Novas por contido

Despois de que a CIG lévase días reclamando aos responsábeis políticos da Administración Autonómica a convocatoria urxente dos comités de prevención de riscos laborais para tomar medidas e que nos preparásemos para o risco que supón a infección de COVID19, por fin a Xunta esperta e comeza a tomar conciencia da magnitude do problema.

O xoves 12 acudimos á xuntanza convocada polo director xeral de Función Pública. Subliñando o valor da información e fuxindo do alarmismo desmesurado, a CIG acolle as medidas propostas polos responsábeis da Administración, e que publicadas no DOG BIS do xoves12:

Como levarías traballar as 24 horas do día, 7 días consecutivos e sen posibilidade de sair do centro de traballo? E se ademáis eres o único habitante nunha illa?

O persoal laboral e funcionario que presta servizo no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza, realiza quendas de 24 horas ao día durante sete días consecutivos. A estas singulares condicións de traballo en extremo illamento e penosidade recoñecida (conceptos sen repercusión na nómina), engádese as situacións habituais de soidade durante días.

O delegado de prevención da CIG acudiu a unha xuntanza coa dirección do Parque o martes 10/03/2020, por mor do incumprimento do Plan de Acción elaborado (no 2016) polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais, e o requirimento da Inspección de Traballo (setembro 2019).

A Xunta de Galiza aínda non tomou nengunha medida para protexer aos seus traballadores e traballadoras e as persoas usuarias

A pesar das multiples solicitudes de convocatoria dos comités de seguridade e saude laboral feitas pola CIG dende o 5 de marzo perante o potencial risco de infeccion do coronavirus a resposta da Xunta esta sendo completamente dilatoria. Como consecuencia o caos e improvisación é a tonica nos edificos administrativos e os centros de atencion social da Xunta.

Débese estremar xa a limpeza e desinfección en todos os centros de traballo, é urxente a contratación de persoal de reforzo e limpeza e un plan de traballo. Nin sequera se estableceron protocolos de limpeza específico, se instalaron dispensadores desinfectantes ou se fixeron nos centros as medidas organizativas e materiais de proteccion necesarias.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, conxuntamente coa Consellería do Medio Rural, publican no DOG do 11/03/2020 a Orde pola que establecen os elementos identificativos e de uniformidade da escala de axentes forestais, axentes facultativos/as ambientais e axentes técnicos/as en xestión ambiental de Galiza.

Unha semana antes, día 4 de marzo, e como se fose un circo e tomándonos por imbéciles, a conselleira de Medio Ambiente convocounos aos sindicatos ao "acto público de sinatura" que ian facer a conselleira de Medio Ambiente e o conselleiro do Medio Rural para asinar, eles dous, a Orde de uniformidade e identificación de axentes. Vamos, sacar unhas fotos cos sindicatos de fondo.

Non lembramos semellante desfachatez de ningunha consellería anterior de convocarnos a un acto destas características en plena precampaña eleitoral.

Alguén sensato nesa consellería debeu advertirlle que iso podería rematar na Xunta Electoral e finalmente dous días despois nos desconvocaron "por motivos de axenda".

Una pallasada a piques de rematar na Xunta Electoral.

No DOG núm. 48 Mércores do 11 de marzo de 2020 publícase a RESOLUCIÓN a convocatoria de actividades formativas en liña de apoio á preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, a diversos corpos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ofertan catro actividades formativas dirixidas, cada unha delas, a apoiar a preparación das probas selectivas para o acceso, pola quenda de promoción interna, aos corpos superior, subgrupo A1; de xestión, subgrupo A2; administrativo, subgrupo C1; e auxiliar, subgrupo C2 da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo.

Pode participar unicamente o persoal empregado público que teña solicitado participar nas probas selectivas convocadas para o acceso aos corpos indicados na base primeira pola quenda de promoción interna e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse no prazo de sete días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Formulario de matrícula dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

Será seleccionado para participar nas actividades convocadas mediante esta resolución todo o persoal empregado público que teña solicitado a participación nas probas selectivas para o acceso aos corpos indicados na base primeira desta resolución. Esta relación será contrastada coa información que facilite a Dirección Xeral da Función Pública.

 

A Xunta de Galiza incumpre a Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, que estableceu a obriga de que as empresas e entidades de máis de 250 traballadoras e traballadores debían implantar un plan de igualdade. Esta lei foi modificada polo Real Decreto-Lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para a garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e na ocupación, que ademais amplía a obriga de dispoñer de plans de igualdade ás empresas a partir xa dos 50 traballadoras e traballadores, e dá diferentes prazos para ter o plan implantado en función do persoal que teñan.

