Novas por contido

A CIG convoca unha asemblea por videoconferencia o martes 12 de decembro para avaliar a última proposta da Administración para un Acordo de Brigadas de axentes ambientais dependentes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural (UICON).

Ademais compre falarmos do concurso de traslados para as escalas de axentes forestais e axentes ambientais con prazo de solicitude dende o día 11 e sobre o que recibimos un monte de cuestións. Podemos falar tamén daquelas outras cousas que consideremos de importancia para estas escalas.

A xuntanza comezará ás 13h do martes 12 de decembro, dende a seguinte ligazón:

https://cigadministracionpublica.my.webex.com/cigadministracionpublica.my/j.php?MTID=md1ab09e5169fa67634dc19e4ef4c84cf

Para asegurar a participación con respecto e responsabilidade de todos e todas, temos que seguir unhas normas básicas na videoconferencia.

  1. Identifícate co nome e o distrito, e procurar manter a cámara acesa
  2. Solicita a palabra para intervir
  3. Mantén o micro apagado cando non esteas no uso da palabra
  4. Respecta o uso da palabra e as opinión dos compañeiros e compañeiras
  5. Non graves nin deites os comentarios fora da plataforma, respectar a intimidade e a liberdade de expresión

Podes entrar dende móbil:

  • Probablemente che pida que instales a App "Webex" (dispoñíbel para Android e iPhone)
  • Agora tes dúas opcións:
    1. Preme na ligazón da sesión (algún navegador no movil pode dar erro)
    2. Ou abrir a App de Webex e introducir os seguintes datos:
      • Número da sesión: 27457351664
      • Contrasinal: m2w3

Podes entrar dende PC:

Unha vez que premas na ligazón da sesión, vaiche levar ao web de "Webex", ofrecéndoche descargar unha aplicación para instalar ou acceder directamente dende o navegador. O máis doado é entrar dende o navegador.

Se premeches que entras dende o navegador, ofrecerache dúas opcións: 1) iniciar sesión e unirte, o que significa crear unha conta en Webex, introducindo un enderezo de correo e un contrasinal, ou 2) unirte como convidado, que é o máis rápido.

Engade agora o teu nome e o teu distrio, para que os demáis participantes poidan identificarte nesta asemblea de traballadores e traballadoras.

Unete á xuntanza.

No día de hoxe, 07/12/2023, dende a CIG puxémomos en contacto con Función Pública para aclarar unha dúbida que se estaba a plantexar por parte do persoal de varias escalas do subgrupo C2 de incendios (emisoristas/vixiantes-fixos, bombeiros forestais e bombeiros forestais-condutor de motobomba) en relación á posibilidade de pedir a excedencia voluntaria por interese particular na elección de destino provisional para poder seguir desempeñando un posto temporal.

A verdade é que neste caso temos que agradecer a resposta rapidísima de Función Pública que hoxe mesmo á tarde colgou unha nota explicando como se pode realizar o proceso.

Polo tanto, tal e como subliña Función Pública na nota, o persoal que queira pedir a excedencia voluntaria por interese particular, no aplicativo informático elixirán un posto,  e no momento en que se publique no DOG o seu nomeamento como funcionario de carreira deberán dirixir un escrito á Dirección Xeral da Función Pública solicitando a excedencia voluntaria por interese particular, xustificando, de ser o caso, que cumpren os requisitos

O problema xurdíu a raíz de que no aplicativo de Función Pública para a elección de destino e na RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes destas escalas só da posibilidade de escoller entre as seguintes opcións:

1. «Renuncia»
2. «Escoller posto»
3. «Solicitude de excedencia», debera presentar por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro, sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 174 (excedencia por prestación de servizos no sector público) da Lei 2/2015.

Polo tanto non existía a opción de escoller a excedencia voluntaria por interese particular do artigo 173 da Lei 2/2015, pois a que se referencia era unha excedencia para poder seguir prestando servizos como persoal funcionario de carreira e non como persoal temporal.

E finalmente hai que subliñar que esta posibilidade vai deixar de existir a partires do 1 de xaneiro de 2024 ao eliminarse a través da lei de acompamento dos Orzamentos de 2024 esta opción.

A Xunta exclúe da promoción interna ao persoal vixiante de arquivos, bibliotecas e museos que superou o proceso de funcionarización á agrupación profesional escala persoal subalterno

Por Resolución do 25/10/21 da comisión de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario polo persoal laboral fixo da categoría 10E do grupo V, vixiantes de arquivos, bibliotecas e museos, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, deuse publicidade as cualificacións das persoas aspirantes.

