Aquí van as fotos da Comisión de Persoal onde os lacaios de Méndez Romeu aproban o despido de máis de 55 traballadores:
Despois de terllo solicitado, a Xunta segue sen aportarnos o dato clave que falta: o número de prazas vacantes que se xeraron na fase de resultas do concurso.
Na última mesa anunciaron que nos convocarían para dar unha explicación técnica sobre como van ordenar os procesos para evitar o problema de que puidesen quedar sen prazas para algúns corpos, pero polo de agora nin nos chamaron nin nos facilitaron os datos.
Cos datos aos que podemos acceder EXISTE un problema evidente: hai 395 persoas ...

A central nacionalista chama a converter o Día Internacional da Clase Traballadora nunha xornada de loita.
A CIG convoca 20 mobilizacións noutras tantas localidades neste 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, baixo o lema «Contra o imperialismo, paz e soberanía. Na Galiza, traballo digno e dereitos». A central nacionalista fai un chamado a converter este día nunha xornada de loita e mobilización para avanzar en dereitos, exixir dos gobernos políticas alternativas e da ...
Dende hai anos, a CIG sempre se posicionou a favor de todo tipo de accións e mobilizacións para conseguir melloras nas condicións laborais do persoal que traballa nas escolas infantís e tamén, consecuentemente, pola calidade do servizo público que se presta.
Nos últimos tempos, e por mor da deriva privatizadora do Partido Popular, estase a tratar de igualar á baixa as condicións de traballo e de prestación do servizo dos centros de xestión pública co resto dos centros nos que prima é o ...
Os sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UGT, presentamos o 23 de abril un escrito conxunto no que solicitamos a convocatoria dunha mesa de negociación sobre o persoal da escala de vixilancia de estradas.
O obxectivo é establecer medidas que garantan a correcta identificación do persoal empregado público desta escala, así como a dos medios de locomoción que utilizan no desenvolvemento das súas funcións, e diferenciar claramente a este persoal con respecto ao das concesionarias privadas dedicadas á ...
A CIG-Autonómica pon á túa disposición o video da asemblea telemática do pasado 16 de abril de 2026 por un Acordo de condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e pola profesionalización das escalas de cociña.
A asemblea foi telemática, transmitida en directo por YouTube. Ten unha duración de unha hora e 31 minutos. Durante o seu desenvolvemento, os compañeiros e compañeiras puideron interactuar connosco a través de chat.
A CIG insiste na ...
Desde a CIG temos o orgullo de anunciar unha nova vitoria xudicial que pon fin a unha discriminación que viña sufrindo o persoal laboral fixo, indefinido e descontinuo da Xunta de Galiza
A CIG foi o único sindicato que tomou a iniciativa de presentar un conflito colectivo contra a Xunta para denunciar que a Administración non estaba recoñecendo correctamente o valor dos nosos trienios.
A Xunta de Galicia, ata o de agora, aplicaba un criterio de prorrata temporis. Isto significaba que, aínda ...
Resolución do Tribunal Supremo sobre os recursos do proceso de estabilización
O Tribunal Supremo (TS) vén de comunicar o rexeitamento a trámite, por razóns formais sen entrar no fondo, dos recursos presentados tanto pola CIG como pola Xunta de Galiza en relación cos procesos de estabilización do persoal laboral do SPIF. Esta decisión ten como consecuencia inmediata que a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en novembro de 2024 adquire carácter de firme.
A ...
As persoas que aprobaron o proceso selectivo da escala de axentes técnicos en xestión ambiental, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Resolución do 16 de novembro de 2023, publicada no DOG núm. 221 do martes 21 de novembro do 2023), seguen sen coñecer en que data van tomar posesión dos seus postos.
Como é lóxico e normal, estas persoas teñen familia, e probablemente moitas delas vaian ter incluso ...

Mentres a guerra en Oriente Medio e a tensión no estreito de Ormuz agravan a crise enerxética e a carestía da vida, a Xunta segue sen adoptar medidas que reduzan os desprazamentos do seu persoal. Reclamamos actuacións inmediatas para reducir custos económicos, desprazamentos e consumo enerxético
A escalada da crise enerxética e da carestía da vida, agravada pola guerra en Oriente Medio e a tensión no estreito de Ormuz, está a ter un impacto directo nos custos da enerxía e dos ...
A CIG, hai xa dez anos, que logramos a protección das traballadoras embarazadas das escolas infantís do Consorcio, fronte o risco biolóxico no embarazo, tras unha sentenza dun xulgado do social de Vigo, ratificada polo TSXG.
Non foi doada a aplicación plena da sentenza e a implementación dun protocolo que protexera as traballadoras embarazadas dende o momento que comunicaban a situación de embarazo. Despois de inxentes xestións e denuncias ante a autoridade laboral conseguiuse que se fixera ...
O SAEG, un servizo esencial do que depende a saúde da poboación galega ven desenvolvendo a súa actividade nunhas condicións laborais inasumíbeis para o persoal
O persoal funcionario do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas de Galiza -incluíndo aos Servizos de Vixilancia Epidemiolóxica dos Departamentos Territoriais de Sanidade e do Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades (CEGACE)-, garante a atención continuada das alertas de saúde pública as 24 horas do día, todos os días ...
Aquí van as fotos da Comisión de Persoal onde os lacaios de Méndez Romeu aproban o despido de máis de 55 traballadores: