- Detalles
A Xunta de Persoal dos servizos periféricos da Xunta en Pontevedra acordou facer pública a súa postura unánime sobre os concursos de traslados:
- A concesión de comisión de servizo non está suxeita a ningún tipo de criterio obxectivo. Xa que logo, rexeitamos que o tempo traballado nesa situación sexa considerado como tempo traballado no posto de orixe.
- Defendemos que se oferten todas as prazas vacantes existentes. Incluímos aquí tanto as prazas retiradas por proposta de amortización (porque en demasiadas ocasións é unha manobra para ocultar postos).
- Que se fagan as modificacións legais necesarias para permitir que en futuros concursos, todas as xefaturas de servizo, sección e inferiores, agás aquelas que polas súas características e mediante pacto social deban ser provistas doutro xeito, sexan de concurso ordinario.
- Reclamar a convocatoria inmediata dos concursos de traslados de todas as escalas tanto de administración xeral como especial.
- Detalles
Polas escolas infantís do Consorcio e da Consellería de Política Social estiveron a pasar fotógrafos profesionais no pasado mes de decembro, para facer fotos (previa autorización das familias) de cada unha das crianzas matriculadas en todos os centros do País. O traballo foi feito sen ter en consideración as necesidades das meniñas e meniños e interrumpindo o seu ritmo diario.
Segundo a consellería, o obxecto das fotos era agasallar ás familias cunha felicitación do Nadal. Pero ese agasallo non viña só: viña acompañado dunha carta do señor Feijoo a a cada familia.
Aos centros de traballo chegaron indicacións precisas para que as traballadoras e traballadores ensobraran as fotos e maila carta, facendo así que o persoal fixese de axente de propaganda.
Mentres os centros de traballo non contan cos materiais necesarios (xoguetes, contos, etc.) cos estándares de calidade pedagóxica actualizada; teñen eivas graves nas instalacións, incluso de seguridade para crianzas e traballadores, e non se cubre ao persoal nas súas ausencias para cadrar a fin do exercicio, a Consellaría aposta por facer campaña electoral para perpetuarse na desfeita.
Diñeiro público para intereses partidistas.
- Detalles
O comité de empresa de Política Social da provincia de Pontevedra, quere manifestar e denunciar o seguinte:
Un ano máis, a Xunta de Galiza, procedeu a suspender a aplicación do artigo 19 do Convenio Único de Persoal Laboral da Xunta, por mor de acordo do Parlamento Galego de decembro de 2019, e que contemplan os Orzamentos da Xunta para 2020. Dita suspensión aparece nos Orzamentos na Disposición Adicional Décimo Primeira.
Esta suspensión mantense no tempo, a pesar de proceder dunha Lei de 2012 (estamos no ano 2020), que proclamaba que as medidas contempladas nela o eran de carácter temporal, e polas difíciles circunstancias económicas que se vivían nese momento.
O texto legal era a Lei 1/2012, de 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galiza. Concretamente o seu artigo 6, que fala da “Suspensión da aplicación de determinados artigos do convenio colectivo” no seu punto UN sinala: “Suspéndese a aplicación do artigo 19, agás a liña 1, do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.”
- Detalles
- Do ano que foi... e o ano que vén.
- PNL nivel 3.
- Reordenación SPIF. Versión Xunta fronte a proposta da CIG.
- U-lo plan de formación para o SPIF?
- Coeficientes redutores
- Cadernos técnicos: o SPIF e o apoio a continxencias
- A contracapa: recuperemos o roubado
- Detalles
O xoves 16 de xaneiro de 2020 acudimos a unha reunión co director de función pública previa a Mesa Xeral. A Xunta anuncia a suba correspondente a carreira profesional e informa sobre prazos de procesos selectivos pendentes e concurso de traslados.
A suba salarial: A estafa dun acordo de CCOO, UGT e CSIF que nos vendeu un 3% que quedou nun 2%
Feijóo vende aos medios que ao persoal empregado público lle vai aplicar unhas subas salariais a maiores do 2% que se establecerá con carácter básico dos Orzamentos do Estado. A isto está obrigado por diversos acordos contraídos anteriores (carreira, acordos sectoriais…). Independentemente da nosa opinión sobre moitos destes acordos, o único que fai o goberno é cumprir unha obriga, e iso non é noticia.
