- Detalles
Parece de sentido común que cando unha escala coincide no seu nome e funcións cunha titulación académica, esta sexa a titulación que se esixa para acceder á escala. Pero para a Xunta, a escala de Educación Social, pode ser un caixón desastre onde caiban moitas titulacións. Por iso na Mesa Xeral do 15/10/2024 tráennos unha modificación sobre as titulacións para a escala de Educación Social que consiste engadir o título de “graduado/a” en Educación Social (por certo, só en masculino).
Dende a CIG manifestamos que dende xa hai tempo que vimos reivindicando o asunto da correspondencia desta escala cunha titulación e esixindo que a titulación esixida sexa unicamente a de Educación Social.
Somos tamén conscientes de que neste momento hai persoas desempeñando postos desta escala con outras titulación, e que por tanto establecer a correspondencia entre o nome da escala e titulación esixida podería supoñer exclusións, polo que salientamos que se se acoutan as titulacións se pode tamén establecer a través dunha disposición transitoria que todo o persoal que estea desempeñando postos desa escala cunha das titulacións vixentes ata o de agora poida seguir facéndoo e continuar ademais nas listas de substitucións.
Sinalámoslle á Xunta que facer unha pequena modificación e non abordar a problemática principal desta escala é unha oportunidade perdida.
- Detalles
Na mesa xeral do día 15/10/2024 a Xunta declara que vai introducir na LEPG (art 24.2) unha penalización para o persoal temporal ou interino que non supere o período de proba consistente en 6 meses de baixa nas listas de contratación.
Non nos parece serio que dun día para outra nos traian modificacións deste calado. Queremos datos sobre canto persoal non supera o período de proba e tamén saber as causas polo que non se fai. Deducimos que para a administración é máis doado adoptar medidas sancionadoras que corrixir problemas cando estes poden ser derivados de moi variadas causas, organizativas, de saúde, etc. E ao mesmo tempo, unha modificación que pode restrinxir dereitos ten que estar moi xustificada e definida nun protocolo que non deixe lugar á arbitrariedade dalgún xefe inmediato ou intermedio. Solicitamos que se retire e se dea tempo para unha reflexión sobre o asunto.
Tamén manifestan a súa intención de abordar nun futuro próximo a modificación do decreto de listas, aínda que agora queren introducir os seguintes cambios que xa estaban operando:
1. Adaptar o decreto ás sentenzas no que se refire á valoración do tempo de traballo en entidades instrumentais que non sexan do sector público autonómica. Isto deriva de sentenzas sobre a prestación de servizos en TRAGSA, empresa do sector público estatal.
2. Reducir os días do notifica de 5 a 2.
3. Introducir unha disposición adicional para no caso do persoal do SPIF valorar por unha soa vez os servizos prestados ata 30 de maio de 2023 como persoal laboral das categorías equivalentes.
Ademais destas modificacións, na lei de medidas fiscais e administrativas para o 2025 e con vixencia limitada a ese ano, SE MANTÉN en materia de listas de contratación a posibilidade de que para garantir a dispoñibilidade de persoal en determinadas categorías se habilita a vía de que no caso de non haber persoal nas listas se solicite persoal a través do Servizo Público de Emprego.
As escalas e categorías serían as seguintes:
Categorías profesionais 2 do grupo I (titulado/a superior médico/a), 2 do grupo II (ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE), nas categorías profesionais 65 (oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a de cociña, cociñeiro/a 1ª), 69 (oficial de servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª de oficios varios, oficial de primeira) do grupo III, nas categorías profesionais 3 (auxiliar sanitario, auxiliar de clínica, auxiliar psiquiátrico, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a), 4 (auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado), 5 (oficial 2ª de cociña, cociñeiro/a 2ª) e 6 (axudante/a de servizos técnicos, oficial 2ª de mantemento) do grupo IV e categoría profesional 1 (camareiro/a- limpador/a, axudante/a de cociña, pasador/a de ferro -lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro e lavandeiro/a) do Grupo V do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza ou, de ser o caso, para o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario na escala de facultativos especialidade de medicina (subgrupo A1), na escala de técnicos facultativos especialidade de enfermaría (subgrupo A2) na escala técnica de cociña (subgrupo C1), escala técnica de mantemento (subgrupo C1), na escala de auxiliares de clínica (subgrupo C2), escala auxiliar de coidadores (subgrupo C2), escala auxiliar de cociña (subgrupo C2), escala auxiliar de mantemento (subgrupo C2) e na especialidade de persoal de limpeza e cociña da agrupación profesional.