Dende entón, e van para dous anos, non se adecuaron as RPTs para a funcionarización dos postos de traballo nin se procedeu ao nomeamento como funcionarios da administración xeral da agrupación profesional, escala de persoal subalterno, das persoas vixiantes de arquivos, bibliotecas e museos que superaron ese proceso selectivo.

Na Resolución do 16 de novembro do 23 convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, un dos requisitos esixidos aos aspirantes é a sua pertenza como persoal funcionario de carreira á actual agrupación profesional da administración xeral, escala de persoal subalterno. Polo tanto, a Xunta de Galiza expulsa da promoción interna ao persoal laboral fixo que superou o proceso de funcionarización para a agrupación profesional.

Dende a CIG esiximos do director xeral da Función Pública da Xunta de Galiza a adopción das medidas necesarias para resolver o nomeamento como persoal funcionario do persoal vixiante de arquivos, bibliotecas e museos que superou o proceso selectivo e se posibilite a súa participación no proceso selectivo de promoción interna ao subgrupo C2 convocado pola Resolución do 16 de novembro.

 

A última oposición de persoal auxiliar coidador da Xunta de Galiza cun proceso rematado foi no ano 2006, polo que hai un importante número de traballadoras e traballadores que deberán presentarse ao próximo exame do proceso selectivo si queren seguir traballando na administración. A Xunta de Galiza fixou o eximen para o 15 de decembro, así figuraba na web de Función Pública e así se publicou no DOG do 4 de decembro 2023.

Os exames se realizarán no recinto feiral de SILLEDA, e a hora de realización da proba será ás 9.00 da mañá, polo que moitas persoas contratan aloxamento para o día anterior, para non ter que saír tan cedo ás estradas e conducir ás veces un par de horas co problema engadido do estado nervioso ao que imos todos a un exame do que pode depender o noso posto de traballo; outras persoas optan por acudir á proba en grupo, en autobuses contratados para a ocasión, onde poden viaxar sen a presión de conducir tan cedo e durante tanto tempo coa tensión que a ocasión provoca.

Pero, oh!, resulta que os pais e as nais do alumnado con necesidades educativas especiais se decataron de que o venres 15 de decembro os seus fillos e fillas non ían ter nos colexios ás persoas que posibilitan que poidan acceder á súa escolarización, e non lles gustou. Entón protestaron, e enviaron ás súas protestas á administración, e nese momento a administración decatouse de que o persoal auxiliar coidador é imprescindible nos centros de ensino para que o alumnado con necesidades educativas especiais acceda á escolarización.

O día 4 de decembro, tras a publicación no DOG da data e hora do exame de oposición para o persoal auxiliar coidador, a administración autonómica publica unha nota no web cambiando a data do exame para o sábado 16!!!

Non lle preocupa que o seu persoal teña buses ou aloxamentos contratados e que perdan os cartos e cecais a posibilidade de contratar para o día seguinte; tampouco lle preocupaba que o alumnado con necesidades educativas especiais quedara desatendido; o único que lle preocupa a esta administración é que isto saíra na prensa, que os pais e nais foran a denunciar a situación e que alguén se fixera eco do problema.

É que resulta que a administración da Xunta non lle preocupan nen o seu persoal, nen os seus usuarios; si lle preocuparan non permitiría que o persoal estivera traballando cunhas condicións de precariedade como as que teñen, non sobrecargaría as rateos que ela mesma estableceu, porque esta sobrecarga afecta ao persoal e á calidade da atención dos nenos e nenas máis vulnerables. Si lle importara algo non consentiría que ó persoal coidador estea a sofrer a arbitrariedade das direccións dos centros e das inspeccións educativas recibindo ordes de realizar tarefas que non lles corresponden, atendendo alumnado que non necesita realmente a figura do auxiliar coidador pero que “estorba” nas aulas. Non ningunearía a este persoal negándolle a información que necesita a cerca do alumnado para dar unha atención axeitada. Si lle importara algo, non faría un uso da itinerancia movendo ó persoal como a un pelele sen vida particular e enviando a unha persoa, dun día para outro, a máis de 100 km do seu posto de traballo a outro diferente.