A maiores disto, do Acordo de mellora asinado no Estado por CCOO, UGT e CSIF, e que algúns destes sindicatos afirmaron que a suba do 2020 ía ser do 3% (2% fixo e un 1% variábel dependendo do incremento do PIB), agora tan so vai quedar nese 2% fixo.
Hai un ano a CIG xa denunciamos que condicionar a suba salarial a un PIB era unha renuncia e unha estafa ao persoal, xa que daquelas todas as previsións era que se situara en torno ao 2% de crecemento.
Outros asuntos:
- Alegacións a funcionarización: déixano para mesa xeral do luns 20 de xaneiro. O director aclara que as categorías que non saen é porque non estaban na ope 2018-19 e sairán na OPE 2020 para funcionarizar.
- Oposicións veterinarios/as: Non aceptan alegacións. Vai xa a Comisión de Persoal da semana que ven e depois ao DOG.
- Concurso de traslados corpos xerais: Cambia de novo o prazo. Agora di que sacara a listaxe admitidos/as para antes de fin de mes.
- Promocion Interna nos corpos xerais: Están a rematar coa baremación de méritos do A2, C1 e do C2 e prevén publicar antes das novas convocatorias. Non aclara que pasa coa PI do A1 a pesar de que lle preguntamos xa que levan 3 meses para corrixir 23 exercicios. Publicarse a resolución de aprobados/as antes de convocar as seguintes. Culpan dos atrasos das promocións internas e concurso “a parte informática”.
- Suba salarial do Estado: este ano as nóminas subirán un 2% cando aprobe a medida o goberno. Prevén pagar con efectos do 1 de xaneiro.
- Listas de admitidos de procesos selectivos xa convocados: Sairán en 3-4 semanas. Son máis de 70.000 inscritos/as para uns 2000 postos de diversas categorías, 16.000 en persoal subalterno (dará o dato exacto o luns).
- Preguntamos por outros procesos pendentes de Promoción Interna como Camareiro/a-limpiador/a, Bombeiro/a Forestal, Auxiliar de Enfermería, etc. Dirannos algo na mesa xeral do próximo luns.
- Detalles
O xoves 16 de xaneiro de 2020 acudimos a unha reunión co director de función pública para tratar o Anteproxecto de Lei de Impulso Demográfico de Galicia. No anteproxecto faltan medidas específicas dirixidas á fixación de poboación no medio rural e costeiro con pouca poboación, garantindo servizos e prestacións similares ás zonas máis poboadas. É necesaria unha descentralización que garanta os criterios de proximidade e de fixación da poboación nas zonas pouco poboadas, como o acceso de toda a cidadanía aos servizos básicos con independencia das súas condicións e características persoais e sociais.
Recolle medidas que xa existen como a tarxeta benvida, o bono concilia, bolsa de horas e engádelle moitos bos propósitos sen concretar. É un claro exemplo de propaganda... seica se aproximan as autonómicas! Feijoo xa está en modo campaña!
Deixa moito no aire e non fai propostas concretas. Desde a CIG fixemos varias achegas:
- Garantir as medidas derivadas do Plan de Igualdade da Xunta de Galiza (día de hoxe non está elaborado),é necesario impulsar medidas de flexibilización e conciliación nos servizos públicos rurais e de vilas e cidades interiores da Galiza.
- Garantir uns adecuados servizos públicos nas áreas rurais dotando de medios persoais adecuados as oficinas e centros periféricos, de ensino, comarcais…
- Medidas compesantorias para os traballadores públicos que viven ou traballan no rural ou localidades afastadas.
- Non se mencionan mecanismos para a salvagarda do dereito das persoas traballadoras, tamén na Administración, con responsabilidades familiares, particularmente a muller, á formación presencial ou á promoción profesional, como o establecemento de horarios das actividades formativas e das actividades profesionais compatíbeis (horarios de xuntanzas de traballo etc.).
- Emprego da lingua galega por parte do persoal dos servizos públicos especialmente, no ámbito rural, na relación coas persoas usuarias.
- Na lei falan de medidas para favorecer as familias de especial consideración pero non existe ningunha referencia as familias do persoal empregado publico. É necesario recuperar o Fondo de Acción Social do 2010, ampliar a súa asignación orzamentaria e incluír novas axudas que as apoien e favorezan.
