Novas por contido

Utilizan en fraude de lei a figura da comisión de servizos, que a lei establece como excepcional, para que non tivera publicidade a través do DOG.

Cando se soubo que Eloína Núñez pasou a desempeñar o posto de subdirectora xeral houbo quen pensou que o seu nomeamento se publicaría no DOG despois de convocar o posto polo procedemento de libre designación.

Pero isto implicaría darlle publicidade ao proceso, a concorrencia de máis persoas funcionarias e que cando se resolvera saíra á luz que a curmá de Feijóo era a agraciada.

Para evitar iso dende a Xunta deberon pensar que canto menos público fora o asunto mellor, dado o historial de nepotismo de Feijoo, e tamén porque a xestión de Eloína Núñez ten mácula ao ser a Ayuso galega, a persoa que deseñou o protocolo para impedir que os nosos maiores nas residencias puidesen acudir aos hospitais durante a pandemia de Covid-19.

Por iso decidiron colocala pola porta de atrás. Convocaron o posto en comisión de servizos o día 12 de xullo e o día 14 de agosto concedéronlla. Este dato a Xunta non o quere facer público.

Esta chafallada e falta de transparencia, onde ademais se nos nega poder coñecer quen e cantas persoas optaron a esa comisión de servizos e os criterios polo que seleccionaron a Eloína e non a outra persoa funcionaria, denota o nerviosismo da Xunta do PP: obrigados a pagar favores, a colocar a amiguetes, pero ao tempo tendo que facelo de xeito discreto e sen testemuñas, como se de cometer un delito se tratase.

Utilizar a figura da comisión de servizos é un FRAUDE DE LEI, porque é un instrumento destinado á cobertura dos postos de xeito excepcional. Non poden alegar tampouco motivos de urxencia, porque dende que se ofreceu en comisión de servizos o 12 de xullo ata que lla concederon o 14 de agosto pasou máis dun mes.

Enchufar e tapar son verbos que conxuga á perfección o Partido Popular.

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, que serán o venres 13 de setembro, coa seguinte Orde do día:

Para a MSF:

  • RPT de AGACAL. Descargar (comentar que a anterior xuntanza foi en SETEMBRO DO 2023)

Para a MX

  • RPT de funcionarización de postos clasificados de persoal laboral que pasarán ao corpo administrativo-C1. (engadiremos a documentación en canto a recibamos)
  • RPT de funcionarización de postos clasificados de persoal laboral que pasarán aos corpos superior-A1 e corpo auxiliar-C2. Descargar

O protocolo deseñado pola ex xerente do SERGAS non permitía atender de Covid-19 aos enfermos procedentes das residencias.

A CIG-Autonómica, que representa ás persoas traballadoras da Consellería de Política Social e Igualdade, critica, denuncia e pide o cesamento da ex xerente do Sergas que non foi capaz durante a pandemia de protexer e coidar aos maiores e agora noméaselle subdirectora coa encomenda de velar polo benestar dos anciáns.

Algo incongruente e por tanto esiximos a inmediata dimisión. O malestar entre o persoal que traballa nas distintas unidades da consellería, residencias, centros de maiores, centros de día, Consorcio da Igualdade e Benestar, axuda a domicilio, etc e notorio, polo que non se descartan mobilizacións.

O modelo de funcionarización aprobado pola Xunta ven de provocar unha vez máis situacións de agravio, inxustiza e malestar.

Realizar unha funcionarización dunha categoría (creando unha escala de persoal funcionario) e os postos da mesma SEN FUNCIONARIZAR AO PERSOAL da lugar a que o persoal laboral fixo quede relegado ao perder dereitos de mobilidade.

Isto vese agravado aínda máis no caso das persoas que aprobaron a ultima oposición de acceso libre aos que se lles ofrecen tan só os mesmos postos que o número de aprobados, habendo máis prazas vacantes puras non ocupadas por ningún persoal.

Estas prazas vacantes QUEDARON DESERTAS ao ter que voltar ao seu posto de orixe o persoal temporal que estaba en adscrición temporal ou superior categoría.

O resultado de todo iso é que persoas que veñen de aprobar un proceso selectivo foron destinadas lonxe do seu domicilio HABENDO PRAZAS vacantes incluso na mesma localidade.

Alterar a orde de prelación de dereitos á hora da escolla de prazas vacantes crea esta aberración. Dende a CIG esiximos que muden os criterios e que todas as prazas vacantes puras se oferten en comisión de servizos.

