Inicio
Venres, 13 Febreiro 2026

Incumprimento de ratios. Un maltrato continuado

A Consellaría de Educación segue incumprindo as súas propias normas coas ratios do persoal non docente dos centros de ensino públicos do país.

Desde a CIG levamos tempo denunciando unha situación que xa non é puntual. Trátase dun modus operandi consolidado da Consellería de Educación. 

Cando a ratio baixa e o número de alumnado queda por debaixo do limiar establecido, a Administración actúa de inmediato e amortiza as prazas dese centro ou directamente non cobren as baixas por incapacidade ...


Martes, 10 Febreiro 2026

Actívanse os procedementos para a xubilación de axentes forestais! 

A Seguridade Social confirma que xa se poden tramitar as xubilacións anticipadas dos axentes forestais. Após a aprobación do Real Decreto-lei 3/2026, quedan desbloqueados os procedementos e están dispoñibles os modelos e aplicacións necesarias.

Após o requirimento presentado pola CIG, a Seguridade Social comunicounos que xa é posible iniciar a tramitación das solicitudes de xubilación anticipada do colectivo de axentes forestais e medioambientais, ao quedaren plenamente operativos os ...


Luns, 09 Febreiro 2026

A CIG-Autonómica participa na elaboración do Protocolo Lingua Vital de actuación ante a emerxencia lingüística

A CIG-Autonómica asistiu o sábado 7 de febreiro á xuntanza dos grupos de traballo do Proceso social de Lingua Vital, que tivo lugar en Compostela, para concretar o texto do Protocolo Lingua Vital.

O obxectivo da xuntanza do Proceso social de Lingua Vital, do que a CIG-Autonómica forma parte, foi concretar o protocolo de actuación ante a emerxencia lingüística do galego. Este protocolo parte dos obxectivos e dos acordos estabelecidos arredor da lingua e fornece accións concretas que ...


Venres, 30 Xaneiro 2026

O Tribunal Constitucional suspende o plan da Xunta do “2 X 1” da dependencia

A CIG xa advertira da barbaridade que introduciu a Xunta na lei de medidas que, coa escusa de axilización de trámites, cargábase as mínimas garantías do procedemento de dependencia na vez de aumentar persoal nas equipas de valoración de dependencia

O Tribunal Constitucional admite a trámite o recurso de inconstitucionalidade contra os cambios legais da Xunta metidos a calzador na lei de acompañamento nos artigos que fan referencia ao eólico e ao Plan de axilización e simplificación dos ...


Venres, 30 Xaneiro 2026

Segue o caos nas nóminas do Consorcio

A nómina, que se entenda

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Muíños, máximo responsable da xestión desta entidade, non está a cumprir adecuadamente coas funcións e responsabilidades inherentes ao cargo para o que foi nomeado. É imperativo salientar que esta deficiente xestión afecta, engadindo ao persoal substituto, a máis de 2000 persoas traballadoras.

O persoal encargado das nóminas é insuficiente (dúas traballadoras). Os problemas de eivas na ...


Mércores, 28 Xaneiro 2026

O persoal intérprete de língua de signos: máis precariedade nos centros educativos da xunta

O persoal Intérprete de LÍNGUA de Signos Española (ILSE) que presta servizo nos centros educativos públicos da Galiza dende o curso 2003/2004, leva anos sufrindo un deterioro progresivo das súas condicións laborais, cada vez máis afastadas da realidade profesional actual e das esixencias do traballo que desenvolve a diario nos centros.

Esta situación non é froito da casualidade, senón consecuencia directa da falta de regulación, da ausencia de negociación colectiva e do abandono por parte ...


Martes, 27 Xaneiro 2026

A Xunta bloquea 790 postos de Concurso Específico dende hai máis de 10 anos

A CIG-Autonómica denuncia a decisión política consciente da Xunta de perpetuar as comisións de servizos establecendo unha ocupación provisional estrutural e “a dedo” dos postos de funcionarios/as con responsabilidade.

Na CIG-Autonómica denunciamos o bloqueo da Xunta de Galiza ao non convocar os concursos específicos. Entrado xa o ano 2026, supérase amplamente a década de parálise administrativa, unha situación que afecta, cando menos, a 790 postos de traballo das distintas consellarías e ...


Martes, 27 Xaneiro 2026

Xa está demostrado: o 2´5 % é un novo recorte encuberto no noso salario 

A CIG denuncia que o custe da vida subiu por riba da suba do Acordo salarial para 2025 e esixe incrementos superiores ao IPC, o estabelecemento dunha cláusula de garantía salarial e unha negociación colectiva real

O incremento salarial do 2,5 % que o persoal empregado público percibiu estes días na súa nómina, non supón ningunha mellora real das retribucións posto que o IPC co que cerramos en 2025 foi o 2.9%. Así pois e malia que o Goberno español e os ...


Venres, 23 Xaneiro 2026

Problemas coa cobertura de baixas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra

O CGTD de Pontevedra non está considerado un centro de atención directa a usuarios a pesares de que nel hai un internado no que conviven persoas menores e maiores de idade.

Isto complica a cobertura de baixas ou permisos xa que primeiro hai que sacalas a comisión de servizo e logo si non a solicita ninguén pedir autorización a Orzamentos para cubrila recorrendo ás listas de substitucións, polo que de conseguirse a cobertura esta non se fai efectiva ata 8/10 días despois de producirse o ...


Venres, 23 Xaneiro 2026

Discriminación entre o persoal na compensación pola asistencia aos Consellos Escolares dos IES

A Consellaría de Educación segue a actuar de xeito discriminatorio nos centros de ensino públicos de Galiza, actuando ante un mesmo feito causante de xeito diferenciador, constatándose así a existencia dun persoal de primeira, docente e un persoal de segunda, non docente.

Por un lado, o persoal docente con responsabilidades directivas ou de coordinación, terán como máximo, as reducións horarias semanais que se indican a continuación: ”ós representantes dos profesores no Consello Escolar ...


Mércores, 21 Xaneiro 2026

As Equipas Técnicas de Menores. Ouvidos xordos a demandas históricas do servizo

As equipas técnicas do servizo de menores da Consellaría de Política Social e Igualdade levan anos sufrindo o desleixo desta Consellaría que, lonxe de escoitar as demandas históricas deste e doutros colectivos da área social da Administración, négase sequera a sentarse nunha mesa a negociar as condicións do seu persoal. 

Derivado dun recurso ao límite da súa capacidade cunha ratio de menores por técnica/o absolutamente irracional e cuns centros sobreocupados, este servizo resposta con moitas ...


Nesta ocasión protestábase ante o despedimento de 59 traballadores e traballadoras públicas de Traballo e Benestar que van engrosar as listas de desemprego porque así o quere a Xunta de Galiza. A estes 59 traballadores/as hai que engadirlle os 2 por parte de Cultura e Educación que se tamén marcharán a rúa esta semana coa publicación no DOG das novas RPTs destas dúas consellarías.

Nomeadamente, só esta semana, Traballo e Benestar destruirá 129 postos de traballo públicos nos Servizos Sociais do noso país en temas tan sensibles para a Sociedade Galega como é a Dependencia, os centros de atencións para discapacitados psíquicos, centros de atención a a maiores dependentes, oficinas de emprego, etc. Todo isto mentres continúan coas privatizacións dos servizos rentableis, o peche dos non rentables, as corruptelas politicas e os rescates bancarios. E din que non hai cartos, e nos decimos que sobran ladróns.