- Solicitamos medidas específicas destinadas aos traballadores públicos membros de familias especial consideración, por exemplo: a) Axudas económicas b) Gratuidade en instalacións deportivas, recreativas e museos da Xunta de Galicia.
- Posibilitar e impulsar a formación presencial continuada do persoal empregado público das zonas afastadas, desistindo da centralización na EGAP. No caso do persoal de servizos comarcais e centros de ensino promoverase a súa formación con medidas de apoio (transporte, substitución…) que fomenten a súa participación nas actividades formativas.
- Impulso da flexibilidade no sector público autonómico que inclúa ao persoal a quendas, con xornada especial ou partida (m/t) e persoal de centros periféricos e con atención ao público.
- Estudo das necesidades de conciliación por centro de traballo. Desta forma evitase por parte deste persoal ter que solicitar a redución de xornada para conseguir a concreción horaria que desmonta as carteleiras de traballo e produce ademais dunha discriminación salarial problemas organizativos nos centros de traballo.
- Garantir facilidade para poder teletraballar a maior parte das xornadas da semana (en moitas cosas non se está concedendo máis dunha xornada a semana, aínda que no decreto que regula o teletraballo se contemplan ata 3, de acordo aos datos de FP a media está en 2).
- Permitir flexibilizar a xornada laboral con absoluta liberdade dentro do horario de referencia, con cumprimento de todas as horas de traballo aplicábeis en cómputo mensual, permitindo a acumulación de xornadas e eliminando a presenza diaria obrigatoria.
- Bolsa de horas positiva para conciliación de , de forma que se acumulen as horas realizadas para poder consumir con posterioridade e en computo anual (e aumentar ao 10%).
- Bolsa de horas independente da de conciliación familiar, para todo o persoal de consumo trimestral e positiva.
- Estender os dereitos de conciliación tamén aos maiores que non conviven no fogar.
- Horario de verán para tódolos empregados públicos dende o 1 de xuño ao 30 de setembro independentemente do centro de traballo (con redución proporcional para todo o persoal de redución horaria).
- O horario de verán será de aplicación automática para o persoal. Para o que traballa a quendas ou horario especial, xornada partida etc estableceranse medidas de compensación alternativas.
- Dotar os edificios administrativos e centros de traballo dos servizos necesarios para favorecer e facilitar a conciliación: salas de lactación materna, xantar (comedores), descanso e coidado dos cativos e cativas en horarios de maña e tarde (escolas infantís e ludoteca). Mentres non se implanten estes servizos promoveranse convenios asistenciais en distancias inferiores a 1 km centro de traballo.
Ante as nosas alegacións o director de FP responde que trátase dun lei que trata aspectos xerais e este tipo de cousas son para desenvolver máis tarde en regulamentos e decretos. Preguntámoslle ¿por qué modifica temas tan concretos como os ratios dos centros de menores e escolas infantís? Unha lei de impulso demográfico non é o instrumento axeitado para modificar as ratios definidas no decreto 329/2005, ten que ser obxecto de negociación colectiva noutro ámbito de actuación.
En xeral, parece que función pública non vai aceptar ningunha alegación, só pequenas variacións ao texto matizando algún artigo.En resumo: unha oportunidade perdida en avanzar na igualdade real, conciliación corresponsable e sobre todo no impulso demográfico de Galicia.
- Detalles
Suspenso en transparencia, con respecto á lingua galega e no eido da igualdade. Este é o balance despois da derradeira xuntanza de 2019, o pasado xoves 19 de decembro, do Consello Reitor da EGAP, nunha sesión centrada na presentación por parte da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos González, do informe das actividades de 2019 da EGAP e da programación para 2020.
