- Detalles
Dende a área de Igualdade da Xunta de Galiza afírmase que as administracións públicas participan activamente na revisión dos referentes sexistas, e que «seguir empregando nas administracións públicas unha linguaxe sexista e discriminatoria para o colectivo feminino, supón non só un anacronismo senón, sobre todo, a fixación de barreiras invisibles que afectan directamente ao proceso de participación das mulleres na sociedade actual e que agochan os avances que se están a dar na participación en igualdade de condicións de mulleres e homes en todas as esferas da vida». Tamén nos din dende Igualdade da Xunta que aconsellan o cambio cara aos usos non discriminatorios aos habitualmente estendidos na documentación administrativa, para o que achegan recomendacións para o uso dunha linguaxe non discriminatoria na administración pública e nos medios de comunicación.
A teoría sabémola ben, pero a práctica que fai dela a Xunta éche outro cantar. Lonxe de responder aos principios que a propia Xunta proclama, en favor dos usos non discriminatorios da linguaxe na Administración pública, o uso da linguaxe discriminatoria e sexista está á orde do día nos textos legais e publicacións como o Diario Oficial de Galiza, malia as queixas que vén facendo hai anos a representación legal do persoal. Un exemplo claro volvemos telo na Orde da Consellaría de Facenda do 14 de xaneiro de 2020, pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2020 , que repite exactamente o mesmo esquema machista que a do ano precedente na Orde do ano 2019 e na do 2018: o uso de expresións excluíntes en masculino como «médicos de familia», «odontólogos», «diplomados en enfermaría», «médicos de urxencias, «médicos dos puntos de atención continuada», «pacientes adscritos a outros profesionais»... nun alarde de linguaxe machista impropio dunha consellaría do Goberno galego, que invisibiliza ás mulleres incluso naqueles sectores tan feminizados como precisamente é o sector dos coidados.
Dende a CIG solicitamos que a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galiza, Susana López Abella, nos informe sobre as medidas que adopta para garantir que os documentos emitidos pola Xunta sexan redactados en linguaxe non-sexista, conforme á lexislación vixente, e pedimos que esixa tanto á Consellaría de Facenda como ao resto de consellarías que poñan fin a este flagrante machismo lingüístico, e que sexa sancionado do xeito oportuno, de maneira que a Xunta abandone definitivamente o emprego da linguaxe estereotipada e discriminatoria en todos e cada un dos seus textos, aplicando os mínimos do propio Manual de estilo do Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
Na Comisión de Persoal do mércores 22, a maiores da Lei de impuso demográfico de Galiza e a modificacion puntual da RPT de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ían tamén as bases das convocatorias dos procesos selectivos da escala de veterinarios/as e de consolidación de veterinarios. Estas ultimas foron retiradas da orde do día, segundo o director de Función Pública a causa de que están a preparar unhas modificacións substanciais.
Lei impulso demográfico de Galiza
Publicamos unha nova específica co seu contido.
RPT da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Trátase dunha pequena modificación dalgúns postos para o cumprimento de sentenzas, e o acordo sobre condicións de traballo de axentes forestais e medioambientais. No caso da aplicación do acordo de axentes dende a CIG consideramos que a explicación dada pola redución de cantidades do específico (fora do Acordo) non foi satisfactoria nin acompañada da documentación, nin tempo suficiente para ser valorada, polo que nos abstivemos ao igual que o resto das organizacións sindicais (restan mais de 11 euros ao mes).
- Detalles
O anteproxecto da Lei de impulso demográfico de Galiza xa pasou polo trámite de Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, e foi aprobada na Comisión de Persoal do mércores 22 de xaneiro, co voto en contra de CIG e CSIF, e, como non, co voto a favor de CCOO e UGT.
O día 21 de xaneiro remitiron documentación nova. A maiores, na propia mesa entregaron máis modificacións á proposta. Finalmente retiran a disposición derradeira primeira, na que reducían os “ratios” de persoal dos centros de menores e os centros de atención á infancia (escolas infantís) e recoñecen a alegación da CIG: unha lei de impulso demográfico non é o lugar para modificar algo tan concreto e menos aínda para empeorar a calidade da atención as crianzas reducindo o persoal nos centros.
