Novas por contido

Información remitida pola Comisión Permanente, en relación á funcionarización das listas que está previsto que publiquen no DOG o venres 14 de febreiro.

1º) Listas que se van a transformar de oficio, ao abeiro do artigo 4.2 da Orde do 20 de xullo de 2021.  Publicaranse as persoas excluídas por non cumprir os requisitos das escalas e darase un prazo de alegacións de dez días hábiles :

  • I-C-20D5. Corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade animación sociocultural.
  • I-C-209H. Corpo de axudantes de carácter facultativo da  Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala técnica de condución.
  • I-D-207Y. Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala de auxiliar de coidadores.
  • I-D-209M. Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos e Bibliotecas.
  • I-D-209N. Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Museos.
  • I-D-208Q. Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala auxiliar de condución

 

2º) Listas que se van a funcionarizar presentando solicitude as persoas integrantes das listas das categorías laborais equivalentes, ao abeiro do artigo 4.1 e 7.1 da Orde do 20 de xullo de 2021 . O prazo será de dez días hábiles.

  • I-B-209D. Corpo facultativo de grao medio de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Educación Infantil.
  • I-C-209O. Corpo administrativo do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala de axentes de inspección. Especialidade Vixilancia de estradas.
  • I-C-209G. Corpo de axudantes de carácter facultativo a  Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala técnica de cociña.
  • I-C-20B6. Corpo de axudantes de carácter facultativo a  Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala técnica de recursos naturais e forestais. Especialidade Capataz.
  • I-C-209E. Corpo de axudantes de carácter facultativo da  Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala técnica de mantemento de servizos.
  • I-C-208I. Corpo administrativo do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala de axentes de inspección. Especialidade Mobilidade.
  • I-C-209I. Corpo de axudantes de carácter facultativo da  Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala técnica de análises de laboratorio.
  • I-D-207X. Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala de gardas de recursos naturais.
  • I-D-207Z. Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala auxiliar de cociña.
  • I-D-208N. Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala de auxiliar de mantemento.
  • I-D-20D0. Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala auxiliar de recursos naturais e forestais.
  • I-D-208P.Corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza. Escala auxiliar de laboratorio.

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) convocounos a unha xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos (MX) e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSF) que será o venres 14/02/25, coa seguinte Orde do día:

- RPT do Instituto de Estudos do Territorio (IET). 

Dous meses despois da xuntanza inicial, traen a proposta de modificación para a MX. Descargar

- RPT de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A xuntanza inicial foi o 08/07/2024. CIG presentou alegacións o 16/07/2024. Sete meses despois traen o asunto á MSF. Descargar

 

Despois de meses solicitando reunirnos con Política Social para tratar os tempos de programación nas escolas infantís, acceden para que pareza que negocian, pero xa traen todo pechado.

Este venres 7 de febreiro, o Comité Intercentros reuniuse con representantes do Consorcio, da AGASS e de Política Social. O obxecto da xuntanza era a negociación dos tempos de programación perdidos hai un ano; loita na que a CIG leva dende o inicio. O que nos trasladan é un calendario escolar para o vindeiro curso 25/26 no que do 1 ao 4 de setembro non terían alumnado e o 5 de setembro sería o día de portas abertas.

Tamén indican que teñen dous días para pechar en Nadal, facendo dúas propostas, para escoller unha delas (peche o 22 e o 23 de decembro ou peche o 26 de decembro e o 2 de xaneiro). Pretenden que sexamos nós as que escollamos, e que collamos esa pequena esmola que non representa, en ningún caso, negociación da empresa cos/as representantes dos traballadores/as. De feito, tras expoñer estas cuestións, pretendían dar por finalizada a xuntanza. E logo, non era o motivo da mesma a negociación dos tempos de titorías e programación?

A resposta é que a organización deses tempos xa está decidida e que será como este curso: 3/4 días de peche anticipado (despois do xantar do alumnado) para que os equipos poidan reunirse 2 horas. Preguntamos: 6/8 horas ao curso para programación/titorías/xuntanzas de equipo? Responden: Si. Asemella unha broma, pero é real.