Tamen manteñen durante o ano 2025 a reducción do período de penalización de 6 meses e a exención de coñecemento do galego ao persoal citado a través do SEPE e que ten un marcado acento ideolóxico tal e como vos contamos aquí: ¡FUERA GALLEGO!
- Detalles
No DOG do 14/10/2024 publican a ORDE do 1 de outubro de 2024 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galiza do persoal laboral fixo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Acordan a integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza das persoas interesadas que se enumeran no anexo I da presente orde, co grupo e categoría profesional segundo o sistema de clasificación profesional establecido no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza, no posto de traballo e co carácter de adscrición a este que se indican.
A integración suporá a novación da relación contractual e comportará a formalización dun contrato de traballo como persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, e deberá tomar posesión no prazo de seis días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución, salvo que estea desfrutando dun período de licenza, vacacións ou permiso, caso en que o cómputo comezará o día seguinte ao da súa reincorporación ao posto de traballo.
Os efectos económicos do cesamento serán os do último día do mes en que este se produza; en consecuencia, os efectos económicos da toma de posesión do novo destino serán o primeiro día do mes seguinte ao do cesamento. Así mesmo, a toma de posesión implica a súa renuncia voluntaria á situación anterior.
- Detalles
A estabilización extraordinaria e o caos de nunca acabar
É evidente que o proceso de estabilización extraordinaria, coa famosa fórmula do “autobaremo” que a Xunta e outras forzas sindicais sempre deron por boa, é unha continua fonte de eivas e problemas. Dende a CIG sempre defendimos que esta non era a mellor forma de facer as cousas.
Así, estanse a producir cambios na “interpretación” dos criterios de baremación no medio dos procesos co que todo iso implica. Un cambio fundamental é a valoración do tempo de inactividade do persoal descontinuo, cambio que dende a CIG entendemos que é correcto.
Pero o que xa advertimos é que entendiamos que isto implica ter que avaliar os expedientes de todas as persoas participantes para implantar o proceso de xeito garantista. E niso nos atopamos co muro da Administración.
Esta cuestión é especialmente importante nas categorías ou escalas de persoal bombeiro/a forestal e emisorista/vixilante do SPIF, aínda que tamén hai outras categorías ou escalas afectadas en menor medida.
Por todo isto, dende a CIG acabamos de rexistrar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pedindo que se solucione esta cuestión con sentidiño e se valoren todos os expedientes para evitar eivas maiores.
- Detalles
No DOG do 11/10/2024 publican varias baremacións definitivas da fase de concurso de determinadas categorías do subgrupo A2, C1, C2 e varias categorías dos grupos II, III e IV do persoal laboral da Xunta de Galiza, ademais do Cixtec:
Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo A2 que se relacionan:
Corpo facultativo de grao medio
- Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de máquinas e produción
- Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de traballos técnicos de mergullo
Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo C1 que se relacionan:
Corpo administrativo
- Escala de axentes de inspección. Especialidade consumo
- Escala de axentes de inspección. Especialidade mobilidade
- Escala de axentes de inspección. Especialidade vixilancia de estradas
Corpo de axudantes de carácter facultativo
- Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade patrón
- Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galiza. Especialidade mecánico
- Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galiza
- Escala técnica de mantemento de servizos
- Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade capataz
- Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade mecánico naval
- Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade patrón embarcación
- Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade guía intérprete de patrimonio natural
Corpo de técnicos de carácter facultativo
- Escala técnica de delineantes
- Escala de axentes técnicos en xestión ambiental
- Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade animación sociocultural
Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo C2 que se relacionan:
Corpo de auxiliares de carácter técnico
- Escala de gardas de recursos naturais
- Escala auxiliar de mantemento
- Escala de auxiliar de laboratorio
- Escala auxiliar de condución
- Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade mariñeiro vixilante
Baremación definitiva do concurso de méritos do grupo II da Xunta de Galiza e Cixtec que se relaciona:
- Cat. 39. Técnico/a forestal de defensa contra incendios forestais
Baremación definitiva do concurso de méritos do grupo III que se relacionan:
- Cat. 3. Controlador/a pecuario/a. Axudante/a técnico/a pecuario/a
- Cat. 12. Mestre/a de taller
- Cat. 15. Experto/a en exposicións
- Cat. 37. Técnico/a de son
- Cat. 54. Técnico/a especialista en radioloxía (TER)
- Cat. 54B. Hixienista dental
- Cat. 103. Entrevistador/a. Enquisador/a
Baremación definitiva do concurso de méritos do grupo IV que se relacionan:
- Cat. 7. Garda fluvial. Garda explotación
- Cat. 31. Legoeiro/a
- Cat. 32. Operador/codificador datos SDCIF
- Cat. 39. Auxiliar de autopsia
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.
