Novas por contido

O venres 15 de maio celebrouse por videoconferencia o III Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que demandamos para a avaliación e control das medidas preventivas ante a emerxencia sanitaria polo coronavirus. 

Como primeiro punto tratamos a Avaliación de risco biolóxico COVID-19 en traballos de campo. O técnico de Prevención de riscos laborais da Xunta presentou a avaliación que, ao noso parecer é insuficiente e non se trata dun documento de avaliación completo senon unha simple recompilación de medidas lexislativas e os protocolos de actuación internos da Consellería.

O segundo punto, reincorporación ao traballo presencial na CMATV entregóusenos o documento por correo o mesmo día do comité, polo que non deu tempo á súa análise. Por esta razón abren un prazo para reclamar.

Toda esta documentación pódese encontrar aquí: https://cmatv.xunta.gal/coronavirus

Dende a CIG seguimos a reclamar:

  1. Avaliación de riscos laborais de todos os centros de traballo co seu plan de acción ante o coronavirus. 
  2. Formación e información (teórica e práctica) a todos os traballadores e traballadoras antes da súa incorporación o traballo presencial.
  3. Disponibilidade e EPIS, en cantidade abonda e de cualidade axeitada para cada traballo e traballador/a.
  4. Que o persoal sensible, así como o que teña problemas para conciliar a vida familiar e laboral, se lle aparte do seu posto de traballo ata a resolución da súa solicitude.
  5. Tres meses de período extraordinario para os Axentes Forestais e Medio Ambientais.
  6. Horarios flexibles para todo o persoal.
  7. Sinatura dixital con certificado de pseudónimo

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...