Inicio
Xoves, 28 Agosto 2025

Rueda, o máximo responsábel político da prevención e extinción de incendios na Galiza, debe cesar a conselleira de Medio Rural

Manter á conselleira e a unha cúpula de altos cargos incompetentes en Medio Rural faino máis cómplice do desastre

A traxedia dos lumes que está a padecer Galiza é en grande medida froito das políticas de prevención e extinción dos lumes do PP que a converteu nun polvorín. A CIG leva anos advertindo das carencias na prevención e na nefasta xestión da extinción que pon a sociedade e ao persoal de extinción en risco.

O persoal do Servizo de Incendios de Galiza está a facer máis do que a ...


Venres, 22 Agosto 2025

Máis de 45.000 persoas bótanse á rúa en toda Galiza contra a política forestal do PP e en solidariedade coas persoas afectadas pola vaga de lumes e co persoal do dispositivo de incendios

A CIG reclama medidas inmediatas para recuperar os bens e paliar as consecuencias, e un servizo público único, de xestión directa e dependente da Xunta de Galiza, para traballar na prevención e respostar ás multiemerxencias do medio natural e rural durante  todo o ano.

Un total de 29 localidades de todo o país acolleron o 21 de agosto mobilizacións multitudinarias convocadas pola plataforma "Por un monte galego con futuro" para rexeitar a política forestal do PP, que queima os nosos ...


Mércores, 20 Agosto 2025

‘Por un Monte Galego con Futuro’ convoca protestas contra a política forestal do PP “que queima os montes e as casas”

A CIG fai un chamamento a participar nas 26 concentracións que terán lugar en cidades e vilas de todo o país este xoves 21 a partir das 20:00h

A plataforma ‘Por un monte Galego con Futuro’ convoca mobilizacións para denunciar que a actual vaga de incendios que está a padecer Galiza é consecuencia directa da política forestal do PP, unha política forestal que, tal e como recolle o lema escollido para as protestas, “queima os nosos montes e as nosas casas”. A CIG, que fai parte da ...


Martes, 19 Agosto 2025

A CIG critica a caótica xestión do Goberno galego en materia de persoal de incendios

Alertamos de que se están a facer chamamentos en plena vaga de lumes sen tempo para formar en prevención.

Dende a CIG-Autonómica denuncia a caótica xestión da Xunta de Galiza en materia de persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF), até o punto de que a día de hoxe aínda non se coñecen nin as vacantes que están por cubrir.

Temos datos de chamamentos en referencia ao aviso das coberturas que se van realizar, pero non sabemos cal é o criterio de cobertura, ...


Xoves, 14 Agosto 2025

A CIG e os outros sindicatos esiximos solucións aos problemas das gardas e seguridade dos axentes ambientais de Patrimonio Natural

E solicitamos ter unha reunión, en canto remate a vaga de lumes, coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

No día de onte, 13 de agosto de 2025, enviouse comunicación aos axentes ambientais do Servizo de Patrimonio Natural das catro provincias galegas de que acudiran a apoiar nos incendios forestais. Esta comunicación foi feita principalmente por wassapp e por emisora, sen facer referencia a ningunha instrución ou indicación de actuación ou seguridade.

O persoal da provincia ...


Xoves, 14 Agosto 2025

Arde Galiza e evidéncianse os problemas na xestión do servizo de incendios: accidentes e graves situacións de risco

Aínda non chegamos a segunda quincena de agosto e as previsións cúmprense antes de tempo. Estamos tendo unha campaña de verán de lumes durísima, altamente perigosa e con milleiros de hectáreas queimadas. Máis os expertos anuncian que o peor virá nas próximas xornadas con Grandes Incendios Forestais (GIF) e condicións de alto risco para a cidadanía e para as bombeiras e bombeiros, axentes forestais e o resto do persoal que traballa na primeira liña do lume. Nestes días xa estamos a sufrir ...


Martes, 05 Agosto 2025

A traxedia de O Porriño pon o foco na Xunta para garantir a seguridade das traballadoras/os e usuarias/os

Melloras necesarias nas residencias da Xunta, garantindo a seguridade do persoal traballador e das persoas usuarias.A tráxica morte de Teresa de Jesús González, profesional do Servizo de Atención no Fogar (SAF), non só puxo de manifesto a necesidade urxente de abordar o acoso laboral, senón que tamén fixo saltar as alarmas sobre a seguridade nas residencias da Xunta de Galiza.