- Detalles
A CIG pide a demisión de Sonia Rodríguez-Campos (directora da EGAP)
O sindicato presenta máis de 30 demandas e reclamacións sobre a xestión da EGAP e 285 propostas de cursos recadadas de entre as traballadoras e os traballadores, afiliación e persoas delegadas do sindicato, ante a ausencia de oferta formativa para moito persoal e diante da diferenza abismal entre a oferta e a demanda en formación como a linguaxe administrativa galega, a igualdade ou a formación do Marco Galego de Competencias Dixitais
Dende a CIG criticamos e denunciamos a falta de negociación para a planificación e deseño dun plan anual de formación e actividades para todo o persoal da Administración xeral da Xunta e entes instrumentais que estea ben elaborado e estruturado, e que dea resposta ás necesidades de formación reais e actuais en todas as áreas temáticas, sen exclusións. En todo o proceso de elaboración do plan de formación o persoal e sindicatos non cortamos nin pinchamos, todo é decisión unilateral da directora da EGAP. Este proceso é moi sinxelo e básico, a diferenza do que fan outras escolas de administración pública, e consta destes 2 pasos:
1. Envío aos sindicatos dunha circular unha vez ao ano para recibir achegas nun prazo estipulado.
2. Recepción das achegas dos sindicatos (a maioría ignoradas ano tras ano) e, sobre o esquema do plan de formación anterior, repetición da maioría das actividades e das mesmas persoas formadoras para o ano seguinte.
A opacidade é absoluta á hora de decidir e deseñar ano tras ano os plans de formación en calquera aspecto que nos veña á cabeza, como calquera dos seguintes:
1) En que temáticas se forma ao persoal e en que temáticas non? A normativa establece que se faga público o “inventario” actualizado de áreas formativas da EGAP co persoal formador de que dispón cada unha. A día de hoxe permanece sen facerse público. → Todo é decisión unilateral da directora da EGAP
2) A que categorías profesionais e persoal se lle imparte a formación da EGAP e a cales non? Todas as categorías e todo o persoal temos dereito a recibir formación! → Todo é decisión unilateral da directora da EGAP
3) Cales son os datos de situación de xénero da formación impartida pola EGAP? → Só a directora da EGAP o sabe
4) De onde saíron os criterios de selección das persoas que acceden á formación da EGAP? Foron impostos sen escoitar ningunha alegación da representación do persoal. → Todo é decisión unilateral da directora da EGAP
5) Onde se imparte a formación da EGAP? Maiormente en Compostela. → Outra decisión unilateral máis da directora da EGAP
6) Que criterios se empregan para decidir en que modalidade (teleformación, presencial, telepresenza, mixta ou autoformación) se imparte cada curso da EGAP e cal é a súa duración? → Outra decisión unilateral da directora da EGAP
7) En que horario se fan os cursos? Maioritariamente é fóra do horario laboral; a conciliación nin existe nin se a espera → Outra decisión unilateral da directora da EGAP
8) Cales son os criterios de “inscrición de oficio” na base de datos de empresas e persoal formador? → Só a directora da EGAP o sabe...
9) Que foi do compromiso de elaboración de temarios oficiais da EGAP? Mentres, as consellarías pagan inxentes cantidades de diñeiro público a empresas privadas para que elaboren uns temarios "de apoio, non oficiais e con exención de responsabilidades por parte da empresa. → A directora da EGAP bota balóns fóra
10) Que foi dos cursos para promoción interna que establecen os Estatutos da Escola? → A directora non sabe ou non contesta...
Consideramos que a xestión da EGAP é insostíbel, e este 2024 foi o colofón, coa supresión de todos os actos das Letras Galegas, un feito inxustificábel e inadmisíbel, sintomático da deriva que leva a EGAP de malfacer, privatización, mala xestión, precariedade e ineficiencia do gasto público. O incumprimento dos estatutos da EGAP e os fins para os que se creou é reiterado, con especial dedicación a borrar do mapa a existencia dos compromisos da Escola coa normalización e co galego, lingua empregada cerimonialmente nos actos de inauguración e clausura, pero pouco máis.
É total a opacidade e falta de respecto cara á transparencia e a render contas de en que se investen os orzamentos públicos da Escola. A falta de transparencia sobre a base de datos de empresas e persoas seleccionadas, contratadas e retribuídas para dar formación, titorizar, coordinar e dirixir os cursos da EGAP é absoluta, pese a ser obrigada a súa publicidade. Con respecto ás retribucións e número de cursos por ano, así como no relativo a súa acreditación e criterios de selección, non temos ningún dato. A falta de rotación para que non sexan as mesmas persoas sempre é pasmosa.
