Inicio
Martes, 15 Xullo 2025

A Xunta de Galiza premia cun posto de traballo a un presunto agresor sexual

A CIG-Autonómica denuncia que a Administración da Xunta do PP tenlle reservado un posto de traballo ao exconselleiro cando non ten dereito a reserva por ser persoal temporal

Alfonso Villares Bermúdez dimitiu como Conselleiro do Mar en xuño de 2025 por unha denuncia de agresión sexual. Deixando a parte a vergoñenta despedida multitudinaria que lle deu o Goberno do Partido Popular despois dunha denuncia tan grave, a bola de neve segue medrando.

O día 9 de xullo publícase o concurso de ...


Martes, 15 Xullo 2025

Alegacións da CIG á convocatoria da carreira profesional EXTRAORDINARIA (graos I, II e III)

Sete meses despois do primeiro borrador, os sindicatos recibimos a segunda versión da proposta da convocatoria dos graos I, II e III da carreira profesional extraordinaria (carreira administrativa para o persoal funcionario e complemento de desempeño para o persoal laboral). Os textos veñen xa cociñados por Xunta e outros sindicatos, e con cambios tan importantes como substituír a palabra “proposta” por “borrador”, nada máis.

Por tanto, a convocatoria dos graos I, II e III da carreira ...


Martes, 15 Xullo 2025

Avaliación do desempeño e carreira profesional ORDINARIA: a despachar nuns días tras 10 anos de retraso e moitas incertezas?

Fai pouco máis dunha semana que a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) enviou un documento de 40 páxinas co anteproxecto que regulará a avaliación do desempeño e a carreira profesional ordinaria (non confundir coa convocatoria da carreira extraordinaria para os graos I, II e III).

O contido desta avaliación do desempeño afecta moitísimo ao persoal empregado público da Administración da Xunta de Galiza e dos seus entes instrumentais, polo que require unha ...


Venres, 11 Xullo 2025

A carreira profesional e a avaliación do desempeño: para adiante en xullo?

Con máis de medio ano de atraso, a Xunta quere sacar unha convocatoria extraordinaria dos graos I, II e III da carreira profesional. E no medio do lote queren aprobar ás agachadas, en pleno verán, a carreira ORDINARIA e a AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO que vai traer enormes consecuencias para o persoal ao servizo da Administración Autonómica.

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal xa nos trasladou as súas intencións de finalizar antes de agosto a negociación de dous ...


Martes, 08 Xullo 2025

Comisións de servizo na escala extinta de Axentes forestais (C2)

Tras unha sentenza firme a Dirección Xeral de Emprego Público xa autorizou 3 comisións de servizo na escala de axentes forestais (corpo de auxiliares técnicos da escala C2)

A CIG protesta pola decisión de Emprego Público e solicítalle unha reunión urxente coas consellerías para arranxar a situación anacrónica das RPT, valorando eliminar o C2 nos postos que non están ocupados por axentes forestais e barrar xa os postos ao B.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ...


Xoves, 03 Xullo 2025

A carreira profesional volve á mesa de negociación (17/07/25), acompañada dunha BOMBA PARA A CARREIRA ORDINARIA

Sete meses despois do primeiro borrador, envían para a Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF) e Mesa Xeral (MX) de Empregados Públicos do xoves 17 uns novos textos dos graos I, II e III extraordinarios da carreira profesional (carreira administrativa para o persoal funcionario e complemento do desempeño para o persoal laboral). Á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal levoulle sete meses poñer cambios tan radicais como trocar a palabra ...


Mércores, 02 Xullo 2025

Confírmase a estafa: cando nos paguen os atrasos do 0,5% levaremos perdido o 2,30% en tan só tres anos

O Goberno ven de aprobar a suba salarial adicional do 0,5% confirmando a perda do poder adquisitivo do persoal empregado público . Esta miseria é froito do pacto salarial de CCOO e UGT, e agora pretenden de novo vender como un éxito o que foi un “pacto de perdas”

Os tres protagonistas da última tomadura de cabelo ás empregadas e empregados públicos saíron nestas últimas horas a felicitarse por algo insólito: imos cobrar os atrasos que nos deben! O goberno central, CCOO e UGT aplauden ...


Mércores, 02 Xullo 2025

Xerencia do Consorcio: deus críaos e o PP xúntaos!

O xerente non xestiona e a xerenta adxunta para escolas infantís non resolve pero ameazaO 6 de marzo de 2025, o persoal do Consorcio pasou a ser persoal da Consellaría de Política Social da Xunta de Galiza. Nas nosas nóminas xa non aparece o NIF do Consorcio. Pero é o único cambio que se percibe porque a xestión por parte do Consorcio segue a ser nefasta e seguimos a sufrila.

