Inicio
Venres, 23 Mai 2025

Grito de alerta da CIG: as persoas maiores de Taboadela sofren coa “ Política de Recortes” da Xunta de Galiza nas residencias públicas

A neglixencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co apoio da Xunta de Galiza deixa aos maiores do Fogar Residencial de Taboadela nunha situación límite por falta de persoal, queremos lembrar que soamente hai unha persoa na quenda de noites.

O CAPM de Taboadela, de xestión Pública onde a falta de persoal na quenda de noite está a provocar unha grave desatención dos usuarios/as, especialmente dos grandes dependentes.

O Xerente do CGSIB é máis que coñecedor desta ...


Martes, 20 Mai 2025

Trincando no público: non hai dúas sen tres

A Xunta vai licitar a xestión privada da residencia da Coruña (Eirís) da Fundación Amancio Ortega

A CIG esixe a xestión pública directa das residencias de maiores!

A Xunta volve sacar a concurso para as empresas privadas a xestión dos servizos públicos e licita os servizos de atención de outra máis das residencias de maiores das sete doadas pola Fundación Amancio Ortega. A licitación para a residencia de maiores da Coruña, de 150 prazas, ten unha duración inicial do contrato de dous ...


Xoves, 15 Mai 2025

A CIG concéntrase ante a EGAP para pedir a demisión da actual directora

A CIG vén de manifestarse esta quinta-feira contra a situación crítica da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), despois de anos dunha xestión opaca, desgaleguizadora e que ignora as necesidades de actualización permanente de todo o persoal pertencente á Administración Xeral da Xunta de Galiza e entes instrumentais.

A CIG convocou unha mobilización co lema, «POR UNHA EGAP TRANSPARENTE E EN GALEGO», e fíxoo ás portas da conmemoración do Día das Letras Galegas de 2025, pola ...


Martes, 13 Mai 2025

Situación do Teletraballo na nosa Administración: que está a suceder?

O teletraballo é unha modalidade de prestación de servizos que compre manter na nosa Administración, resultado da negociación colectiva na que se acadou o Acordo coa CIG en decembro de 2020. O obxectivo foi substituír ao “teletraballo da Covid” e que tivera a maior vocación de permanencia posible e, deste xeito quedou regulado na Orde do 14 decembro de 2020 pola que se publica o Acordo sobre a prestación de servizos na modalidade de teletraballo na Administración da Comunidade Autónoma de ...


Luns, 12 Mai 2025

Rebaixas nos dereitos de xubilación anticipada do persoal bombeiro forestal

Mediante a modificación do Real Decreto 383/2008 o Goberno pretende reducir os dereitos de xubilación do persoal bombeiro forestal establecendo límites a aplicación dos coeficientes redutores. O proxecto de modificación do Real Decreto 283/2008 pretende rebaixar e escalar os dereitos de xubilación anticipada incluídos na Lei 5/2024, do 8 de novembro, básica de bombeiros forestais. Nesta lei igualábanse os dereitos de xubilación de bombeiros forestais co do resto de bombeiros cuns ...


Luns, 12 Mai 2025

A silandeira homenaxe da EGAP ás cantareiras polo 17M

Un ano despois da inadmisíbel eliminación de tódolos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, a dirección da EGAP segue na súa liña de tentar acalar a lingua e cultura galegas, malia a que, precisamente, un dos motivos da existencia da Escola é a normalización e difusión do galego na Administración pública.

Unha mostra máis de que as persoas responsábeis da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) están a rexeitar a lingua e cultura galegas, incumprindo os fins do organismo ...


Luns, 12 Mai 2025

Diñeiro para letrados/as e control político do IGE

A Presidencia da Xunta consumou un incremento retributivo para o seu persoal da escala de letrados/as e un cambio na estrutura para un mellor control político do Instituto Galego de Estatística. Estas medidas foron aprobadas na Comisión de Persoal do xoves 8 de maio de 2025, co voto en contra de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto favorable de CSIF.

Letrados/as

Non cuestionamos que o persoal funcionario da escala de Letrados/as da Presidencia da Xunta, teñan unha alta carga de traballo ...


Venres, 09 Mai 2025

«Por unha EGAP transparente e en Galego». Mobilízate o 15 de maio diante da EGAP!

Compañeira/Compañeiro:

O vindeiro xoves 15 de Maio imos facer unha CONCENTRACIÓN diante do edificio da EGAP en Fontiñas, Compostela.

Co lema «Por unha EGAP transparente e en Galego» esiximos a demisión da directora que, dende que entrou no posto, está a desmontar, literalmente, a institución. Á xa opacidade endémica uniuse o peche da biblioteca, a privatización de cursos, a dedocracia co profesorado, a falla de valoración das enquisas que realiza o alumnado, a baixada da calidade, a ...