Sobre a precariedade na que traballa o persoal da EGAP tamén hai moito que dicir, así como sobre a situación tan lamentábel da biblioteca, con persoal temporal de empresas privadas atendéndoa tras demandas por contratacións fraudulentas, e con moitos fondos da Escola sen tan sequera catalogar nin actualizar.
Todo isto non sería posíbel sen o silencio cómplice do Consello Reitor da EGAP, cuxo principal rol semella ser a observación calada e a adulación gratuita, e que só conta coa voz discordante da CIG. As xuntanzas deste consello reitor son un mero paripé, e as enquisas ao persoal que dean a coñecer o nível de satisfacción global ou as necesidades reais brillan pola súa ausencia, xunto a unha clara baixada da calidade da formación. As empregadas e os empregados públicos agardamos anos para poder acceder a un sinxelo curso de linguaxe administrativa, ou mesmo á formación en igualdade ou aos cursos de competencias dixitais, xa só fixándonos na formación transversal, porque no referido á formación específica ou técnica hai áreas enteiras de formación ignoradas e desatendidas; por non falar do persoal ao que se exclúe totalmente da formación da EGAP, como AGACAL. O desfase entre a demanda real existente das traballadoras e traballadores e a oferta da EGAP é abismal, e fala por sí soa, moi elocuentemente, dunha moi mala xestión.
Por toda esta situación, dende a CIG pedimos a DEMISIÓN DA DIRECTORA DA EGAP.
- Detalles
O Instituto de Estudos do Territorio (IET) convocounos a unha xuntanza que terá lugar o día 14/10/2024 para tratar unha proposta de modificación da súa relación de postos de traballo (RPT).
Se resulta do teu interese, podes descargar a proposta. Para achegarnos o que consideres, contacta coa CIG.
- Detalles
A CIG denuncia publicamente o nomeamento de María José Echevarría como directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
O pasado mes de setembro na Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático tomou posesión como directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade María José Echevarría, tras a dimisión do antigo director xeral, Ramón Martínez Boga.
Dentro das funcións desa dirección xeral están todas aquelas que teñen que ver coa avaliación e control da incidencia que sobre o medio ambiente provoque a actividade humana, ou a avaliación dos efectos que determinados plans ou programas teñen sobre o medio ambiente, entre outras.
Se a isto lle engadimos o feito de que María José Echevarría resulta ser a parella de Antonio Casal Lago, director territorial de ENCE para Galicia, lévanos como CIG a denunciar publicamente un nomeamento que consideramos cando menos dubidoso, ao poder existir un conflito de intereses.
Toda a cidadanía é sabedora das polémicas sociais que provocan algúns proxectos relacionados co eucalipto e coa produción de pasta de papel. Aí están os conflitos do proxecto de ALTRI ou as polémicas xeradas no seu día pola prórroga que Mariano Rajoy concedeu a ENCE a beira da ría de Pontevedra.
A ninguén se lle escapa que é moi desconcertante e estraño que o antigo director xeral soamente ocupase o cargo durante catro meses tras o seu nomeamento. Iso lévanos na CIG a facernos as seguintes reflexións: Cales son os motivos que o levaron a dimitir? Podería haber presións dalgúns grupos de poder para condicionar as tomas de posesión de determinados postos? Acaso non existe en Galicia outra persoa para ocupar esa dirección xeral? Certamente resulta imposible de xustificar ante a cidadanía galega esta decisión do executivo galego.
Resulta acaído lembrar os grandes vínculos do Partido Popular coa pasteira de ENCE, en cuxo consello de administración chegaron a sentarse destacados militantes e ex-altos cargos da Xunta de Galicia e do propio goberno español como Isabel Tocino, ministra de Medio Ambiente na era Aznar, ou Carlos del Álamo, conselleiro de Medio Ambiente na presidencia de Manuel Fraga, entre outros, sendo estes uns claros exemplos de portas xiratorias.
Na CIG lamentamos e cuestionamos este tipo de nomeamentos, e como o Partido Popular obriga a Administración galega a pregarse diante de certos lobbies económicos e de poder para beneficiar a uns poucos e prexudicar a maioría, denigrando a Función Pública.