Tamén preguntamos se teñen claras as instrucións para realizar fóra de horario estes tempos por parte das traballadoras que xa non están na súa quenda de traballo, porque desta vez todo foi improvisado. Responden, de maneira pouco convincente, e veñen a dicir que cada quen que queira quedar... que quede, e senón que marche! Que nivel!

Dende a CIG seguiremos exixindo un ensino de calidade dende o primeiro ciclo de educación infantil!

Consideramos que non hai que esgotar o prazo dun ano que da lei 5/2024 tanto para o establecemento dos coeficientes redutores da xubilación anticipada como para a constitución da comisión de avaliación de enfermidades profesionais.

A CIG vén de reiterar ante o Goberno español a necesidade de avanzar no establecemento dos coeficientes redutores para a xubilación do persoal bombeiro forestal.

E ao mesmo tempo, por ter a consideración legal de organización máis representativa en base á Lei Orgánica de Liberdade Sindical, vimos de reiterar a nosa intención de formar parte da comisión para a avaliación e recoñecemento das enfermidades profesionais.

Lembramos a potestade das organizacións que ostentamos a condición de máis representativas de participar como interlocutores na determinación das condicions de traballo nas administracións públicas, porque é unha cuestión que moitas veces se está a bloquear por outros sindicatos pactistas que sacan as negociacións do marco legal de mesas de negociación para pactar pola súa conta.

E unha vez máis mostramos a nosa preocupación, polas posibles rebaixas aos dereitos da xubilación do persoal bombeiro forestal: logo de mais de 10 anos de loita polos coeficientes e por un catálogo de enfermidades profesionais que garantan unha vellez digna e saudable, non podemos permitir nin un paso atrás!

As disposicións transitorias da lei 5/2024, do 8 de novembro, básica de bombeiros forestais establecen un período dun ano para dar cumprimento as dúas peticións. Temos tempo, pero compre ir facendo o traballo e non ir aos límites legais cando a seguridade e saúde dos nosos compañeiros e compañeiras está en xogo. 

Na Illa de Ons a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático xera e distribúe electricidade de xeito irregular á veciñanza e negocios á custa da seguridade e saúde do seu persoal, pero ademais págalo ti!

O pasado mes de decembro o delegado de prevención de riscos laborais da CIG no Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (CMACC) realizou unha visita a Illa de Ons, pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza. Os motivos son varios, pero principalmente observar de primeira man o estado das instalacións, maquinaria e demais cuestións relacionadas coa seguridade e saúde do persoal.

O aspecto que máis lle sorprendeu é o rol que asume a CMACC como empresa subministradora de electricidade para toda a  Illa de Ons, onde ademais das persoas que alí viven (na illa hai aproximadamente 100 vivendas) existen varios negocios de hostalería que atenden aos milleiros de visitantes que chegan cada ano (142.000 en 2024). Esta insólita situación é sobre a que pivotan os problemas máis graves de seguridade e saúde do persoal da Xunta.

A xestión insostible no Parque Nacional

Pois, por se fora pouca a anomalía, resulta que o xeito de xerar a electricidade que utiliza a consellería abandeirada da protección ambiental na Galiza é a máis contaminante posible: baséase na utilización de equipos electróxenos con motores de explosión diésel en funcionamento  24 horas ao día e utilizando gasoleo agrícola. Equipos que por suposto non están automatizados, senón que acenden e apagan a man o persoal da consellería (axentes ambientais, vixilantes, etc.) de xeito precario e varias veces no día, unha delas na madrugada.

O manexo de combustible e equipos

As contas do 2023, que recoñeceu o propio director do Parque, falan de, non menos de 120.000 litros de gasoleo consumidos cada ano en Ons. O gasoleo chega á illa nun barco contratado que descarga habitualmente no porto da illa entre 6 e 8 depósitos de 1.000 litros, o persoal cárgaos alí e traslada con medios improvisados o combustible a grandes depósitos fixos nas instalacións, traballo indispensable para alimentar os grandes, ruidosos e contaminantes xeradores de electricidade.