Absoluta falta de transparencia da EGAP
A EGAP, lonxe de dar conta dos datos que permitan obter dun xeito rigoroso e válido a información sobre o seu desempeño e o grao de consecución dos obxectivos e os fins marcados pola Lei 4/1987 de creación da EGAP, e a Lei 10/1989, pola que se modifica a devandita Lei, limítase a proporcionar meras listaxes e a dar cifras soltas carentes de utilidade e relevancia ao non estar postas en relación con ningún indicador que poida amosar de forma clara e concisa que actuacións desenvolveu, de que xeito as desenvolveu, cales foron os seus resultados, que persoal se beneficiou delas e cal non, e o nivel do seu desempeño e da calidade obtidos co seu traballo (cursos, xornadas, publicacións, subvencións, convenios, contratos, premios, etc.). Toda a información precisa para unha mínima transparencia non se está a pór a disposición nin dos/as integrantes do Consello Reitor, nin dos/as usuarios/as nin da cidadanía en xeral a través do propio web da EGAP. Chega con botar unha simple ollada ao web da Escola para verificar que o sitio está desactualizado e falto xa non só das estatísticas mínimas sobre a súa actividade, senón tamén dos datos básicos sobre as súas actuacións.
- Detalles
As ordes de convocatoria propostas afondan na incertidume do persoal a hora de se funcionarizar
Con estas convocatorias chegamos á recta final dun proceso de funcionarización obrigatoria e sen garantías de que se manteñan os dereitos salariais e laborais. A Xunta de Galiza practicou a mala fe no proceso negociador con pactos vergoñosos con CCOO e UGT que fixeron de comparsa necesaria.
Esiximos unha volta a razón e a negociacion dun Acordo de garantías laborais e salariais e concurso de traslados previo a estes procesos de funcionarización.
Sobre as convocatorias:
Por que saen uns postos para funcionarizar e outros non incluso sendo da mesma categoría ou centro?.
Que pasa se tes varias prazas gañadas, nas que estes en excedencia, tes que renunciar tamen a elas? (segundo a redaccion renuncias a condicion de persoal laboral coa Xunta).
E que sucede se non teño os 2 anos como laboral fixo porque levo 10 de interina e non tomei posesion da praza que gañei? (Non ten o requisito de 2 anos).
E mais cuestións sen resolver:
Como se vai a artellar un concurso mixto funcionario/laboral? Ou e que tampouco vai a haber concurso de traslados despois?
Que pasa coa xubilación parcial? E as persoas que xa están nela?
A carreira profesional foi a chantaxe para a funcionarización, hai que voltar as cantidades cobradas?
Canto vou cobrar de soldo se me funcionarizo? e se logo concurso?
Cales van ser os meus dereitos laborais? Terei compensación por nocturnidade, traballo a quendas…? Cal vai ser o meu horario de traballo?
Como laboral indefinido non fixo ou temporal...Vanme nomear interino sen indemnización por extinción do contrato?
- Detalles
Suspenso en transparencia, con respecto á lingua galega e no eido da igualdade. Este é o balance despois da derradeira xuntanza de 2019, o pasado xoves 19 de decembro, do Consello Reitor da EGAP, nunha sesión centrada na presentación por parte da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos González, do informe das actividades de 2019 da EGAP e da programación para 2020.
A EGAP dános formación sobre igualdade mentres leva 12 anos incumprindo co persoal da Xunta de Galiza a Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e mentres forman o seu Consello Reitor un total de 24 homes e 2 mulleres
Na xuntanza do Consello Reitor da EGAP do pasado 19 de decembro de 2019 volvemos constatar que dende a dirección da Escola se fai gala dun total desleixo pola integración do principio de igualdade na formación, e pola adopción da perspectiva de xénero, aspectos nos que reiteramos que é preciso que se adopten as medidas estipuladas pola lexislación vixente.
- Detalles
A CIG acude ao Parlamento de Galiza e presenta unha Proposición Non de Lei (PNL) para a formación do persoal do servizo de Incendios (SPIF) da Xunta de Galiza e así avanzar cara unha maior profesionalización
A Xunta esta a vender futuras planificacións e incluso unha nova lei de incendios mentras non cumple os acordos acadados e non avanza na formacion do seu persoal. É necesario comezar xa a preparar seriamente ao persoal de cara as continxencias relacionadas cos incendios forestais e as emerxencias ambientais.
Na CIG seguimos a loitar pola formacion como piar básico para profesionalización e estabilización do SPIF. Por ese motivo, non paramos de poñer en marcha numerosas iniciativas para conseguir que o Servizo de incendios teña a formación máis axeitada consonte ás súas peculiares características