Libres designacións mediante comisións de servizo para evitar a publicación no DOG
Na estrutura organizativa desa mesma dirección xeral podemos observar o xeito de proceder para o nomeamento de cargos de libre designación como o caso da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental ou a Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular, onde se actúa da mesma maneira que para o nomeamento de Eloína Feijóo como subdirectora xeral de Política Social, é dicir, mediante comisións de servizo.
Cómpre recordar que no nomeamento de postos de libre designación o razoable e o máis transparente é que se faga mediante un anuncio no DOG, pero ao facer a cobertura destes postos mediante comisións de servizo, a cidadanía non ten acceso a esa información.
Para rematar, subliñar que valoraremos cos nosos servizos xurídicos a legalidade do nomeamento da nova directora xeral por un posible conflito de intereses.
- Detalles
O servizo de Gardacostas de Galiza en Vigo vese na obriga de paralizar a embarcación Punta da Guía que combate o furtivismo dende a fronteira con Portugal ata a Ría de Aldán ante a falta de efectivos.
O cese do único mecánico habilitado para embarcar por cumprir 3 anos como interino, obriga a paralización dunha embarcación financiada con fondos europeos ante a parálise da Consellería do Mar e facendo oídos xordos as soluciona que a CIG vén poñendo enriba da mesa de forma recorrente:
- O desbloqueo inmediato da OPE de 2022 que contempla 13 prazas de mecánicos e 10 prazas de patrón.
- Darlle unha solución a situación dos aptos con restricións, habilitando postos para quen estea nesa situación e a súa substitución mentres dure a restrición.
- A dotación urxente de persoal no servizo de Gardacostas que permita cubrir as tripulacións das lanchas mediante patróns e vixiantes-mariñeiros das listas de contratación como paso previo a convocatoria de oposicións.
A CIG manifesta igualmente a oposición ó traslado da embarcación Punta da Guía a outra base operativa e insta a Consellería do Mar a frear ó deterioro lento pero progresivo do Servizo de Gardacostas, un servizo público chave para o sector pesqueiro galego.
- Detalles
No DOG do 08/10/2024 publican varias baremacións definitivas da fase de concurso de determinadas categorías do subgrupo A1, A2 e escalas do grupo III e IV do persoal laboral da Xunta de Galiza, ademais do Cixtec:
Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo A1 que se relacionan:
Corpo superior
- Escala de sistemas e tecnoloxías da información
- Escala superior de finanzas
- Escala superior de estatísticos
Corpo facultativo superior
- Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica
- Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de minas
- Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía
- Escala de ciencias. Especialidade de física
- Escala de arqueólogos
- Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
- Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
- Escala de inspección urbanística. Especialidade xurídica
- Escala de facultativos. Especialidade de medicina
Baremación definitiva do concurso de méritos do subgrupo A2 que se relacionan:
Corpo de xestión
- Escala de inspectores de consumo
Corpo facultativo de grao medio
- Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas
- Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de minas
- Escala de arquitectos técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica en topografía
- Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos
- Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas
- Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos
- Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade de servizos ao buque
- Escala de axentes de extensión pesqueira
- Escala de subinspección urbanística
- Escala técnica de restauración. Especialidade de bens artísticos e arqueolóxicos
Baremación definitiva do concurso de méritos de varias categorías do grupo III que se relacionan:
- Cat. 34. Especialista de oficios (debuxante)
- Cat. 36. Experto/a audiovisuais
- Cat. 43. Encargado/a estrutura escénica. Encargado/a de taller de escenografía. Técnico/a de máquinas do IGAEM
- Cat. 66. Axudante taller. Adxunto/a taller
- Cat. 71. Oficial/a de primeira xardineiro/a
- Cat. 94. Técnico/a auxiliar en imaxe e son
- Cat. 98. Auxiliar de luces
- Cat. 101. Proxeccionista
Baremación definitiva de varias categorías do grupo IV que se relacionan:
- Cat. 20. Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)
- Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría
- Cat. 24. Xastre/a
- Cat. 25. Cargador/a. Tremoísta
- Cat. 34. Axudante de restauración e proxección cinematográfica
- Cat. 37. Oficial 2ª mecánico máquinas de defensa contra incendios forestais
Baremación definitiva de varias categorías do grupo II da Xunta de Galiza e persoal do Cixtec que se relacionan:
- Cat. 3. Estimulador/a. Psicomotricista
- Cat. 4. Mestre/a instrutor/a. Instrutor/a. Mestre/a taller da C. de Educación FP. Monitor/a de actividades docentes. Monitor/a (titulado/a medio/a)
- Cat. 5. Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas
- Cat. 6. Educador/a. Profesor/a especial
- Cat. 9. Axudante/a de desenvolvemento rural
- Cat. 35. Pianista
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figurará reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.