Inclúen outras pequenas modificacións a lei que tamén achegamos desde a CIG, pero consideramos que son insuficientes e presentamos cuestión de orde: esiximos volver a mesa de negociación que lle corresponde que é a Mesa Xeral. Como non aceptan, votamos NON por:
- Detalles
O mércores 22 de xaneiro participamos na Mesa Xeral de Negociación na que tratamos as convocatorias dos procesos de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta de Galiza. Informa o director de Función Pública o seguinte:
Buzón de postos: retiran algúns postos soltos e din que van saír categorías completas. O que convocan agora son unicamente as categorías previstas nas OEP de 2018 e 2019, excluíndo as vacantes producidas (fala de 317 vacantes por xubilación e falecemento no 2019, e 305 no 2018, das que aproximadamente as 4/5 serían laborais fixos). O venres 24 teremos unha xuntanza para revisar o listado de postos.
A CIG insiste na necesidade de que saian todas as prazas daquelas categorías que se convoquen. Porque de non facelo, haberá problemas cos futuros concursos de traslados: ou ben non se convocarán ata que estea todo o mundo funcionarizado, ou se se convocan, poderán participar uns si e outros non. Como mellor solución: que se convoque un concurso de traslados previo á funcionarización.
Aceptan modificar a redacción para deixar claro que o vínculo laboral se extingue unicamente na praza dende na que te funcionarizas (non nas que esteas en excedencia).
Non se requiren 2 anos para presentarse a funcionarización.
Vai estudar que facer no caso de persoal que está en excedencia no posto aprobado e ocupa outra como interino/a ou persoal laboral temporal.
Van actualizar a batería de preguntas nos temas relacionados coa administración dixital.
O director xeral négase a dar resposta a petición da CIG de concurso de traslados previo e negociacion de Acordo laboral e salarial para saber cales van ser as condicións antes de decidir presentarse a funcionarización, pois tal e como está deseñado, a xente vai ter que presentarse a cegas, sen coñecer como vai quedar. Solicitamos que, como mínimo, Función Pública edite algún tipo de guía sobre as condicións da funcionarización.
- Detalles
Con esta frase despacha o director xeral de Función Pública todos os asuntos:
- Notas do 2º exame da promoción interna do A1: en breve.
- Listado de admitidos do concurso de traslados de corpos xerais: en breve
- Resolución provisional da acreditación de méritos da promoción interna ao C2: en breve.
- Listado de admitidos das oposicións de Subalterno: en breve.
- Convocatoria da próxima promoción interna: en breve.
Parece que un ano para el é un quanto de tempo infinitesimal, tempo que para este director xeral flúe de xeito diferente ao do resto dos mortais porque está encapsulado noutra dimensión temporal. Este epítome do tartufismo prefire permanecer impasible vendo rotar todo ao seu redor sen que ningún movemento o altere.
E posíbel que en outubro teña que facer as maletas, pero nós imos recomendarlle unha solución que lle pode gustar:
Cese do director xeral: EN BREVE
- Detalles
O día 19 decembro de 2019 reuniuse a Xunta de persoal funcionario da Xunta de Galicia en Ourense. Aprobouse por unanimidade de todas organización sindicais o rexeitamento a valoración das comisións de servizo nos concursos de traslado:
“Rexeitar frontalmente a base 4.1 (traballo desenvolvido ) en relación á Resolución do 25 de novembro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. “
“En relación á base 4.1 de traballo desenvolvido, enténdese que pola redacción da devandita base puntúa o traballo a desenvolver prestado en comisión de servizo, a pesar de que se pediu por escrito unha aclaración deste punto e non se contestou.”
“A realidade desta administración, e que as comisións de servizos se provisionan sen cumprir os principios de igualdade, mérito e capacidade, e dicir no se adxudican de forma obxectiva.”
A día de hoxe Función Pública non rectificou por escrito cunha corrección de erros á convocatoria modificando e engadindo a base 4.1 a aclaración: "O traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do/a funcionario/a." tal como estaba no concurso de traslados do ano 2015.
