Inicio
Xoves, 26 Setembro 2024

Deficiencias graves na base aérea de San Xoán de Río

O pasado 31 de xullo a Consellería de Medio Rural inaugurou con todos os honores a remodelación da base helitransportable de San Xoan de Río. No acto participaron a Conselleira de Medio Rural, o DX de Defensa do Monte ademáis de todas as autoridades pertinentes.

Segundo os datos publicados pola Consellería de Medio Rural a inversión ascendeu a case 1.200.000€, unha cantidade nada despreciable para unhas instalacións que, nun principio, soamente van estar operativas durante tres meses ao ...


Martes, 24 Setembro 2024

Eficiencia do gasto público e parque móbil da Xunta de Rueda: polos opostos

O parque de automóbiles da Subdirección Xeral de Coordinación de Servizos Transversais (Consellaría da Presidencia, Xustiza e Deportes) conta, polos datos que manexamos, con arredor de 65 vehículos que en parte non se usan, e con tres automóbiles directamente alugados polos conselleiros vía renting; mentres que os coches empregados a diario son desaxeitados para o uso para o que están destinados, teñen un alto consumo de combustíbel e escasa autonomía (son coches apropiados para facer uns ...


Xoves, 19 Setembro 2024

A CIG levara á Inspección de Traballo a quen Fabiola García identifique como ordenante da retirada de cartaces en San Caetano

A denuncia da CIG de NON cobertura dunha axudante de cociña na Escola Infantil de Vite, mobilizou a diverso persoal de confianza do Gabinete da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, que procederon a retirar os cartaces de denuncia colocados por membros da CIG nos taboleiros de anuncios de San Caetano. Tamén o retiraron de mobiliario que se utiliza habitualmente para dar a coñecer as demandas sindicais, e que ata o día de hoxe nunca pasara tal cousa, de que persoal de ...


Mércores, 11 Setembro 2024

Eloína, a curmá de Feijoo, enchufada ás agachadas sen nomeala por libre designación

Utilizan en fraude de lei a figura da comisión de servizos, que a lei establece como excepcional, para que non tivera publicidade a través do DOG.

Cando se soubo que Eloína Núñez pasou a desempeñar o posto de subdirectora xeral houbo quen pensou que o seu nomeamento se publicaría no DOG despois de convocar o posto polo procedemento de libre designación.

Pero isto implicaría darlle publicidade ao proceso, a concorrencia de máis persoas funcionarias e que cando se resolvera saíra á luz que ...


Mércores, 11 Setembro 2024

A Xunta provoca o descontento entre o persoal coidador

O modelo de funcionarización aprobado pola Xunta ven de provocar unha vez máis situacións de agravio, inxustiza e malestar.

Realizar unha funcionarización dunha categoría (creando unha escala de persoal funcionario) e os postos da mesma SEN FUNCIONARIZAR AO PERSOAL da lugar a que o persoal laboral fixo quede relegado ao perder dereitos de mobilidade.

Isto vese agravado aínda máis no caso das persoas que aprobaron a ultima oposición de acceso libre aos que se lles ofrecen tan só os mesmos ...


Venres, 30 Agosto 2024

Un novo atraso no cobro da nocturnidade do persoal do SPIF

No día de onte, 29/08/2024, constatamos que todo o persoal do SPIF da provincia de Pontevedra e algún persoal doutras provincias non cobrara a nocturnidade correspondente ao segundo trimestre do ano 2024.

Ante esta situación, e tendo en conta que o persoal do distrito XVI e do CCP de Pontevedra xa non cobrara o primeiro trimestre, enviamos unha solicitude dirixida á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural para que emendaran esta situación de xeito inmediato. Segundo comentan ...


Martes, 13 Agosto 2024

SOS nas residencias: urxe persoal!

Situación crítica nas  de maiores da Xunta pola falta de persoal e a necesidade urxente de adoptar medidas.

Cada vez é mais grave residenciasa situación que atravesan as residencias de maiores xestionadas pola Administración xeral da Xunta de Galiza debido á escaseza de persoal e, en particular, á falta de substitutas e substitutos. Como é de sobra coñecido, as condicións laborais no sector sociosanitario e, máis concretamente, nas residencias, distan moito de ser óptimas. A falta de ...


Mércores, 07 Agosto 2024

Cambio das datas de exames e desculpas absurdas: cando a palabra da directora xeral vale CERO

Antes do verán tivemos novas sobre o aprazamento dos procesos de promoción interna e de libre, que nos obrigaron a esixirlle á directora xeral en varias ocasións aclaracións.

Despois de eludir o tema varias veces, respondeunos finalmente o 21 de xuño nunha comisión de persoal que “...se comprometían a poñer os medios necesarios para que se puidera cumprir o calendario anunciado.” Esta parecía a resposta correcta para non contradecir ao Presidente da Xunta que nunha nota de prensa anunciou ...


Luns, 05 Agosto 2024

A Xunta fomenta o modelo público-privado nas residencias e centros de día

O investimento en residencias e centros de día: unha porta aberta a privatizar o coidado dos nosos maiores

Nos derradeiros anos estamos a ser testemuñas dun crecente interese por parte da Administración Pública en fomentar a inversión pública na construción de centros de maiores para posteriormente ceder a súa xestión a empresas privadas “amigas”; obtendo estas unha serie de beneficios como poden ser fundamentalmente os económicos; non asumindo os custos iniciais (infraestruturas), o que ...