Os pais e nais dos alumnos con necesidades educativas especiais tal vez tamén descoñezan que o persoal de atención directa que coida ós seus fillos e ás súas fillas non ten unha formación específica para acceder ós seus postos de traballo porque a Xunta negouse a recoñecer a calidade profesional destas traballadoras e destes traballadores e negouse a outorgarlle a cualificación acorde coas funcións que realizan. É máis, moito deste persoal, curiosamente a maior parte mulleres, vai recibir como pago da administración unha degradación a un grupo profesional máis baixo do que actualmente ocupan si queren acceder a funcionarizarse como o resto do persoal da Xunta.

O día 21/11/2023 publicáronse no DOG as convocatorias polo sistema de acceso libre e promoción interna a varias escalas. No caso da promoción interna se esixía pertencer ao subgrupo inmediatamente anterior de persoal funcionario.

No caso da promoción interna das escalas de oficial e capataz de recursos naturais e forestais ou analistas de laboratorio sucede que coas bases desas convocatorias se está restrinxindo o acceso ao persoal laboral que aínda non está funcionarizado.

Por exemplo, a analista de laboratorio, pode ir calquera persoa funcionaria de calquera escala do C2 que teña titulación, pero NON poden ir as persoas da escala que por itinerario profesional serían as máis indicadas e as que se lles supón maior interese, as auxiliares de laboratorio. E isto porque a pesares de que fixeron os exames de funcionarización NON foron aínda nomeadas funcionarias de carreira. Isto sucede tamén no resto das escalas convocadas.

Esta eiva lla comunicamos a Función Pública en varias mesas, e a resposta foi que modificarían as bases para solucionar este problema.

Pero a resolución que modifica esas convocatorias ten un erro conceptual. Se trataba de formular unha promoción cruzada dende o grupo IV ao grupo C1 e o que fai a resolución é permitir a promoción horizontal dende grupo III ao subgrupo C1, cousa correcta pero que non soluciona o problema, co cal as persoas do grupo IV (futuras funcionarias do C2) non poden concorrer.

Dende a CIG volvemos a comunicarlle a Función Pública que o erro non está resolto e pedímoslles que modifiquen outra vez as bases e amplíen o prazo.

No DOG do 05/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de axentes facultativos ambientais e axentes forestais.

- RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Presentación de solicitudes (de participación e de elección de postos):

Para participantes da Xunta de Galiza en servizo activo na súa escala de participación, accedendo ao Portal do empregado no enderezo electrónico https://portax.xunta.es.

Para os que atopen en calquera situación distinta da referida no punto 1, incluído o persoal doutras administracións públicas, a través do Portal da web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/ funcion-publica/concurso-de-traslados/

A solicitude e, de ser o caso, a documentación adicional, deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza e ata o día 21 de decembro de 2023 incluído e dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellaría de Facenda e Administración Pública.

Os postos vacantes ofertados nestes concursos publícanse nos anexos I destas resolucións.

Rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo.

Ademais dos postos ofertados no anexo I, engadiranse as potenciais resultas que se publicarán na web corporativa da Dirección Xeral da Función Pública, no enderezo https:// www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

 

Rematados os concursos de traslados de SPDCIF e axentes ambientais, a CIG volveu a preguntar na Mesa Xeral de Empregados Públicos do luns 4 de decembro, polas previsións das negociacións e convocatorias dos concursos de traslados. Unha vez máis deixamos claro que queremos que se convoquen TODOS os concursos para TODAS as escalas, de xeito que poidan estar resoltos TODOS a 31/12/2024.

A resposta do director xeral de Función Pública (DXFP) foi que "tentarán en xaneiro comezar coas escalas sociais ou administración especial", sen maior concreción ou compromiso. E nin unha palabra dos corpos xerais nin das escalas de administración xeral.

Eso si, tira das orellas aos sindicatos porque lle pedimos máis prazo para ver as cousas, pois segundo el iso é incompatible con pedir que se convoque todo. Esquece o DXFP que o que pedimos os sindicatos é que nos deixen algún día para ver as cousas, non que envíen a documentación un venres ás 14h para unha xuntanza do luns ás 10h, por exemplo. Iso sen ter en conta que o atraso en Función Pública mídese en anos, non en días.

A Oferta de Emprgo Público (OEP) do ano 2023 para as escalas sanitarias (Lei 17/1989), pasou o luns 4 de decembro pola Mesa Xeral de Empregados Públicos. Sobre o mesmo tiveramos unha xuntana previa coa Consellería de Sanidade o venres 1.