- Detalles
O director xeral de Función Pública convocou Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos e Comisión de Persoal, para o mércores 22 de xaneiro. Os puntos da orde do día e documentación son os seguintes:
Mesa Xeral
- Orde de convocatoria do procedemento de funcionarización do persoal laboral fixo ao subgrupo A1.
- Orde de convocatoria do procedemento de funcionarización do persoal laboral fixo ao subgrupo A2.
- Orde de convocatoria do procedemento de funcionarización do persoal laboral fixo ao subgrupo C1 e B.
- Orde de convocatoria do procedemento de funcionarización do persoal laboral fixo ao subgrupo C2.
- Orde de convocatoria do procedemento de funcionarización do persoal laboral fixo ao subgrupo subalterno.
Media hora despois (como xa o teñen pactado con outros sindicatos ese é o tempo que consideran que necesitan para discutir a funcionarización), convocan Comisión de Persoal.
Comisión de Persoal
- Anteproxecto de Lei de impulso demográfico de Galiza.
- Modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
- Convocatoria do proceso selectivo á escala de veterinarios (libre e promoción interna).
- Convocatoria do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría I-005 (titulado/a superior veterinario/a).
Para calquera cuestión, podes contactar coa CIG.
- Detalles
Dende a chegada de Corina Porro fai seis meses como delegada territorial da Xunta de Galiza en Vigo, levamos contado catro ocasións en que utiliza a fronte do edificio administrativo da Xunta en Vigo para expoñer lonas que non achegan información, só propaganda (“Un nadal solidario para todos – A Xunta con Vigo”, “O marisquiño – A Xunta con Vigo”, ..).
Varias desas lonas foron de importantes dimensións (de ata tres pisos de altura), polo que entre deseño, fabricación e colocación con certeza sumará importantes cantidades de diñeiro de gasto innecesario.
A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Administración Autonómica en Pontevedra quere denunciar a utilización de diñeiro público para propaganda baldía tanto por parte da delegada territorial da Xunta de Galiza en Vigo, en particular, como en xeral por calquera goberno.
- Detalles
A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta en Pontevedra acordou facer pública a súa postura unánime sobre os concursos de traslados:
- A concesión de comisión de servizo non está suxeita a ningún tipo de criterio obxectivo. Xa que logo, rexeitamos que o tempo traballado nesa situación sexa considerado como tempo traballado no posto de orixe.
- Defendemos que se oferten todas as prazas vacantes existentes. Incluímos aquí tanto as prazas retiradas por proposta de amortización (porque en demasiadas ocasións é unha manobra para ocultar postos).
- Que se fagan as modificacións legais necesarias para permitir que en futuros concursos, todas as xefaturas de servizo, sección e inferiores, agás aquelas que polas súas características e mediante pacto social deban ser provistas doutro xeito, sexan de concurso ordinario.
- Reclamar a convocatoria inmediata dos concursos de traslados de todas as escalas tanto de administración xeral como especial.
- Detalles
Polas escolas infantís do Consorcio e da Consellería de Política Social estiveron a pasar fotógrafos profesionais no pasado mes de decembro, para facer fotos (previa autorización das familias) de cada unha das crianzas matriculadas en todos os centros do País. O traballo foi feito sen ter en consideración as necesidades das meniñas e meniños e interrumpindo o seu ritmo diario.
Segundo a consellería, o obxecto das fotos era agasallar ás familias cunha felicitación do Nadal. Pero ese agasallo non viña só: viña acompañado dunha carta do señor Feijoo a a cada familia.
Aos centros de traballo chegaron indicacións precisas para que as traballadoras e traballadores ensobraran as fotos e maila carta, facendo así que o persoal fixese de axente de propaganda.
Mentres os centros de traballo non contan cos materiais necesarios (xoguetes, contos, etc.) cos estándares de calidade pedagóxica actualizada; teñen eivas graves nas instalacións, incluso de seguridade para crianzas e traballadores, e non se cubre ao persoal nas súas ausencias para cadrar a fin do exercicio, a Consellaría aposta por facer campaña electoral para perpetuarse na desfeita.
Diñeiro público para intereses partidistas.