O contactar co Consorcio nunca foi doado pero, dende hai uns meses, é  misión imposíbel. O departamento de persoal, ...


Mércores, 02 Xullo 2025

A CIG mobilízase para reclamar a profesionalización das cociñas da Xunta e na defensa dos dereitos do persoal non docente

A CIG-Autonómica desenvolveu o luns 30 de xuño unha manifestación en Santiago na que participaron unhas 300 persoas traballadoras dos centros de ensino da Xunta para reclamar a profesionalización do sector e na defensa dos dereitos do persoal non docente dos centros de ensino públicos.

Ao remate da marcha, que arrincou dende as instalacións da Consellaría de Educación en San Caetano ás 11:30 horas, deuse lectura a un manifesto no que se recollían as principais demandas do sector, que ...


Venres, 27 Xuño 2025

Rueda culmina a creación do «Instituto Galego de Trolas» (IGT), en suplantación do IGE

Co silandeiro cesamento do director do IGE, Rueda liquida o que até o de agora fora o Instituto Galego de Estatística, vendido ás empresas privadas e transformado nun medio de censura máis, xunto coa RTVG

Esta é a crónica dunha suplantación fría e rapidamente calculada. Dende o intre en que Rueda encargou un informe á medida á empresa Sondaxe —grupo de La Voz de Galicia— para desdicir, previo pagamento, a «Enquisa estrutural a fogares. Coñecemento e uso do galego» do Instituto Galego de ...


Mércores, 25 Xuño 2025

Nova etapa para o persoal do Parque Nacional Illas Atlánticas

Grazas a un intensivo traballo sindical da CIG o persoal do PN das Illas Atlánticas regula e mellora notablemente as súas condicións de traballo. O Acordo foi asinado o mércores 25 de xuño coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e o conselleiro de Facenda e Administración Pública.

Dende a transferencia á Xunta en 2008, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza (PNIAG), no que atinxe ás condicións laborais dos seu persoal, permaneceu nunha densa néboa a través da cal a ...


Ao mesmo tempo que a Comisión do Pacto de Toledo ultimaba o seu informe, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, acompañado do Secretario de Comunicación e Propaganda, Francisco Miranda Vigo, comparecían en rolda de prensa para anunciar a decisión do Secretariado Confederal da CIG de promover a convocatoria dunha nova folga xeral o vindeiro 27 de xaneiro, na véspera da data límite marcada polo goberno español para sacar adiante a súa proposta de reforma do sistema de pensións.

Seixo advertiu da necesidade de dar unha resposta contundente ás políticas económicas e laborais que os gobernos viñeron adoptando até o momento, porque “todos os avances que se tiñan conseguido cara un sistema de protección social estábel e seguro estanse destruíndo. Tanto as reformas xa efectuadas, como agora a das pensión ou a que se nos anuncia da negociación colectiva déixanos nunha situación social e laboral de hai 60 anos”, advertiu.  “Estamos ante un cúmulo de despropósitos que require dunha contestación inmediata”.

Redución das contías das pensións

O Secretario Xeral da CIG foi moi crítico á hora de avaliar as propostas de atrasar a idade de xubilación até os 67 anos e  incrementar os anos para calcular a base reguladora, medidas destinadas á dificultar o acceso ás pensións e rebaixar as contías das mesmas. Sobre este punto, explicou que, na práctica, subir de 15 a 20 anos o tempo para a base reguladora suporá unha perda do 6% nas pensións futuras. Se o cálculo se realiza en 25 anos,  provocarase unha caída das contías das pensións do 10%, e se finalmente se ten en conta toda a vida laboral, tal e como veñen reclamando a CEOE ou o FMI, a perda ascende até o 20% da prestación percibida.

A maiores tamén se fala da necesidade de mudar o sistema de revisión das pensións en función do IPC real, co obxectivo de reducir por esa vía o poder adquisitivo das pensións.

As recomendacións da Comisión do Pacto de Toledo

En canto ao atraso da idade de xubilación, Xesús Seixo referiuse á xuntanza que a Comisión do Pacto de Toledo estaba mantendo á mesma hora que a central comparecía en rolda de prensa, advertindo das preocupantes “recomendacións” contidas no seu informe.

Aínda que o documento non recolle expresamente a suxestión de elevar a 67 anos a idade de xubilación, insta a tentar igual a idade real de xubilación, situada arredor dos 63 anos, coa idade legal, os 65. Isto suporá a adopción de políticas destinadas a dificultar as xubilacións anticipadas, voluntarias ou mesmo as xubilacións parciais con contrato relevo; unha vía escollida por  moitas empresas para rexuvenecer os seus cadros de persoal.

