Inicio
Mércores, 18 Xuño 2025

Mobilízate pola profesionalización das cociñas da Xunta e os dereitos do persoal non docente

Fartas xa desta Adminstración Pública que mingunea ao persoal que traballa nas cociñas de xestión da Xunta de Galiza e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á movilización que terá lugar o vindeiro día luns 30 de xuño ás 11 horas que partirá dende diante da Consellaría de Educación nos edificios administrativos de San Caetano, rúa Otero Pedraio, Compostela. 

  • Pola negociación dun Acordo de condicións de traballo, que recupere e mellore os ...

Mércores, 18 Xuño 2025

A CIG solicita ao Consello de Contas que fiscalice a EGAP

A CIG continúa coas súas actuacións encadradas na campaña «POR UNHA EGAP TRANSPARENTE E EN GALEGO», pola que denuncia a situación crítica da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), despois de anos dunha xestión opaca, desgaleguizadora e que ignora as necesidades de actualización permanente de todo o persoal pertencente á Administración Xeral da Xunta de Galiza e entes instrumentais.

O sindicato CIG, na súa condición de organización máis representativa das persoas traballadoras do ...


Luns, 16 Xuño 2025

Modificación da RPT de Emprego

Antes de comezar queremos salientar que gran parte dos males e agravios que se derivan desta modificación da RPT son froito dunha xestión nefasta por parte da consellería e da DXEP, que tal e como se lles indicou NON TIÑAN QUE TER RETIRADO OS POSTOS DO CONCURSO DE TRASLADOS.

Lembramos que se lles fixo notar que en último caso se podía prorrogar en 15 días o prazo para a elección de postos do concurso (despois de ter esperado un ano), e se non daba tempo, os postos poderían figurar no ...


Luns, 16 Xuño 2025

É a Xunta de Galiza un espazo seguro para as mulleres?

Despois da denuncia por presunta agresión sexual do conselleiro Alfonso Villares, descubrimos varias cousas.    

A primeira é que o seu homónimo, Alfonso Rueda, sabía dende hai meses da existencia da denuncia sobre o seu home de confianza.

A segunda, que o presidente de todas as galegas prefire darlle unha aperta a un presunto agresor (os tribunais determinarán se o é ou non) á vista de todo o mundo, antes que solidarizarse, aínda que fose dun xeito xeral, coas vítimas de agresión ...


Venres, 13 Xuño 2025

A CIG mobilizarase se o persoal fixo procedente do Consorcio queda fóra do concurso de traslados das escalas sociais

A CIG ESIXE QUE EMPREGO PÚBLICO RECÚE E QUE O PERSOAL FIXO DO CONSORCIO POIDA PARTICIPAR NO CONCURSO DE TRASLADOS DAS ESCALAS SOCIAIS 

A uns días de celebrarse a funcionarización do personal laboral fixo procedente do Consorcio, o vindeiro 5 de xullo, a Dirección Xeral de Emprego Público rompe os compromisos acadados e decide deixar fóra do Concurso das escalas sociais a todo o persoal Consorcio. 

Iso si, despois de poñer os postos que veñen do Consorcio á disposición de quen queira ...


Venres, 13 Xuño 2025

SOS Cociñas: non á rebaixa profesional

Boletín especial sobre a rebaixa profesional do persoal que traballa nas cociñas e dos dereitos laborais do Persoal de Administración e Servizos.

  • Cociñas escolares sen persoal titulado, profesionais rebaixados
  • A rebaixa profesional é produto dunha funcionarización chapuza e con equivalencias "á baixa".
  • Pode unha persoa sen titulación técnica facerse cargo dunha cociña?
  • Como deberan estar creadas as escalas de cociña?
  • As Agrupacións Profesionais, o grupo máis numeroso dos centros ...

Xoves, 12 Xuño 2025

Horario de verán 2025: as mesmas eivas de sempre

Función Pública publicou a seguinte nota sobre o horario de verán do 2025:

HORARIO DE VERÁN 2025

Horario oficial:Do 16 de xuño ata o 15 de setembro deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do cumprimento da xornada laboral será en cómputo diario.

Horario flexibilidade automática:Do 16 de xuño ata o 15 de setembro, deberán realizarse 6 horas diarias continuadas de traballo entre as 8:00 e as 15:00 horas. O cálculo do cumprimento ...


Venres, 06 Xuño 2025

O noxo da creación de supercastes na Administración: Escala de Finanzas e Letradas|os

Suba salarial de 6000 € na Consellaría de Facenda e na Atriga nas prazas do nivel 28 e nivel 30. E o resto de persoal... que???

A CIG foi convocada a unha xuntanza coa Consellería de Facenda e Administración Pública o 4 de xuño de 2025 para tratar as modificacións das relacións de postos de traballo (RPTs) da propia Consellaría e da Axencia Tributaria de Galiza (Atriga).

A modificación de RPT que nos presentan, por unha banda, é para a adaptar a Consellaría de Facenda ao Decreto 141/2024 ...


Xoves, 05 Xuño 2025

Endogamia e enchufismo na Xunta de Galiza para cubrir máis de 800 postos da Administración Autonómica

O martes 3 de xuño quedou aprobada na Comisión de Persoal o modelo de bases para a cobertura dos postos mediante concursos específicos, unha forma de provisión de postos pensado nalgunhas xefaturas de seccións, direccións de centros e sobre todo xefaturas de servizo, que non sexan nin de concurso ordinario nin de libre designación.

Trátase 861 prazas que van dende o nivel 20 ata o 28, ocupadas en comisión de servizos moitas delas dende hai máis de 10 anos (dende que a Lei do emprego ...


Mércores, 04 Xuño 2025

Destinos das prazas do persoal subalterno para persoas con discapacidade intelectual

Ante a inquietude que esta situación está suscitando nestas compañeiras/os, na Comisión de Persoal, celebrada onte día 03/06, a directora da Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) contesta aos requerimentos da CIG que “a elección de destinos destas persoas faise individualizada, polo que non ven problema, pois non compiten. Di que a estas persoas ofrécenlles un posto na súa localidade e outras dúas localidades ás que se poderían desprazar. Informan que lle solicitaron ás asociacións que ...


Mércores, 04 Xuño 2025

Galegofobia na Xunta: Persoal denegoulle o permiso para acudir aos actos das Letras Galegas a unha traballadora

A denegación totalmente inxustificada para a participación nos actos das Letras Galegas 2025 ten lugar tras a eliminación das conmemoracións do Día das Letras Galegas en 2024 na EGAP e a campaña da CIG “Por unha EGAP transparente e en galego”, dada a deriva de galegofobia e de incuprimento da normativa lingüística na Administración da Xunta

Un Servizo de Persoal da Consellaría de Política Social denegoulle a unha persoa traballadora dos equipos de valoración e orientación (EVO) dunha ...


Concurso de traslados, OPE 2005, cambio de categoría, concurso permanente; afectados ou anulados pola demanda de CCOO á que se sumou o CSIF.

A sentenza impulsada por CCOO é un ataque frontal aos dereitos dos/as traballadores/as, buscando torpedear o V Convenio e practicando unha política sindical de terra queimada. Descarga o boletín especial "o laboral".