- Detalles
Xoves 20 de xuño, vota CIG
Candidaturas da CIG ás eleccións sindicais aos comités de empresa do persoal laboral da consellería de Medio Rural en Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
- Detalles
En previsión das futuras sentenzas que se produzan, a CIG convida a todo o persoal funcionario e laboral (independentemente do seu actual vínculo fixo/temporal), a solicitar por vía administrativa o complemento de carreira profesional.
O sistema de carreira profesional pactado por CCOO, UGT e Xunta ven a ser unha especie de retribución de sexenios, como xa teñen os docentes. E así como o dereito a cobrar os trienios depende unicamente do tempo traballado (non da relación contractual), o dereito á carreira (ou sexenio), non llo quixeron recoñecer ao persoal funcionario interino, laboral temporal ou indefinido. Tampouco ao persoal laboral fixo que non quera funcionarizarse.
En marzo do 2019 o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado pola CIG contra a Orde do 15/01/2019 do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza pactado pola Consellería de Facenda e os sindicatos CCOO e UGT. Ademais están en trámite os recursos contra a Orde do 28/03/2019 do acceso ao grao I do sistema de carreira profesional e a Orde do 08/04/2019 de confección de nóminas.
A CIG busca cos seus recursos unha declaración de anulabilidade ou nulidade parcial das ordes, que permita a extensión do dereito a todo o persoal.
Dado que non é posíbel solicitar o complemento de carreira por vía do aplicativo de xestión establecido pola Xunta de Galiza, reservado só ao persoal funcionario de carreira e ao laboral fixo que se comprometa a funcionarizar, o resto dos colectivos só poderían solicitalo persentando unha instancia no rexistro da Xunta, con copia selada para o interesado/a. A data límite para solicitalo é o 29/07/2019.
- Detalles
Trátase dunha modificación puntual, centrada na D.X. de Xustiza e na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP):
- Opoñémonos as amortizacións que implican un saldo negativo de perda de 10 postos de traballo, trasladando parte da contía económica para a creación de estrutura. A Administración volve os seus camiños de destruír postos pola base para financiar postos de estrutura.
- En relación a rpt de AGASP indicóuselles o erro no código A20(10), que procederán a correxir. Van correxir tamén o de XORNADA PARTIDA dunha xefatura de servizo.
- Solicitamos que quede constancia na necesidade de abrir un proceso negociador económico para os postos de funcionarios que aparecen con XORNADA PARTIDA.
- Solicitamos que se lle poña o complemento de condución ao subalterno que fai tarefas de condución.
- Estamos en contra da creación dos postos como "Auxiliar de Arquivos e Bibliotecas", por canto existe unha escala de arquivos de persoal funcionario. Pero a maiores e un absurdo crear nestes intres postos de laborais, cando por parte da Dirección de Función Pública comezouse unha funcionarización destes postos.
- Solicitamos que o persoal de limpeza dos edificios xudiciais que teñen xornada inferior á ordinaria, se lle incrementen as horas de traballo.
- Os dous postos de Xefatura de Sección Secretariado do Goberno solicitamos novamente que sexan de CONCURSO.
Se queres trasladarnos algo, podes contactar coa CIG.
- Detalles
Un ano máis, outra vez... chega un clásico: a NON negociación da RPT da AMTEGA. O luns 17 de xuño de 2019, convocounos o xerente da AMTEGA a unha xuntanza o vindeiro día 19 de xuño para tratar outra modificación da súa Relación de Postos de Traballo. Esta modificación é todo un clásico do xerente:
- Amortizar catro postos base en canto quedan vacantes: analista-programador/a, enxeñeiro/a de funcións facultativas, técnico/a especialista en informática e operador/a de ordenador.
- Crear postos por arriba: neste caso 3 xefaturas de sección.
- Abrir a xefatura do departamento xurídico para a súa cobertura por persoal do estado. Descoñecemos a quen queren "colocar" desta vez...
- Detalles
A CIG-Autonómica convoca unha mobilización para denunciar a nefasta xestión de persoal de Función Pública; exixir a convocatoria inmediata de concursos de traslado; a “chapuza” da funcionarización obrigatoria; as amortizacións de postos e o peche de servizos; procesos de promoción interna; axilidade nos procesos selectivos; unha verdadeira carreira profesional, consolidada e universal .. Vai ser este mércores, día 19 de xuño, ás 11:00 horas, diante da consellaría de Presidencia, no edificio administrativo da Xunta en San Caetano.
Queremos a dimisión do actual director xeral de Función Pública. Sobran os motivos. Se estás cabreada ou cabreado, ven a protestar connosco.
A CIG denuncia que Función Pública non convoca os concursos de traslados porque non lle dá a gana, atrasándoos con escusas absurdas (os últimos foron: para persoal laboral en 2011; para administración especial en 2012 e para administración xeral en 2015). Por que se nega a convocar un concurso anual como si hai en ensino?
Ante a falta de concursos, obrigan ao persoal a buscarse a vida mediante comisións de servizo, figura que deixou de ser extraordinaria para converterse na forma ordinaria de moverse o persoal na Xunta, sen criterios obxectivos nen transparencia. Tal é así que en 2018 contabilizaron 984 comisións e 1.301 renovacións, o que dá un total de 2.285, e no que vai de ano 2019 van xa 380 novas máis 760 renovacións, o que dá un total de 1.140. Engadimos que detectamos e denunciamos 414 comisións de servizos ilegais (sen contar as ocultas e cruzadas), que deron xa lugar a recursos administrativos e probablemente acabe en contenciosos.