Esta maquinaria e combustible son as que manexa o persoal da Xunta nunhas instalacións e condicións inaceptables, propias do século pasado. Non é de estrañar que os pequenos derrames de combustible sexan habituais no Parque Nacional, pois nen sequera se conta con balsas de retención.

Por todos estes feitos e outros incidentes informados polo persoal, a CIG solicitou a documentación pertinente ao CSSL da CMACC. Unha vez revisada a información achegada podemos concluír:

- As instalacións non constan dadas de alta en industria como é preceptivo dado o tipo e volume de combustible e a gran potencia dos equipos.
- Non constan os preceptivos proxectos de instalación de depósitos nin de equipos electróxenos.
- Non constan empresas certificadas que realicen as operacións de instalación, revisión e mantemento obrigatorias que garantan o correcto estado das instalacións existentes.
- Non existe persoal especializado ao cargo dos equipos.
- Non consta informe das persoas responsables das incidencias e problemáticas.

Pero a cousa non queda aquí, pois ao indagar na contratación da subministración de combustible (lembremos que o consumo ordinario supera 120.000 litros/ano) non atopamos ese contrato  no portal de transparencia da Xunta de Galiza. Cabe ter en conta tamén que as contratacións do transporte marítimo tampouco aparecen no portal, pese a ser un destacado gasto de cartos públicos de carácter ordinario no Parque Nacional.

Inocentes, inocentes!

Estes grandes números enténdense porque a CMACC, non soamente atende ao servizo das súas instalacións e servizos, produce e distribúe irregularmente enerxía para toda a poboación da illa e aos prósperos negocios de hostelaría que teñen alí a súa actividade. Por suposto un servizo en precario de apenas 10 h/día e sen garantías de calidade para as persoas usuarias, que como é normal non pagan o servizo. Non hai que esquecer que a “empresa subministradora” é a consellería e por suposto a “broma” a mantemos economicamente entre todos/as os/as contribuíntes.

O buque sen goberno! E agora que!

Pero, con todo, o que alí acontece dende fai máis de 20 anos ten un efecto intolerable na seguridade e saúde do persoal. Teñen que asumir riscos imposibles froito da irresponsabilidade dos xestores do Parque Nacional. O director, nos 20 anos que leva no cargo, apostou decididamente por unha xestión medioambientalmente insostible e irresponsable caracterizada pola improvisación. É evidente o desprezo á seguridade e saúde dos/as seus compañeiros/as, pois as medidas que agora esiximos con urxencia xa se contemplaban nas avaliacións de riscos e plans de acción que ten no caixón dende 2017.

A CIG esixe, ben sexa á CMACC ou á propia Presidencia da Xunta de Galiza, que asuman a responsabilidade dos feitos que temos comprobado e inicien de inmediato as medidas obrigadas para solucionar a situación. Non é aceptable seguir con esta xestión propia do “exército de Pancho Villa”.

No punto sobre a modificación da convocatoria de funcionarización a C2 (Auxiliar de clínica e coidadres/as), das categorías IV-004 e III-99

DXEP: Dáse conta da mofificación da resolcuión pola que se modifica a resolución do 15/12/23 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionariosde carreira do corpo auxiliar da Administraciḉon Xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2 do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo IV e V, do V Concenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurífico dando opción ás persoas incritas neste proceso que teñan a titulación de auxiliar de clínica podan funcionarizarse nesa escala

Dende a CIG verbalizamos que están a facer unha degradación do grupo III e para o grupo IV o que presentan é unha promoción horizontal de cambio de escala.

