Novas por contido

Compañeira/Compañeiro:

O vindeiro xoves 15 de Maio imos facer unha CONCENTRACIÓN diante do edificio da EGAP en Fontiñas, Compostela.

Co lema «Por unha EGAP transparente e en Galego» esiximos a demisión da directora que, dende que entrou no posto, está a desmontar, literalmente, a institución. Á xa opacidade endémica uniuse o peche da biblioteca, a privatización de cursos, a dedocracia co profesorado, a falla de valoración das enquisas que realiza o alumnado, a baixada da calidade, a escaseza de cursos, sobre todo de linguaxe administrativa, a precaridade do persoal lingüista e, agora, a galegofobia.

Lembramos que o ano pasado directamente eliminou os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, e que non hai ningún tipo de fomento da lingua galega, cando estamos a ver que o castelán se está a converter na lingua de uso cotiá, non só nos órganos da EGAP, senón tamén na formación.

É importantísimo manter unha formación continua de calidade e na nosa lingua, na que todas teñamos oportunidade de acceder aos cursos cunha oferta suficiente e equilibrada para atender as diferentes necesidades do persoal empregado público.

É por iso que che convocamos para que acudamos xuntas a esta MOBILIZACIÓN na defensa da EGAP.

Vémonos o xoves 15 de maio ás 11 h diante da EGAP!

Mobilízate contra a deriva privatizadora, antigalega e elitista da EGAP!

 

                            

 

 

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Xoves, 03 Xullo 2025

Listas de substitucións definitivas do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

No DOG do 03/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas e especialidades da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza do Servizo de Prevención e...
Mércores, 02 Xullo 2025

Confírmase a estafa: cando nos paguen os atrasos do 0,5% levaremos perdido o 2,30% en tan só tres anos

O Goberno ven de aprobar a suba salarial adicional do 0,5% confirmando a perda do poder adquisitivo do persoal empregado público . Esta miseria é froito do pacto salarial de CCOO e UGT, e agora pretenden de novo vender como un éxito o que foi un “pacto de perdas” Os tres protagonistas da última tomadura de cabelo ás empregadas e empregados públicos saíron nestas últimas...
Mércores, 02 Xullo 2025

Xerencia do Consorcio: deus críaos e o PP xúntaos!

O xerente non xestiona e a xerenta adxunta para escolas infantís non resolve pero ameazaO 6 de marzo de 2025, o persoal do Consorcio pasou a ser persoal da Consellaría de Política Social da Xunta de Galiza. Nas nosas nóminas xa non aparece o NIF do Consorcio. Pero é o único cambio que se percibe porque a xestión por parte do Consorcio segue a ser nefasta e seguimos a...