- Detalles
Na Comisión de Persoal do 17 de xuño de 2019 aprobáronse as RPTs de Medio Ambiente, IGVS e GAIN. A maiores diso, CIG fixo varias preguntas:
Modificación RPT Medio Ambiente: Aprobada cos votos en contra de CIG e CSIF e a abstención de CCOO e UGT.
Modificación RPT IGVS: Aprobada co voto en contra de CIG, a favor de CSIF e a abstención de CCOO e UGT.
Modificación RPT GAIN: Antes de proceder á votación, informa o DXFP que a negociación do cadro de persoal do persoal non integrado será no prazo máximo de 15 días para quedar aprobado antes das vacacións do mes de agosto. En relación á RPT da GAIN, a CIG denuncia de novo que FP pretende aprobala sen ter previamente modificado o decreto de estrutura. Segundo expón o representante da consellería, o decreto de estrutura e a RPT levarana ao Consello Reitor da GAIN o 25 de xuño para ser aprobados ambos antes da publicación no DOG. CIG en contra, CSIF a favor, CCOO e UGT abstención.
- Detalles
Recibimos correo de Función Pública co borrador de prazas a ofertar para a elección de destino do persoal funcionario que superou o proceso selectivo de A1-Biólogo.
Temos prazo de alegacións ata o mércores 19 de xuño, así que se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG canto antes.
- Detalles
O director xeral da Función Pública segue a columpiarse dicindo na última Comisión de Persoal (12/06/2019) que vai alongar todas as comisións de servizo ata que convoque os concursos. Pois a CIG oponse totalmente. Esta maneira chanchulleira e mafiosa de ter á xente anos e anos en comisión contravén o que dí a lei.
Así presentamos un recurso administrativo (que acabará nun contencioso) no que denunciamos unha por unha as 414 comisións de servizo que a día de hoxe superan os dous anos de duración.
Temos detectado os seguintes números de comisións irregulares:
- Servizos centrais: 171
- A Coruña: 72
- Lugo: 62
- Ourense: 36
- Pontevedra: 73
E xa non só iso, tan pronto se aprobe o Decreto de provisión de postos imos tamén a impugnalo, pois segue a manter o sistema de concesións das comisións dunha maneira oscurantista, sen procedemento claro nin obxectivo e mantendo moitas casuísticas nas que se poden superar os dous anos.
A CIG defende que sempre que unha praza teña reserva de posto as comisións sexan rotatorias e non na mesma persoa; este é o núcleo do enchufismo desta Administración. A mellor solución: concursos de traslados anuais, en todas as categorías e escalas, como paso intermedio ao concurso permanente.
- Detalles
O venres 14 de xuño tivemos unha xuntanza con Medio Rural polos chamamentos de listas de substitución para prazas de nova creación do servizo de incendios. A información que traslada a consellería é a seguinte:
- Os chamamentos faranse con comunicación por carta.
- Todos os chamamentos serán para as 10:00 da mañá, segundo o seguinte calendario:
- O día 21 de xuño, B.F Xefe/a de brigada.
- O día 25 de xuño, B.F. condutor.
- O día 26 de xuño, Bombeiro/a forestal (B.F.).
- Os chamamentos serán nas xefaturas territoriais, ou no edificio que dispoñan as mesmas por motivos de aforo.
- So haberá un sitio de chamamento por provincia. En Ourense houbo un erro e na citación electrónica apareceran dous lugares (na citación por carta xa vai corrixido).
- O certificado médico presentarase no chamamento, non nas probas físicas como se viña facendo de costume.
- A proba física vaina facer TRAGSA, e será o día 3 de xullo (se non hai cambios de última hora).
- A previsión de incorporación deste persoal é para canto antes; aínda que non nos puideron apuntar data exacta, prevese que na primeira quincena de xullo.
- Demos traslado de todas as queixas no referente ao caótico de todo o proceso e da imposibilidade de subsanación de erros nun proceso que está resultando totalmente opaco. Pero como sempre din, alí non era o sitio nin estaban os responsábeis destas cuestións.
- Detalles
Na Comisión de Persoal do 12/06/2019 votáronse as propostas de modificación das RPTs de Facenda, IET e Medio Rural, así como a modificación do protocolo de acoso laboral e outras discriminacións no traballo. A maiores, fixemos numerosas preguntas que poden ser do teu interese.
Modificación do protocolo de acoso laboral: aprobado co voto a favor das catro organizacións sindicais.
RPT de Facenda: aprobado co voto a favor de CCOO, CSIF e UGT, e a abstención de CIG.
RPT do IET: aprobado co voto en contra de CIG e CSIF, o voto a favor de UGT e abstención de CCOO.
RPT de Medio Rural: aprobado co voco en contra de CIG e CSIF, e o voto a favor de CCOO e UGT.
E en rogos e preguntas:
Concursos de traslados: a falta de RPT de Medio Rural era a escusa para non convocar algúns dos concursos de traslados, segundo ten manifestado Función Pública. Unha vez aprobada esta RPT pedimos a convocatoria dos concursos de traslados de persoal laboral e funcionario, de administración xeral e especial. O DXFP resposta que na semana que vén retomarán as bases de criterios xerais para no prazo máximo dun mes aprobar a convocatoria dos concursos de Administración Xeral e de veterinarios.


