Mércores, 23 Xullo 2025Diante das incoherencias da Administración galega acerca de cal vai ser a titulación que se recoñeza para acceder aos procesos selectivos das categorías de cociña, a CIG solicitou resposta escrita á Dirección Xeral de Función Publica e Administración do Persoal, polo cambio introducido nas recentes convocatorias dirixidas ó persoal das cociñas da Xunta, e especialmente á escala de auxiliar de cociña, subgrupo C2.
Na Lei de emprego público de Galiza, os requisitos de titulación esixidos ...
Mércores, 23 Xullo 2025Pola xestión deficiente da Xerencia do CGSIB qe afecta a máis de 1700 traballadoras e traballadores
INCOMUNICACIÓN E DENEGACIÓN DE DEREITOS
- Falta de comunicación ao persoal traballador, non obtendo resposta por teléfono nin correo electrónico ante cuestións vitais que afectan ao seu día a día laboral e persoal.
- Permisos non xestionados: non contestan coas Resolucións pertinentes, en tempo e forma, aos permisos solicitados polo persoal.
- Ameazas e coaccións: chámase por teléfono ás ...
Martes, 22 Xullo 2025
Sen ningún tipo de negociación, sen achegar nin un só documento que indique en que se modificou substancialmente o traballo das asesorías xurídicas, intervencións e xefaturas de servizo ocupadas polas escalas superior e técnica de finanzas, a suba a través do complemento específico de entre 3.500 € e 6.100 € segue adiante, sen pudor nin rubor. Créase unha pseudocaste… porque eu váloo!
Unha dúbida que nos xorde é esta: está o Goberno en mans destes postos para que defendan os intereses ...
Venres, 18 Xullo 2025
A Consellería de educación escúsase nos procesos selectivos en marcha e no persoal docente para non negociar un Acordo para o Persoal de Administración e Servizos dos centros de ensino, nin a crear unha estrutura profesional nas cociñas.
Na Comisión de Persoal do xoves 17 de xullo de 2025, a CIG volveu a insistir na necesidade de negociar un Acordo de condicións de traballo para todo o persoal non docente dos centros de ensino e dunha estrutura nas súas cociñas co encadramento das ...
Mércores, 16 Xullo 2025
A Xunta está obrigada a entregar á CIG no prazo de dous meses a documentación das comisións de servizo prorrogadas máis aló de dous anos, por unha sentenza firme do Tribunal Supremo que dá a razón ao contencioso presentado pola CIG, e que crea xurisprudencia para todas as administracións de calquera ámbito do estado español
No ano 2019, solicitamos á Xunta que nos facilitase a información sobre as 347 comisións de servizo que daquelas tiñamos detectadas que estaban prorrogadas superando ...
Martes, 15 Xullo 2025A CIG-Autonómica denuncia que a Administración da Xunta do PP tenlle reservado un posto de traballo ao exconselleiro cando non ten dereito a reserva por ser persoal temporal
Alfonso Villares Bermúdez dimitiu como Conselleiro do Mar en xuño de 2025 por unha denuncia de agresión sexual. Deixando a parte a vergoñenta despedida multitudinaria que lle deu o Goberno do Partido Popular despois dunha denuncia tan grave, a bola de neve segue medrando.
O día 9 de xullo publícase o concurso de ...
Venres, 11 Xullo 2025
Con máis de medio ano de atraso, a Xunta quere sacar unha convocatoria extraordinaria dos graos I, II e III da carreira profesional. E no medio do lote queren aprobar ás agachadas, en pleno verán, a carreira ORDINARIA e a AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO que vai traer enormes consecuencias para o persoal ao servizo da Administración Autonómica.
A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal xa nos trasladou as súas intencións de finalizar antes de agosto a negociación de dous ...
Martes, 08 Xullo 2025Tras unha sentenza firme a Dirección Xeral de Emprego Público xa autorizou 3 comisións de servizo na escala de axentes forestais (corpo de auxiliares técnicos da escala C2)
A CIG protesta pola decisión de Emprego Público e solicítalle unha reunión urxente coas consellerías para arranxar a situación anacrónica das RPT, valorando eliminar o C2 nos postos que non están ocupados por axentes forestais e barrar xa os postos ao B.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ...
Xoves, 03 Xullo 2025
Sete meses despois do primeiro borrador, envían para a Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) e Mesa Xeral (MX) de Empregados Públicos do xoves 17 uns novos textos dos graos I, II e III extraordinarios da carreira profesional (carreira administrativa para o persoal funcionario e complemento do desempeño para o persoal laboral). Á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal levoulle sete meses poñer cambios tan radicais como trocar a palabra ...