posesión

Na Comisión de Persoal de hoxe, 05/06/2026, o único punto da orde do día foi a modificación da RPT de corpos xerais da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que nace da necesidade de contar con prazas suficientes para dar destino definitivo a todas as persoas de todos os procesos de corpos xerais que están pendentes de que ese acto se realice.

Aínda que non se atenderon a algunhas das nosas demandas, o fundamental, que é o saldo neto de ao redor de 170 prazas de nova ...


Venres, 05 Xuño 2026

A incríbel —pero certa— historia do veterinario-alcalde-conselleiro-delegado territorial...

Había unha vez un veterinario temporal da Xunta da Galiza ao que lle ocorrían unha serie de circunstancias administrativo-laborais sempre favorábeis, que non sabemos a que se debían —pero podemos intuílo— porque:

- No concurso de traslados resolto en 2012 a praza que ocupaba, curiosamente, non foi ofertada. A praza era vacante ocupada por persoal temporal e, polo tanto, era obrigada a súa oferta para ser cuberta polo persoal fixo.

- Na OEP da Xunta da Galiza de 2017 ofertáronse 47 prazas de ...


Xoves, 04 Xuño 2026

Escolas infantís: falta de previsión ou caos a sabendas

Será posible que ninguén pense nas crianzas e nas traballadoras?

O persoal das escolas públicas de cero a tres anos, pendentes de incorporación aos novos postos o 1 de setembro, pregúntase como se van organizar para atender ás familias e ás crianzas no tempo que se establece na Resolución de adxudicacións de prazas que se publicou en marzo (na que se contemplan só tres días sen alumnado).

Pode ser que á Xunta de Galiza non lle importe o máis mínimo o que aconteza porque, ante a falta de ...


Martes, 02 Xuño 2026

Corpos xerais: RPT para as tomas de posesión, as promocións internas e algo máis

Na reunión da mesa sectorial do luns 01/06/2026, se abordaron varias cuestións relativas ás tomas de posesión de corpos xerais.

 

A RPT para incrementar prazas para os actos de elección de destino

En primeiro lugar, o asunto que se levaba á mesa era a RPT de administración xeral, onde se creaban postos para poder realizar as tomas de posesión.

Créanse 341 postos e amortízanse 170 co que o saldo neto é de 172 postos creados. Os postos creados son basicamente postos base, excepto 6 C2 14 que ...


Luns, 01 Xuño 2026

CCOO, UGT E CSIF, contra as persoas da promoción interna do 2020 e 2023

Despois de ter realizado unha masiva concentración o mércores 27, as compañeiras e compañeiros que alí nos concentramos vemos como estes tres sindicatos sacan unha nota botándolle a culpa á CIG, no canto de botarlla á directora xeral, do que pretende facer creando unha incompatibilidade ficticia entre o concurso e as tomas de posesión da promoción interna.

Na Comisión de Persoal deste venres 29/05/2026 a directora insinuou que poderían dar destino á promoción interna do 2023, pero que o ...


Venres, 29 Mai 2026

Inacción da Xunta ante o risco do radón

A CIG esixe transparencia inmediata sobre os resultados das medicións do radón

A CIG denuncia publicamente a gravidade da situación no edificio dos Xulgados das Cigarreiras, na Coruña, dependente da Xunta de Galiza, onde existen sospeitas fundadas de que os niveis de radón poderían ser moi elevados, poñendo en risco a saúde do persoal. As medicións foron feitas con data 10/09/2024, permanecendo os medidores nos edificios durante tres meses e retirados no mes de marzo de 2025. No último ...


Mércores, 27 Mai 2026

Persoal da promoción interna de 2023 da Xunta exixe que se respecte o seu dereito a ter destino definitivo

Concentración en San Caetano ante a falta de solucións e información transparente por parte da Consellaría de Facenda

Centos de compañeiras e compañeiros da promoción interna de 2023 concentrámonos este mércores 27/05/2026 diante do complexo da Xunta de Galiza en San Caetano para exixirlle á directora xeral de Emprego Público e ao conselleiro de Facenda unha solución de urxencia que garanta o dereito a acceder ao destino definitivo “simultaneamente co resto dos outros 8 procesos de corpos ...


Mércores, 27 Mai 2026

A CIG solicitou unha reunión de urxencia co conselleiro de Facenda ante o pasotismo da DXEP respecto ás tomas de posesión

Este luns 18/05/26, a CIG solicitoulle ao conselleiro de Facenda unha xuntanza para dar solución e que nos actos de elección de destino participen todas as promocións que estean nesa situación, sen que ningunha quede relegada a un futuro incerto.

As case 500 persoas funcionarias de corpos xerais que concorreron á promoción interna do ano 2023 en convocatorias derivadas das ofertas de emprego dos anos 2020 e 2021 non van poder acceder ao destino definitivo por unha decisión da directora ...


Mércores, 27 Mai 2026

CIG, CUT e SNEP, convocamos folga o 3 de xuño no sector de Infantil 03 da pública e da privada

As tres organizacións sindicais, CIG (Ensino e Autonómica) - CUT - SNEP, chamamos o próximo mércores 3 de xuño á loita e mobilización dos 3 sectores cun mesmo fin: “Melloras laborais, sociais e salariais: convenios dignos e xustos”, así como baixada das ratios, máis persoal na atención directa, xornadas xustas, máis recursos, mellores instalacións... A CIG, CUT e SNEP, convocamos folga no sector de Infantil 03 da pública e da privada, chamamos a encher as rúas galegas a todo o persoal ...


Acheganos Función Pública o borrador da convocatoria do proceso selectivo para o ingreso nas escala de letrados/a.  Son un total de 6 prazas correspondentes á OPE 2013. Haberá unha primeira reunión xoves, 10 de abril, nas dependencias da Subdirección Xeral da Provisión de Postos e Selección de Persoal.

Segundo información facilitada polo director xeral de Función Pública, detrás do borrador da convocatoria desta escala viría a convocatoria dos proceseos de promoción interna de corpos xerais. Mesmo recentemente confirmou que recibiríamos estes borradores no mes de abril. Xa son moitas as promesas incumpridas, co que contemplamos con cautela estas palabras. Recordamos que estes procesos de promoción interna veñen acumulados da OPE de 2009, 2011 e 2012.