A DXEP informa de que isto ao ser unha modificación do decreto non procede votación posto que esta xa se fixo polo que agora so o traen á mesa para dar conta disto

No que atinxe á modificación da RPT de educación

A DXEP sobre a proposta de modificación da RPT da consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dende a CIG manifestamos o noso votp en contra apoiado nos seguintes criterios:

  • Non á destrución de 28 postos de atención directa para crear 12 de niveis
  • A xustificación das amortizacións é por estar vacante ou en base a decreto e circular do 94 coas que non estamos conformes e que non queren negociar.
  • Non incluen as novas creacións de principio de curso, nin se valoran as novas necesidades despois de medio ano da proposta

DXEP: aprobado co voto en contra de todos

No punto da modificación das RPT de funcionarización por sentenzas:

DXEP: Proposta de modificación da relación de Postos de traballo do proceso de funcionarización e clasificación de postos de Administración especial da Administración xeral da comunidade autómona de Galiza

Dende a CIG manifestámonos a favor e que se apliquen sempre tamén noutros casos con sentenzas firmes

DXEP. aprobado co voto a favor de todas as OOSS

Na Rolda aberta de intevencións

Dende a CIG reiteramos a solicude xa feita a través de preguntas non contestadas na mesa xeral do pasado 31 de xaneiro, un calendario de todos os procesos en curso tanto de estabilización, que expliquen a previón para publicar todos os baremos definitivos e listado de persoas aprobadas dos procesos pendentes, como dos concursos, tamén solicitamos unha previsón das tomas de posisión dos procesos xa convocados e das convocatorias e finalización dos que aínda teñén pendentes CIG.

A DXEP resposta: “estanos analizando como imos proceder como xa se dicxo eo venres e cando teñamos rematado a analise informaremos dos 206 procesos”.

Sobre os concursos afirma: “analizando tanto os que xa están convocados como os que imos convocar para negociar en mesa as bases dos que se van a convocar”

Tamén se trataron outros temas:

  • Data para a publicación da carreira profesional. A DXEP refire: “non temos data”
  • Persoal investigador: o Decreto 12/24 DOG 12 de xaneiro refería que no prazo dun ano dende a entrada en vigor publicarían a orde conxunta que desevolvería para proceder a desenvolver os criterios para a avaliación do persoal investigador que non está feita. Tamén se reflectía que as fundacións de investigación biomédica ou sanitaria que non realizasen o proceso extraordinario de estabilización da Lei 20/21 deberíano facer antes do 31/12/24 pero segue sen facerse. A DXEP refire: “analizaremos a información”
  • En mesa xeral de orzamentos do 16/10 preguntouse sobre a posibilidade que se aprobase de oficio o perfeccionamento dos trienios do persoal laboral temporal como funcionario de carreira na cuantía cobrada como persoal laboral temporal. Hai sentenzas xa nesta senso. Vaise tomar de oficio algunha acción, para evitar a caída de demandas?. A DXEP Afirma: ”analizando como van proceder en vista das sentenzas”
  • O  persoal de laboratorio veterinario de Lugo fala da falla de medidas de seguridade: material sensible de laboratorio e material biolóxico sen vilxancia, que si ven son cousas a tratar no acordo de seguimento das condición de traballo destes, Función Pública debe ter coñecemento desta situación…A DXEP afirma "non ter coñecemento da situación, a eles non lles chegou nada…"

Onte, día  4 de febreiro dende a CIG mandamos un escrito dirixido a Función Pública advertindo do que consideramos un erro na composición do tribunal nomeado pola resolución do 30 de xaneiro que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de educador/a social.

Nesta Resolución aparece como vogal do tribunal suplente un educador, profesor especial (persoal laboral do grupo II, categoría 6) que tamén aparece nas listas provisionais de admitidos e excluídos da Resolución do 22 de xaneiro de 2025.

Á vista das resolucións citadas, consideramos que a pertenza como membro do tribunal dunha persoa que aparece admitido para participar no mesmo procedemento que debería ter que cualificar debe responder a un erro posto que do contrario sería atentatorio contra a máis das elementais normas de limpeza e transparencia no proceso ademais de contravir a lexislación sobre a composición dos tribunais.

No DOG do 05/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinadas escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe <Listas de contratación>  e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

Fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario das escalas e especialidades seguintes:

Grupo          Corpo/ Escala                        Denominación

A1                    207J                       Escala superior de saúde laboral

A1                    207K                   Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo

A1                    207L                    Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Hixiene industrial

A1                    207M          Escala superior de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Ergonomía e psicosocioloxía aplicada

A2                    209T                    Escala técnica de orientación laboral

A2                    207N                    Escala técnica de saúde laboral

A2                    207P                     Escala técnica de seguridade e saúde no traballo. Especialidade Seguridade no traballo

O problema real é a falta de persoal!