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, contactou coa CIG para convidarnos a facer propostas de accións formativas para o ano 2025. Na súa comunicación, indican que aceptan tanto accións formativas transversais como específicas para determinados colectivos ou consellarías.

As propostas recibidas pola EGAP serán avaliadas e seleccionadas pola propia Escola. As propostas específicas serán trasladadas ás consellerías para a súa valoración.

Se tes algunha proposta, podes contactar coa CIG. O prazo para que a CIG as presente é ata o día 2 de outubro, así que procura enviarnolas ata o luns 30 de setembro para que nos dea tempo a xestinar todas as propostas.

No día de onte, 29/08/2024, constatamos que todo o persoal do SPIF da provincia de Pontevedra e algún persoal doutras provincias non cobrara a nocturnidade correspondente ao segundo trimestre do ano 2024.

Ante esta situación, e tendo en conta que o persoal do distrito XVI e do CCP de Pontevedra xa non cobrara o primeiro trimestre, enviamos unha solicitude dirixida á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural para que emendaran esta situación de xeito inmediato. Segundo comentan van abonar todas estas contías pendentes no mes de setembro. Esto sería o mínimo, pero esperemos que cumpran xa que cando xurdiu a incidencia no primeiro trimestre do ano se nos dixo que non ían cobrar ata o seguinte trimestre. Daquela dende a CIG solicitaramos que se cobrara no mes seguinte xa que non existía ningún impedimento para que así fora.

A maiores, temos que dicir que as incidencias no cobro da nocturnidade do persoal do SPIF non son novas. Xa se produciron atrasos no cobro varias veces, e iso que se paga por trimestre e non mensualmente como si se fai noutras consellerías.

Esperemos que cumpran co que din, paguen en setembro e non o atrasen máis.

E agardemos tamén que a consellería comece a abonar as contías correspondentes ao traballo realizado en domingos e festivos, e non se produzan os mesmos atrancos para o seu cobro coma no caso da nocturnidade.

Na páxina web Museos de Galiza da Xunta de Galicia podemos atopar información do chamado “Conxunto Etnográfico do Cebreiro”. Cóntanos que está formado por catro pallozas, tres delas musealizadas. Tamén temos información dos horarios de apertura, iso si tamén nos advirten do seguinte: “Este centro pode estar pechado puntualmente por causas técnicas”.

Esta advertencia non é casual, este conxunto etnográfico leva pechado todo o mes de agosto.

Alguén podería preguntarse cales poden ser as causas técnicas que teñen pechado este singular conxunto etnográfico na época de maior afluencia de visitantes a O Cebreiro. Como pode a Xunta de Galiza ter pechado o único espazo musealizado que ten en todo o Camiño Francés? Un conxunto único, que permite aos visitantes que acaban de entrar en Galiza realizar unha inmersión instantánea nunha Galiza que xa non existe, pero que nos conforma como pobo.

Noutra páxina web da Xunta de Galiza Cultura de Galiza tamén temos información da exposición dos traballos derivados do “III Encontro Internacional de cestería no Camiño” que se pode visitar no Museo Etnográfico do Cebreiro do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024. Neste caso xa non hai información de que o museo pode estar pechado por causas técnicas, pero polo de agora dos 3 meses que dura a exposición 1 mes xa non se puido visitar.

Para sacar de dúbidas a quen se faga estas preguntas imos explicar as “causas técnicas” deste peche:

Os xestores políticos da Xunta de Galiza son incapaces de realizar un chamamento polas listas de substitución para cubrir a baixa do vixiante do museo. A persoa que realizaba esas labores até o mes de agosto está de baixa laboral, nas listas de substitución para ese posto no ámbito no que está incluído O Cebreiro hai nestes momentos 34 persoas apuntadas e o trámite para realizar o chamamento pode durar 3 días. A única causa técnica que existe para ter o Conxunto Etnográfico do Cebreiro pechado durante o mes de agosto é a incapacidade dos xestores políticos da Xunta de Galiza para realizar o seu traballo.

Situación crítica nas  de maiores da Xunta pola falta de persoal e a necesidade urxente de adoptar medidas.

Cada vez é mais grave residenciasa situación que atravesan as residencias de maiores xestionadas pola Administración xeral da Xunta de Galiza debido á escaseza de persoal e, en particular, á falta de substitutas e substitutos. Como é de sobra coñecido, as condicións laborais no sector sociosanitario e, máis concretamente, nas residencias, distan moito de ser óptimas. A falta de persoal cualificado e a sobrecarga de traballo á que se ven sometidas as e os profesionais que xa están no cadro de persoal están xerando unha situación insostíbel que pon en risco a calidade da atención que reciben as nosas persoas maiores.