A proposta que traen é para cubrir 19 postos. Corresponde, segundo informaron, cunha taxa de reposición de efectivos do 110%, por 19 vacantes e un reingreso. A forma de acceso será concurso-oposición.

A CIG solicitou información das escalas ás que corresponden as vacantes para verificar que existe un equilibrio entre a oferta e as vacante.

Respecto da promoción interna, limítanse a dicir que cumprirán co mínimo legal, o que equivale a dicir que será do 25%. A CIG defende que sexa do 50%, máis tendo en conta que nalgunhas clases son números tan baixos que nin se vai poder aplicar o 25%. E na liña do que defendemos en todas as promocións internas, queremos que permitan a promoción horizontal dende outras escalas do mesmo subgrupo, e vertical dende outras escalas do subgrupo inferior, tanto de administración especial como xeral.

Limítanse a dicir que as respectivas convocatorias establecerán “o carácter” da proba de galego. Esto é, que máis adiante decidirán se é eliminatoria ou non, e pola experiencia de anos anteriores, unha persoa pode obter praza cunha nota de cero puntos na proba e, xa que logo, sen capacidade de atender no seu idioma a algún cidadán.

A previsión é que a OEP quede aprobada na Comisión de Persoal do luns 11 de decembro.

 Clase  Total prazas  Reserva discapacidade
 ATS/DUE 3  
 Inspector/a médico/a 5 1
 Licenciado/a en bioloxía 2  
 Licendiado/a en farmacia 4 1
 Licendiado/a en psicoloxía  2  
 Licendiado/a en químicas 3  

ANUNCIOS DO DIRECTOR XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA


• Publicada a elección de destino do persoal do SPIF.


• Nos vindeiros dias publicarán A1 e A2 de finanzas.


• Están traballando nas 8 enxeñerías para publicar elección destino tanto de libre como estabilización. Criterios previstos: primeiro os procesos de A1 e logo A2. Destes primeiro os que teñen PI, pode que sexa nuns casos acceso libre e noutros estabilización (depende de si teñen PI).


• Concursos de traslados persoal SPIF e axentes ambientais: do 11 ao 22 abren prazo solicitudes.


• Están traballando na orde de expediente electrónico polo que se podería publicar a resolución para acreditar os méritos dos procesos da Lei 20/2021 “despois de reis”. Comezarán polo A1 e irá en bloques completos. Antes de rematar o ano darán un cronograma.

 

PREGUNTAS DA CIG


• Reapertura do grao 2 da Carreira profesional para o persoal que foi excluído por ir fóra de prazo: NON CONTESTA.


• Queixámonos polas súper présas por, despois de 15 anos de espera, abrir agora o prazo para participar nos concursos de traslados en pleno decembro nas escalas en que a maioría do persoal está de vacacións nestas datas por telas limitadas no verán e Nadal.


• Asuntos propios en Política Social: segundo o DXFP, non hai dereito a 8 dias de AP nos centros e xustifica a negativa porque “ese persoal ten outras compensacións”.


• Solicitamos os criterios de elección de destino das enxeñarías (por escrito) xunto cos buzóns de postos. Comezarán a ofertar polas vacantes ocupadas en CS e interinos de pouca antigüidade xa que é un destino provisional? Veremos que fan finalmente en cada proceso. O que aseguran é que non van tocar prazas ocupadas por interinos/as da Lei 20/21.


• Excedencias: poden quedar se a elección de destino é anterior a entrada en vigor da Lei de medidas (limitan poder quedar en excedencia para ocupar unha praza de interino/a) e por outra parte non afecta a Lei da temporalidade xa que estes non son procesos de estabilización da Lei 20/21 (só se poderá tomar posesión nun proceso). Con isto entendemos entón que nestas eleccións de destino non haberá problema coas excedencias.


• Buzón de postos para a elección de destino dos procesos selectivos de bombeiros da OEP 2019: pídese revisión xa que hai postos ocupados por persoal indefinido non fixo. Non enviaron criterios e o prazo comeza o luns 4 de decembro.

A Administración convoca 4 mesas de negociación en unha hora para dar saída a varias cuestións, entre eles os concursos de traslados de bombeiros e axentes ambientais. Levabamos 15 anos sen concurso e en apenas 2 días sacan as bases sen prazo de alegacións e sen tempo entre Mesa Sectorial e Comisión de Personal. Iso si, nestas bases aceptaron retirar dúas cuestións fundamentais das bases xerais en negociación: a valoración do traballo desenvolvido en comisión de servizos e a caducidade da formación.