Sábado, 03 Mai 2025

A CIG toma as rúas o 1º de Maio para reivindicar traballo, dereitos e soberanía

Milleiros de persoas participaron nas 17 mobilizacións convocadas no Día Internacional da Clase Obreira ao berro de «Galiza contra as guerras!», sendo as principais coordenadas a denuncia e a loita contra as guerras imperialistas e a militarización da sociedade, contra a UE do capital e da extrema dereita e pola defensa dos servizos públicos, dos dereitos laborais e dun proxecto soberano para Galiza.

 92hL-6SE6PM 

A CIG tomou as rúas do país un ano máis na xornada do 1º de Maio, Día ...


Mércores, 30 Abril 2025

Que pasa co permiso parental de 8 semanas?

A Administración da Xunta que segundo o PP "defende as familias", segue sen normalizar o permiso parental de 8 semanas, nin o retribúe nin o concede a todo o persoal que ten dereito.

O permiso parental de 8 semanas para o coidado de fillos e fillas menores de 8 anos foi introducido en xuño do 2023 no Estatuto Básico da Persoa Empregada Pública ante a obriga marcada pola Directiva (UE) 2019/1158.

Se ben polo de agora non é un permiso de ampla solicitude na nosa Administración, está claro ...


Venres, 25 Abril 2025

A Xunta pretende que o persoal de enfermería realice valoracións de Dependencia

Ao longo do día de onte recibimos información de compañeiras das residencias de maiores, rede pública da Xunta de Galiza,  que referían a que nunha das “reunións obrigatorias” que teñen coa dirección, esta lle comunicou ao persoal de enfermería que acababan de recibir unha “información de arriba” conforme a partir de agora debían de facer elas as valoracións de dependencia dos ingresos de emerxencia social que cheguen ao centro sen valorar. No día de hoxe, venres 25 de abril estase a ...


A Presidencia da Xunta achéganos unha proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) dous seus órganos superiores (Secretaría Xeral de Emigración, Deportes e Medios), coa indicación de que presentemos alegacións escritas ata o día 27 de xuño. Como por experiencia sabemos do valor que para este goberno ten a nosa opinión e as nosas horas de adicación, sirva esta nota pública como escrito de alegacións.

A modificación da RPT está afectada, a grandes liñas, pola redución orzamentaria e adaptación á estrutura, pero dende a óptica de cortar por abaixo e reforzar por arriba. Así, a proposta crea un novo posto de subdirector xeral (nivel 30) e conseguinte secretario/a (nivel 16), ao tempo que elimina 19 postos, entre os que encontramos 4 subalternos/as, 4 auxiliares administrativos, 3 limpadores/as, ..

É certo que a creación da subdirección ven dada pola estrutura, pero tamén é certo que a estrutura a deciden eles e a poden modificar cando quixer. Tamén é certo que a necesidade de destruir emprego público é consecuencia das restricións orzamentarias, pero estas restricións e a política de austeridade son decisións dos gobernos de Feijoo e Rajoy. En consecuencia, a postura da CIG é rexeitar a creación da subdirección xeral e tamén a destrución de emprego público.

Outros aspectos que queremos modificar son:

  • Non estamos conformes con que todos os postos de xefatura de servizo sexan de libre designación. Demandamos do goberno a volta á situación previa á chegada de Feijoo, e que estes postos pasen a ser de concurso de traslados.

 

  • Rexeitamos que a forma de provisión da xefatura de sección de apoio técnico e habilitación sexa de libre designación.

 

  • Rexeitamos que manteñan numerosos postos, básicamente de libre designación, abertos a outras administracións, mentres non exista un acordo de reciprocidade. Incluímos nesta restrición a apertura a docentes sen reciprocidade.

 

  • Queremos que os postos que teñen xornada partida reciban un complemento específico superior.

 

  • Rexeitamos que para algúns postos prime como mérito ter experiencia en determinados asuntos. Inclusive hai un ao que se puntúa a "experiencia en informática" algo que non sabemos que quere dicir. Estas experiencias deberían ser substituidas por formación, e así que a EGAP deixe de organizar cursos que debería financiar a FAES e se convirta nunha auténtica Escola de Administración Pública.

 

  • Hai varios postos para persoal funcionario de administración especial (as xefaturas de servizo de deporte das catro provincias). Entendemos a súa existencia cando son necesarios, pero non podemos aceptar que non se requira unha especialidade concreta, pois se tanto lles valen uns como outros, entón xa perde razón de ser que sexan de administración especial.

NOTA: Convocannos a unha xuntanza para tratar este tema o mércores, 3 de xullo, ás 12:30h.