Xoves, 06 Novembro 2025
A CIG convoca asambleas por Galiza para tratar as cuestións que nos afectan ao persoal do servizo de incendios forestais (SPIF). Compre mellorar as condicións laborais e deter a suspensións dos contratos do persoal fixo-descontinuo ampliando o tempo de traballo a 12 meses xa no 2026. Conformarnos nun servizo público esencial nas multiemerxencias do medio natural e rural ademais de traballar na extinción e na prevención e poderiamos axudar na restauración e na contención do desastre ...
Martes, 04 Novembro 2025A CIG ven de demandar que a Dirección Xeral de Emprego Público solucione o problema á hora de elixir postos no concurso de traslados de persoal coidador.
O persoal auxiliar coidador desempeña as súas funcións en prazas itinerantes, o que implica que os seus postos non estean adscritos de maneira fixa a un único centro educativo, senón que se distribúen cada curso escolar segundo as necesidades do servizo dentro do ámbito do departamento territorial correspondente.
Esta particularidade ...
Venres, 31 Outubro 2025
Na CIG consideramos unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial e chamamos á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder adquisitivo. Ademais, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para avalar a PNL coa que demandamos unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC para todo o persoal empregado público.
Na Área Pública da CIG (CIG-Administración, CIG-Saúde e CIG-Ensino) entendemos que non hai nada que ...
Venres, 31 Outubro 2025
Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza.
9PxCsuxB4cQ
Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio Rural até o complexo administrativo de San Caetano para denunciar a situación de abandono, desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza que, ano tras ano, pon en risco a seguridade do ...
Mércores, 29 Outubro 2025
Poñemos ao teu dispor o Boletín CIG Saúde Laboral Nº 63, publicación en materia de prevención de riscos laborais e saúde laboral, elaborada polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega.
Contidos:
- O radón
- Municipios prioritarios
- Metodoloxía
- Medicións
- Informes de resultados
Descarga boletín 63 de Saúde laboral
Está a túa disposición a ferramenta Asesoramiento Técnico a través da que se poden realizar consultas on line en materia ...
Luns, 27 Outubro 2025
Seguimos adiante na loita aínda que CCOO, UGT e CSIF intenten deixar vendido ao persoal do Servizo de Incendios Forestais
Denunciamos a actitude desleal e irresponsable de CCOO, UGT e CSIF, que solicitaron DESPOIS DA CONVOCATORIA DA MANIFESTACIÓN, unha reunión coa Consellería do Medio Rural excluíndo a representación maioritaria do persoal.
Esta manobra, xusto antes da mobilización do 30 de outubro, busca desmobilizar, dividir e confundir, freando a loita colectiva por acadar melloras ...
Luns, 27 Outubro 2025
A CIG-Autonómica esiximos á Xunta de Galiza que aplique de oficio a sentenza do Tribunal Supremo nº 820/2025, do 25 de xuño, e que retribúa de forma completa e con carácter retroactivo os complementos salariais polas gardas, quendas, nocturnidade, domingos e festivos.
O Tribunal Supremo vén de establecer que cando as gardas, nocturnidade, domingos e festivos ou productividades por razón de servizo, cando se prestan dentro da xornada ordinaria, os complementos deben incluírse tamén nas ...
Venres, 24 Outubro 2025
A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) vén de iniciar a recollida de sinaturas da Proposición Non de Lei (PNL) para blindar por lei a revalorización salarial na administración xeral, o ensino e a sanidade
A Área Pública da CIG compareceu en rolda de prensa este luns para reiterar as demandas para garantir a recuperación da capacidade adquisitiva do persoal empregado público e dar a coñecer a campaña de recollida de sinaturas da PNL para o estabelecemento dunha ...
Martes, 21 Outubro 2025
Nos últimos días coñecéronse novos anuncios de comisións de servizo na Consellaría do Medio Rural. Algunhas delas corresponden a prazas que xa foron adxudicadas de forma definitiva o 16 de outubro, e cuxas persoas titulares aínda nin sequera tomaron posesión. O persoal funcionario interino que se atopa ocupando esas prazas non foi cesado. Esta situación non é un feito illado, senón a mostra dun problema estrutural e prolongado no tempo na xestión do persoal público galego. Unha práctica ...
Luns, 20 Outubro 2025
O persoal do Servizo de Incendios mobilízase o xoves 30 de outubro en Compostela por un servizo público, digno e con garantías laborais. A manifestación saíra ás 11 horas da Consellaría de Medio Rural en San Lázaro e rematará diante do edificio da Xunta en San Caetano.
Dende a CIG-Autonómica denunciamos a situación de abandono, desigualdade e mala xestión que padece o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galiza ao que ano tras ano e, ...
Luns, 20 Outubro 2025
No ano de maior devastación polos incendios, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non activa as gardas de reforzo e deixa reducida ao 25 % a operatividade do cadro de axentes ambientais
A tempada de caza comeza este domingo 19 de outubro nun contexto especialmente delicado para o medio natural galego. Despois dun verán no que arderon milleiros de hectáreas, a Consellería, por vez primeira en anos, non activou as gardas do período extraordinario, deixando o servizo baixo ...