En setembro de 2019 a Xunta presenta un estudo diagnóstico  incompleto, excluínte e pouco representativo da realidade que pretende describir, ateigado de erros e interpretacións interesadas. Este informe, que foi externalizado, oficialmente data do 7 de marzo de 2019, e non recolle nin os mínimos aspectos esixidos na lei, nin tampouco a todo o persoal pertencente ao ámbito da Administración xeral autonómica, o que fai que resulte totalmente inútil para describir cunha mínima rigorosidade a situación do persoal que traballa na Xunta de Galiza. Quedaban fóra do estudo diagnóstico tanto a arrecada de datos estatísticos relevantes non só cuantitativos, senón tamén datos cualitativos, así como tamén a enquisa directa ao propio persoal que supostamente trataba de describir.

A CIG-Autonómica inicia unha rolda de encontros cos partidos políticos de cara a explicar as iniciativas para a mellora do emprego e os servizos publicos galegos. 

As empregadas e empregados públicos temos dereitos!

Coa responsabilidade de ser a primeira forza sindical na Administracion xeral da Xunta de Galiza a CIG-Autonómica reunímonos cos partidos políticos que se presentan as vindeiras eleccions galegas.

Nos encontros co BNG e Galiza en Común non houbo dúbidas na coincidencia con estas dúas forzas políticas de esquerda en que a política neoliberal implementada nesta década co obxecto de reducir o público e a administración á súa mínima expresión é a causa primeira de todos os problemas aos que agora nos enfrontamos na administracion publica galega.

A escusa da crise económica serviu para entregar os servizos públicos a empresas privadas. Se autoimpuxeron normas e taxas de reposición que fixeron imposible contratar persoal e facer procesos selectivos tanto para o reclutamento interno como externo.

O día 5 de marzo 2020 solicitamos a convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Intercentros para acordar a implantación  de medidas de prevención de riscos perante a infección do COVID 19 no ámbito laboral do Xunta de Galiza. A resposta da Xunta foi convocarnos para o día 17 de marzo.

A día de hoxe a Xunta non implantou medidas específicas de protección fronte este virus infeccioso nos centros de traballo. É necesaria a convocatoria dos Comités de Seguridade e Saúde laboral para propor e avaliar ditas medidas e valorar a determinación do risco.

Adiántanos  a EGAP que o vindeiro mércores vai publicar a convocatoria de formación para a preparación da Promoción Interna.

Despois da desfeita da última convocatoria na que unha empresa privada do sector se encargou desta tarefa, e en base ás continuas queixas da CIG; a propia EGAP vai organizar a preparación con persoal propio, pertencente aos diferentes departamentos da Administración que teñen competencia nos temas que forman parte dos diferentes temarios de cada grupo.

O 21 de xaneiro de 2020 a CIG rexistrou unha solicitude para que se cumpra o punto sétimo e se convoque a comisión de seguimento do seguinte acordo:

No mes de outubro do ano 2018 asinouse unha “proposta de acordo da consellería do Medio Rural , da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda e da Consellería de Facenda sobre as condicións de Traballo dos axentes Forestais e Medioambientais”.

Outras novas recentes

Xoves, 10 Xullo 2025

Concursos de traslados (información 10/07/25)

Asistimos á Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario do 10/07/25, onde a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) facilitou a seguinte información relativa aos concursos de traslados. ESCALAS DO SERVIZO DE GARDACOSTAS A adxudicación de postos será publicada no DOG do 14 de xullo. A información xa está dispoñible no web de Función...
Martes, 15 Xullo 2025

A conselleira do Medio Rural quere regularizar unha unidade de “elixidos” para a dirección dos grandes incendios

No verán do 2023, o director xeral de Defenda do Monte, por iluminación divina, sen negociación coa representación sindical do persoal, escolleu a dedo a un grupo de funcionarios/as públicos, da escala de axentes ambientais, para formar parte dunhas unidades segregadas chamadas UDEX (unidades de directores de extinción). Sería algo así como unha unidade de elite para...
Mércores, 16 Xullo 2025

Comisións de Servizos: a Xunta obrigada a entregar á CIG a documentación das que superen os dous anos

A Xunta está obrigada a entregar á CIG no prazo de dous meses a documentación das comisións de servizo prorrogadas máis aló de dous anos, por unha sentenza firme do Tribunal Supremo que dá a razón ao contencioso presentado pola CIG, e que crea xurisprudencia para todas as administracións de calquera ámbito do estado español No ano 2019, solicitamos á Xunta que nos...