Os atrasos na tramitación da dependencia e da discapacidade, tanto no proceso de tramitación, concesión de prestacións etc, teñen unha duración superior a un ano. Durante moitos anos dende a CIG levamos insistindo na creación de novos equipos e na dotación de prazas para que a cidadanía poda acceder nun prazo razoábel aos servizos que se prestan. A Xunta non só se inhibe senón que tenta poñer na diana ao seu propio persoal cunha novidade: achaca o problema á neglixencia das persoas empregadas públicas e non á súa desidia.

E o fai dicindo que se os vai gratificar por “axilizar” o tempo de espera. Como si o problema fose que as esperas de máis dun ano derivasen da indolencia do persoal.

Este persoal está sobrecargado de traballo e a solución non é dar “gratificacións”. A solución é dotar de persoal aos servizos de dependencia e discapacidade, que é precisamente o que a Xunta non fai, darlles participación activa na configuración dos procedementos de concesión e recoñecemento, por ser precisamente os/as mellores coñecedores/as dos problemas e posibles solucións, dignificar o seu traballo e recoñecer a profesionalidade dos/as seus empregados/as públicos/as.

Sen embargo,  crean postos directivos, postos de libre designación, que non incidirán nos tempos de espera xa que non tramitarán un só expediente de dependencia. A demanda de novos equipos conformados por persoal médico/a, psicólogo/a, traballador/a social e postos de administración con negociados e seccións nunca se concretou porque sempre se foi parcheando con equipos de reforzo cunha importante discriminación salarial a respecto do persoal de estructura.

Cos noventa millóns orzamentados poderían crearse ata 200 postos de estructura que é a única posibilidade real de reducir os tempos de agarda para o recoñecemento das prestación da lei da dependencia.

Hoxe, día 04 de febreiro de 2025 sae publicado no DOG a Resolución do 28 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural pola que se publican os aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais dos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías do servizo de prevención contra incendios forestais.

Quen ten que facer as probas?:

    - Onde ver as listaxes de convocados e exentos?: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios (colgarán as listaxes ao longo do día de hoxe)

    - Persoal exento de facer as probas: quen superaron as probas convocadas para os concursos de méritos (para confirmalo buscaros nos listados)

    - Que facer se non apareces en ningún listado?: presentar alegacións. Prazo ata o 18/02/25

Certificado médico ou informe de saúde (só é necesario para a proba física):

    - Prazo para envialo: ata o 11/02/2025

    - (Ten que poñer: "non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico" e ten que ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto de hoxe)

    - Como envialo?: por sede electrónica da xunta https://sede.xunta.gal a través dun PR004A, á Sección de Persoal do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural correspondente segundo apelidos (táboa no DOG).

Outras novas recentes

Martes, 11 Novembro 2025

A CIG prepara alegacións ao Anteproxecto de Lei da administración ambiental simplificada

Este anteproxecto de lei afecta ás atribucións do persoal funcionario público, xa que contén mecanismos como a externalización de actos administrativos e informes, a redución de prazos de participación pública e informe, a eliminación dos efectos vinculantes dos informes ou o silenciamiento do procedemento.  A Lei de administración ambiental simplificada da Galiza pode...
Mércores, 12 Novembro 2025

Listas de substitucións provisionais de persoal funcionario e laboral da Xunta

No DOG do 12/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza, en que se incorporan as solicitudes presentadas no...
Martes, 18 Novembro 2025

Incendios: condicións dignas, traballar todo o ano e un servizo 100% público e profesional

Persoal de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta volveu mobilizarse este luns para reclamar un servizo 100% público e único, no que todo o persoal teña as mesmas condicións laborais, se lle garanta a súa saúde e seguridade, que dispoña de dignidade salarial e que traballe todo o ano nas multiemerxencias e colabore na restauración das zonas queimadas. A...