Venres, 02 Agosto 2024

Funcionarización: CCOO e UGT condenan ao persoal laboral fixo a perdas retributivas de ata 3.000 € anuais

Na Comisión de Persoal do venres 2 de agosto CCOO e UGT votaron a favor dunha RPT de funcionarización que supón perdas retributivas de ata 3.000 € nalgunhas categorías laborais

O persoal laboral fixo da categoría 009 do grupo V, vixiantes de recursos naturais, de acordo coas sentenzas firmes, percibe as súas retribucións do grupo IV ao probarse que desenvolven as mesmas tarefas que os gardas xuramentados fluviais, categoría 007 do grupo IV, polo que, mentras sigan desenvolvendo as mesmas ...


Xoves, 01 Agosto 2024

Ampliación do tempo de traballo do persoal descontinuo do SPIF (Comité Intercentros 1/8/24)

O xoves 1 de agosto, por fin, e despois da promesa do presidente Rueda antes das últimas eleccións, parece que arranca na práctica a ampliación do tempo de traballo do persoal descontinuo do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), que pasaría de 6 a 9 meses.

Así pois, segundo se nos informou na xuntanza co Comité Intercentros deste mesmo día, o persoal descontinuo do SPIF pasará a traballar 7 meses durante o ano 2024, 8 meses no ano 2025 e 9 meses a partir do ano 2026 ...


Despois de oito anos de crise económica e dos efectos das reforma laborais e sociais, que dende o 2010 se nos están a impor, primeiro co Goberno do PSOE, e desde o 2012, co Goberno do PP, vai en aumento o retroceso das nosas condicións de vida e dos nosos dereitos laborais e sociais.

A precariedade e a pobreza laboral, o medre das contratacións a xornada parcial, dos contratos que duran horas, días ou como máximo unha semana, a caída dos salarios, o aumento dos e das traballadoras con ingresos inferiores ao SMI, ou quen estando no paro non percibe ningunha prestación por desemprego, é unha realidade que vai camiño de ser estrutural.

Na negociación colectiva, consolídase un novo marco que descaradamente favorece ao capital, individualizando as relación laborais, materializando o ataque aos nosos dereitos a través da reforma laboral e da centralización da negociación colectiva, coa imposición de convenios estatais fronte aos provinciais e de ámbito galego.

Corremos o perigo da consolidación dunha situación social sen saída, dun empobrecemento xeneralizado e do asentamento, de forma permanente, das novas formas de explotación laboral, das cadeas interminábeis de subcontratación, dos falsos autónomos, de empresas multiservizos, xunto cunha interminábel emigración que, desde o comezo da crise, significou a marcha da Galiza de 153.000 mozos e mozas.

A submisión da Xunta de Galiza

Ás negativas consecuencias de todo isto, súmanselle as actuacións servís e submisas do Goberno de Feixoo ás políticas neoliberais emanadas da Unión Europea e de Madrid. Fronte á grave destrución dos nosos sectores produtivos básicos, o desmantelamento industrial, o espolio que sufrimos da nosa enerxía, do noso aforro, das nosas materias primas e do noso excedente económico; a única preocupación do Goberno da Xunta é facilitar a aplicación de leis, como a Lei de Depredación (Lei de Fomento Empresarial), que condenan a Galiza a non poder utilizar os nosos recursos para o noso desenvolvemento industrial e para a creación de emprego digno.

As pensións, no punto de mira

A escalada de ataques aos dereitos laborais e aos dereitos sociais, ten tamén posto o punto de mira no sistema público de pensións, promovendo de forma constante escenarios apocalípticos e catastrofistas sobre o futuro das pensións públicas, coa intención clara de implantar un sistema de pensións privados.

As últimas reformas ao sistema -tanto a do 2011 (pactada polo Goberno do PSOE co UGT, CCOO e a patronal), como a do 2013 (co goberno do PP)-, amplían a idade de xubilación e o número de anos para calcular a base reguladora, ao tempo que introducen factores, como o chamado de factor de sustentabilidade (que empezaría a aplicarse a inicios do ano 2019), que afondan nas dificultades para acceder a unha pensión pública e no empobrecemento das mesmas.

Persecución da contestación social

O recorte de liberdades e o retroceso democrático, coa chamada Lei Morzada e o Código Penal, pretende criminalizar e reprimir a nosa resposta ante esta situación. A utilización de todos os poderes do Estado para esta fin, leva a situacións propias do franquismo, como as duras condenas con pena de prisión de traballadores e traballadoras por defender os dereitos da clase traballadora, ou mesmo a existencia de presos políticos, por defender os dereitos nacionais dos pobos que integran o Estado español.

Resulta escandaloso, como o Goberno do PP, en minoría no Parlamento español, mantén estas políticas antiobreiras e antisocias, e incluso, pretende ir a máis, mentres as forzas de oposición e da teórica esquerda, son incapaces de promover proxectos de lei que tiren abaixo todas estas políticas e estas contrarreformas laborais e sociais que tanto mal están a facer a clase traballadora.

Nesta dura e grave situación, é lamentábel ver o papel de UGT e CCOO co Goberno do PP e coa patronal, cociñando novos pactos sociais, como o recentemente acordado sobre SMI, sen importarlles asumir que están a colaborar na perda de dereitos, na aplicación das reformas laborais e das novas formas de empobrecemento da clase traballadora.

Chamamento á mobilización

Desde a CIG chamamos á mobilización xeral, á mobilización na negociación colectiva, como a vía para combater e derrotar todas estas reformas e para avanzar na recuperación dos nosos dereitos e dos nosos salarios.

Os tempos que corren demostran tamén as claras, como no ano 1972, a necesidade de esixir democracia real, de poder decidir por nós mesmos/as, como clase traballadora e como pobo galego. Galiza é unha Nación, e como tal, ten dereito á soberanía política. Facer valer os nosos dereitos, será frear todas estas lesivas políticas antiobreiras, antisociais e antigalegas, e permitirá camiñar cara unha situación de emprego, salarios, pensións e condicións de traballo dignas.