Atención: prazo previsto para a presentación de solicitudes entre o 11 e o 22 de decembro

CONCURSO DE PERSOAL BOMBEIRO FORESTAIL E VIXIANTE-EMISORISTA

Non aceptan baixar o mínimo de horas de formación para ser valorada e tampouco formación impartida pola consellería. O tempo traballado será valorado no posto de orixe. Mudan o texto das adscricións provisionais para que a adxudicacións vaian cunha listaxe de postos en orde de puntuación introducindo o seguinte nas bases:

“A adxudicación realizarase de conformidade cos criterios dispostos no artigo 38.3 do D 151/2022, tendo en conta a puntuación obtida e o numero de secuencia dos postos ofertados”

Apróbase en Comisión de Persoal co voto favorable de todas as organizacións sindicais (CIG+CCOO+CSIF+UGT)

CONCURSO DE TRASLADOS DE AXENTES AMBIENTAIS

As bases traen un erro garrafal no ámbito que, de manterse non podería concursar nin un só axente, pois ven para o B. Entendendo que é un erro que correxirán, pero non aclaran se poderán participar os axentes forestais funcionarios de carreira do C2. Solicitamos que corrixan e abran para todas as escalas e postos que son C1/C2.

Valoración de méritos específicos: Algúns postos teñen méritos como o PER para as Illas Atlánticas e o curso superior de investigación de incendios nas UIFO. Pedimos eliminar ambos, xa que o PER é de embarcacións de recreo e non ten sentido xa que non é valido para as profesionais e o curso superior non se lle ofertou a maioría do persoal.

E, se mudan a RPT, deberían meter as prazas das novas unidades, xa que sospeitamos que lle viñeron as presas con este concurso xustamente para asignar os novos postos “a dedo” en comisión de servizo. Non aceptan.

Reitérase que valoren a formación impartida polas consellerías, MITECO e CENEAM pero tampouco aceptan.

Buzón de postos: voltamos solicitar que metan 4 postos de xubilacións recentes e pedimos solución para os postos do buzón (uns están e outros non) que ocupan persoal do C2, tanto de interinos de longa duración (a Administración non quixo sacar as prazas a concurso de méritos) como do persoal das tres oportunidades que tiña que ter pasado a laboral fixo.

O director xeral de Función Pública argumenta que “non poden estabilizar porque non teñen a titulación e que van retirar todas as prazas do buzon do C2”. Pero nos insistimos que todos SI a teñen (a titulación hoxe segundo a LEPG é capataz forestal/ciclo medio). Deses malfaceres coa estabilización da lei 20/2021 veñen hoxe estes líos que afectan ao arredor de 20 prazas e compañeiros.

Como non houbo ningún arranxo destas bases, na CIG abstivémonos na votación na Comisión de Persoal xa que non podemos dar a nosa aprobación cando está cheo de eivas e erros. Pola contra, CCOO, UGT e a CSIF votaron a favor.

 

Outras novas recentes

Luns, 15 Decembro 2025

Elección de destinos de SPIF

En relación ás eleccións de destinos de SPIF, na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario do luns 15 de decembro, a CIG manifestou o seguinte: Oferta de postos adxudicados en concurso de traslados En DOG 17/11/25 publican a resolución do concurso de traslados do spif. En DOG 12/12/25 convocan a elección de destino definitivo ás persoas que superaron varios...
Martes, 16 Decembro 2025

Adían as eleccións de destino definitivo do SPIF ata o 22 de decembro

Nunha nota informativa que nos veñen de enviar dende a DXEP e que tamén colgan na súa páxina, as eleccións de destino definitivo dos procesos pendentes do SPIF adíanse ata o día 22 de decembro. Reproducimos aquí o contido íntegro da nota: Eleccións de destino definitivo dos procesos selectivos vinculados ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da...
Venres, 12 Decembro 2025

Proposta de modificación da RPT de Presidencia da Xunta de Galiza

O vindeiro martes, día 16 de decembro, fomos convocados para a negociación da proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo dos órganos superiores da Presidencia da Xunta de Galicia. Trátase dunha modificación de RPT que afecta unicamente a 4 postos. Propoñen a amortización dunha xefatura de sección de biblioteca, tres postos nos que propoñen modificacións e a...