O suceso subliña unha preocupación fundamental xa presente entre as e os profesionais do sector: a problemática de ...


Luns, 04 Agosto 2025

Directora da EGAP no Consello Reitor: que fastío!

Como un cura que sermona á freguesía durante unha hora, así actúa a directora da EGAP nos consellos reitores. E como un cura iracundo coas ovellas descarriladas, deste xeito se comporta a directora coa representante da CIG por non darlle xabón e levármoslle a contraria.

O mércores 30 de xullo tivo lugar unha xuntanza do órgano de goberno da EGAP, o Consello Reitor. Que fastío, que mallada nos deu a directora do ente. Que paciencia ten o conselleiro de Facenda, varias directoras e ...


Xoves, 31 Xullo 2025

Privatización do servizo de vixilancia de explotación de estradas

O pasado 10 de xuño, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publicou na páxina de Contratos Públicos de Galiza a documentación relativa á contratación da conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas dependentes da Xunta de Galicia. Nos pregos desta licitación figuran os requisitos e tipo de persoal con dedicación exclusiva que deben contratar as empresas adxudicatarias do contrato.

A vixilancia de conservación xa ven sendo realizada dende fai anos polas empresas ...


Mércores, 30 Xullo 2025

A CIG pide a retirada da denominación sexista «Valedor do Pobo» da fachada do edificio da institución

A entidade está a negociar cos sindicatos o seu I Plan de Igualdade, que chega 18 anos tarde ―contando con que a súa aprobación sexa en 2025

A pesar de que dispoñemos cada vez de máis lexislación no eido da igualdade, o seu incumprimento é sistemático por parte das administracións, sen que teña consecuencias que as disuadan do contrario.

A lexislación obriga ás administracións públicas a dotarse de plans de igualdade dende o ano 2007, sen importar o número de persoas traballadoras que ...


Luns, 28 Xullo 2025

Caos nas probas visuais da Consellería do Medio Rural

Tras dous anos agardando pola creación das listas de escalas de persoal funcionario do Servizo de Prevención e Incendios Forestais (SPIF), fixeron unha apertura extraordinaria destas listas en xaneiro, seica pola urxencia, pero as probas non as fixeron ata a semana pasada, en plena campaña de alto risco.

Na proba visual, realizada na EGAP o 23 de xullo, houbo unha descoordinación tal que provocou atrasos nas mesmas de ata tres horas e media, e incluso que aspirantes marcharan sen ter ...


Na xuntanza do día 1 de marzo, Educación segue nas súas trece sen apenas movementos. O destacable é que conseguimos que non amorticen 8 prazas ocupadas por persoal interino en centros de ensino:

  • Dúas delas quedan consolidadas, a do CPI de Catoira porque as necesidades dun centro con catro edificios fai que sexa necesario o posto de subalterno, e a do IES Xesús Taboada Chivite de Verín, porque en vez de amortizar o posto inicial amortizan o outro posto dunha persoa que se vai xubilar.
  • En relación ás outra 6 prazas non se van amortizar nesta RPT quedando pendentes de como evolúe a situación e se plantexaran se non hai cambios amortizalas na seguinte RPT.

Creanse dous postos novos, no CEIP Castrillón de Coiro (Cangas) e no CEIP Humberto Juanes de Nigrán, que inicialmente ía cubrirse trasladando o posto dende o IES Escolas Proval.

Polo demais só admiten os cambios voluntarios dentro da mesma localidade, como por exemplo que a praza do IES R.O do Uruguai de Vigo pase para o CEIP García Barbón, en vez de para o de Frián-Teis.

Seguen sen admitir un plan plurianual para a creación de postos de Administración Xeral en todos os centros docentes e tampouco admiten que sexan todas de nova creación en vez de realizar traslados. Plantexamos tamén que a problemática dos centros excede dunha simple RPT e que hai que abordar a cuestión das funcións, cousa que Educación non quere. O mesmo sucede coa revisión de ratios e criterios para a dotación de persoal dos centros.

En definitiva que a pesares de haber algún avance positivo, Educación segue enquistada no inmobilismo.