Ademais, o goberno fala ás claras de primar o atraso da idade de xubilación con fondos públicos, favorecendo así as uns sectores que non sofren o desgaste físico e psíquico que padecen outras profesións.

Neste punto, o Secretario Xeral da CIG, manifestou as contradicións nas que cae a propia patronal  ao demandar o atraso da idade de xubilación até os 70 anos, cando son as empresas as que dificultan o acceso ao mundo laboral aos traballadores e traballadoras maiores de 50 anos e despiden, en primeiro lugar, aos obreiros/as máis antigos.

Os falsos argumentos para xustificar a reforma das pensións

Se ningunha das reformas que o goberno veu aprobando até agora está xustificada, a modificación das pensións só obedece a unha estratexia para facilitar liquidez e recursos á banca. Por iso, Seixo, afirmou que “se Zapatero e o seu goberno fosen minimamente honrados o que deberían facer é dimitir e pasar a cobrar a súa nómina do BBVA ou o Banco Santader, xa que traballan para a banca e non para a maioría da sociedade”.

Para xustificar esta reforma, aclarou, estanse recorrendo a informes de “expertos” que teñen situado a quebra do sistema público de pensións no horizonte do ano 2040, estudos de dubidosa rigorosidade cando previamente vaticinaron esta quebra no 2005, 2010, etc.. Utilízanse, así mesmo, argumentos falsos que pretenden vincular a viabilidade do sistema á evolución demográfica, é dicir, ao avellentamento da poboación. “O futuro das pensións tense que vincular ao número de activos, que son quen pagan as pensións dos pasivos, e á propia calidade dos salarios”, aseverou Seixo.  “Polo tanto, aplicando políticas de fomento do emprego e de salarios dignos, están máis que garantidos os ingresos á seguridade social”.

Fronte a estes argumentos catastrofistas, Seixo lembrou que o superávit da Seguridade Social está por enriba dos 60.000 millóns de euros, e que no terceiro trimestre de 2010, cunha taxa de paro do 20%, o sistema rexistraba un superávit de 11.000 millóns de euros. “Haberá que preguntarlle a estes expertos que previsións teñen de desempregados/as para o 2040 para crer que vai ser deficitaria a seguridade social. Pensan que haberá un 40% de parados/as?”, preguntou.

Outro dato que se esgrime refírese ao incremento substancial das pensións no PIB futuro, facendo o sistema insostíbel. Porén, os datos actuais tiran polo chan este argumento. No ano 1995 o peso das pensións no PIB representaba o 8%. En 2008, cun incremento de 1.5 millóns de pensionistas, esta cifra reduciuse ao 7,8%, ao incrementarse de forma significativa o Produto Interior Bruto. A falacia do argumento consiste en baremar só unha das variábeis sen ter en conta o propio crecemento do PIB.

Desigualdades sociais e garantías

Alén de resultar tremendamente beneficiosos para o capital financeiro e o seu modelo especulativo, a xeneralización dos sistemas privados de pensión creará graves desigualdades sociais entre aqueles/as traballadores/as en precario que non poidan acceder a un sistema complementario de pensións e aquelas persoas con maior capacidade de aforro. Isto, alertou,  provocará que un sector moi amplo da poboación só teña posibilidade de percibir as pensións mínimas.

Do mesmo xeito, a CIG recalca que único sistema garantista é o público, porque os pagos se afrontan coas achegas dos/as traballadores/as en activo. Por iso, Seixo apuntou que, ao estar suxeitos aos movementos especulativos, os fondos privados de pensións non poden garantir a súa propia supervivencia e, ao igual que acontece neste momento, “se os estados non saísen en defensa do sector financeiro, moitos destes fondos estarían en quebra”.

Chamamento á UGT e CCOO

Durante a comparecencia, Seixo aclarou aclarou que a CIG comunicou a súa decisión de convocar folga xeral o 27 de xaneiro aos Secretarios Xerais de UGT e CCOO en Galiza, animándoos a sumarse a esta convocatoria; mais tamén explicou que a central nacionalista está aberta á posibilidade de mudar de data. Se a nivel estatal UGT e CCOO deciden adoptar outro día para a folga xeral, previo ao 28 de xaneiro, a CIG “non terá inconveniente en consensuar unha data para conseguir unha maior resposta social”.

Dende a CIG advertiuse da necesidade de contestar contundentemente a todas estas políticas neoliberais, porque, do contrario, “estaremos diante dun escenario moi complicado para a clase obreira”. Neste senso, afirmou que a folga xeral do pasado 29 de Setembro obxectivou que cando o movemento obreiro actúa con coherencia “hai motos miles de traballadores e traballadoras dispostos a dar a cara”.