Esta problemática agrávase máis pola competencia co Sergas ou, inclusive, coa empresa privada, onde as condicións laborais son máis atractivas, o que dificulta enormemente a contratación e retención de persoal nas nosas residencias. A consecuencia directa é a imposibilidade de cubrir as vacacións e as baixas por enfermidade ou por calquera outro motivo, o que xera unha sobrecarga de traballo para as e os profesionais que permanecen en activo e unha diminución da calidade dos coidados.

É importante salientar que esta situación non só afecta ao benestar das persoas residentes, senón que tamén ten un impacto negativo na saúde mental e física das persoas traballadoras, que se atopan sometidas a un estrés constante e a unha presión laboral excesiva.

A medida que pasa o tempo, esta serie de problemas acentúanse, poñendo en risco a sustentabilidade do sistema e a calidade de vida das nosas persoas maiores.

As medidas urxentes a adoptar, consensuadas coas organizacións sindicais, para asegurar unha axeitada cobertura das necesidades asistenciais das persoas residentes, son as seguintes:

  1. Atraer e reter os e as profesionais
  2. Aumentar os cadros de persoal 

Por unha atención e coidados dignos, públicos e de calidade nas nosas residencias!

Séguenos para recibir información na nosa canle de Telegram ou consúltanos as túas dúbidas.

 

A Consellaría do Medio Rural vén de anunciar unha nova listaxe de prazas en Moura para as que farán chamamentos a través das listas de contratación. Trátase de prazas de varias categorías correspondentes ao Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF). Desta vez non sae ningunha praza na provincia de Pontevedra.
 
Lembra que os chamamentos para as prazas de 12 meses teñen que vir sinalados como optativos porque fan o chamamento a través das listas de laborais; e que o persoal de 6 meses non debería recibir citacións para outras prazas de 6 meses, a non ser que sexa persoal indefinido.
 
 
 

CCOO e UGT veñen de difundir unhas instrucións destinadas ás consellerías sobre os procesos de funcionarización. Están asinadas pola directora xeral de Emprego Público e esta NON TIVO A DECENCIA de enviarllas ao sindicato maioritario, nen sequera de avisar, cando esta cuestión ten unha grande relevancia porque:

1. Anunciase xa o DOG no que se vai publicar este documento (27/08/2024).

2. Anúncianse os prazos para a asinar a extinción da relación laboral (días 27, 28, 29, e 30 de agosto).

3. E anúnciase a toma de posesión para o día 2 de setembro.

*O documento incluso contén un erro, se a sinatura da extinción da relación laboral é a partir do día seguinte da publicación e a publicación é o 27, ese mesmo día non se podería asinar.

Outras novas recentes

Venres, 06 Marzo 2026

Incumprimentos do Acordo de Teletraballo e novas restricións inxustificadas

Tres anos sen convocar a Comisión Técnica de Teletraballo: a Xunta segue permitindo recortes arbitrarios nas xornadas de teletraballo Na Comisión de Persoal deste venres 6 de marzo de 2026 volvemos denunciar o incumprimento reiterado do Acordo de Teletraballo e a aparición de novas restricións arbitrarias que non teñen amparo na norma. A directora xeral de Emprego...
Luns, 09 Marzo 2026

Este 10 de marzo, mobilízate contra a precariedade e a desigualdade

Desde a CIG facemos un chamado a converter este 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, nunha xornada de mobilización contra a precariedade e a desigualdade, para reivindicar traballo digno e sermos na Galiza un pobo con dereitos. MOBILIZACIÓNS DA CIG NESTE 10 DE MARZO Ferrol (actos centrais): ás 11:30h, ofrenda floral no Monumento ao 10 de marzo. Ás 20h, manifestación...
Martes, 10 Marzo 2026

RPT de Mar, concurso, datas de PI de corpos xerais e outros (CP 6/03/2026)

Na Comisión de Persoal do 6 de marzo de 2026 tratáronse como puntos centrais da orde do día os seguintes: MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLARÍA DO MAR Cambios: sen modificacións a respecto da mesa sectorial; mateñen dúas modificacións xa propostas e traen unha terceira que é nova: PE.C99.40.301.36235.019, profesorado de intervencións subacuáticas e hiperbáricas, Instituto...