Inicio
Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión urxente á que nos convocou Emprego Público, que comezou ás 13:00 h, tratáronse as seguintes tomas de posesión, así como ...

Martes, 04 Agosto 2026

Caos —de novo— nas nóminas de Medio Rural

Máis de 50 compañeiras e compañeiros ven como a Administración lles desconta máis de 1000 euros nas nóminas de xullo. 

O caos na xestión das nóminas do persoal de Medio Rural volve quedar en evidencia. Nesta ocasión, máis de 50 axentes ambientais da provincia de Pontevedra sufriron descontos superiores aos 1000 euros na nómina de xullo baixo o concepto «Específico xuño/decembro», unha regularización que a Administración atribúe a incidencias na confección das nóminas derivadas da aplicación ...


Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.

No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal resolveu en contra da solicitude con base nas «limitacións do dereito de acceso á información pública», aludindo ao ...


Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa na anterior reunións os deixamos sentados e coa palabra na boca.

Nesta Mesa Xeral, dimos lectura dun comunicado conxunto ...


Xoves, 23 Xullo 2026

Zasca do Tribunal Supremo! á carreira profesional (ST 636/2026)

O que Xunta, CCOO e UGT che quitaron a CIG devólvecho nos xulgados

Mentres a CIG gastaba tapas de zapato nos xulgados defendendo a dignidade do persoal laboral que obrigaban a funcionarizarse para cobrar a carreira profesional, os do "pacto da foto" (Xunta-CCOO-UGT) dicíannos de todo menos "bonitos/as" diante das traballadoras e dos traballadores. Axeonlláronse diante da chantaxe de San Caetano, asinando un acordo que vendía os dereitos do persoal laboral para saír guapos/as na prensa.

Para ...


Luns, 20 Xullo 2026

Altas temperaturas no SPIF

Hidratación, avituallamento e medios de apoio

A CIG solicita á Consellería do Medio Rural medidas preventivas para garantir a seguridade e a saúde do persoal que permanece longos períodos fóra da base durante episodios de calor.

A SITUACIÓN

Coas vagas de calor que estamos sufrindo, o persoal do SPIF está sometido a un estrés térmico engadido ao propio estrés térmico da súa actividade. É preciso establecer medidas preventivas nas vagas de calor para evitar os riscos asociados a altas ...


Luns, 20 Xullo 2026

Esiximos novas avaliacións de riscos para gardas e axentes ambientais

A CIG reclama avaliacións de riscos para todo o persoal axente ambiental e garda de recursos naturais en base as novas directrices do INSST

Nestes días estamos a solicitar á Xunta a elaboración de novas avaliacións de riscos laborais adaptadas á Lei 4/2024, básica de axentes forestais e medioambientais, e ás novas directrices do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, publicadas neste mes de xuño.

As solicitudes diríxense aos distintos departamentos nos que existen postos ...


Venres, 10 Xullo 2026

A conselleira de Política Social defende os intereses do empresariado do sector das escolas infantís e esquece a traballadoras e crianzas

Conselleira Fabiola: presente a dimisión xa!

Gabinete de crise

A conselleira de Política Social declara que se o goberno central aproba unhas novas ratios, coas cifras que se publicaron, acábase a gratuidade das escolas infantís.

Cal gratuidade? A que, cos nosos impostos, lle pagamos ás empresas que prestan este servizo? Ás empresas que teñen as traballadoras co SMI ou por debaixo?

Ten o morro esta conselleira de mentirnos á cara dicindo que se reúne con “todo o sector” agochando que con ...


Venres, 10 Xullo 2026

Actos de elección de destino (CP 10/07/26)

Nesta xuntanza do 10 de xullo da Comisión de Persoal tratamos a situación caótica dos actos de elección de destino. O propósito da CIG é trasladarmos información completa e transparente e que se negocie, algo que botamos en falla. A modificación da resolución da elección de destino das escalas sociosanitarias (DOG do 13 de xullo) incluirá a eliminación de persoas falecidas e xubiladas e a adición de máis postos para códigos de dobre titulación e para persoal pedagogo. É posible que o ...


Sábado, 04 Xullo 2026

Carreira profesional e concursos F0425, F0326 e F0525 (CP 03/07/2026)

Na rolda de intervencións da Comisión de Persoal do venres 3 de xullo preguntamos polas solicitudes da carreira pendentes de resolución, así como pola concreción de datas das distintas fases dos concursos F0425, F0326 e F0525.

 Resolucións pendentes da carreira profesional 

  • Preguntamos pola situación na que está a tramitación das solicitudes, dado que nos consta que a día de hoxe continúan sen estar resoltas algunhas, cando o prazo de 6 meses para resolvelas xa rematou o 30 de xuño.
  • A ...

Venres, 03 Xullo 2026

Xuntanza con Emprego Público polos autos de extensión de efectos de sentenzas de destino definitivo

O venres 3 de xullo de 2026 tivemos unha xuntanza informativa coa directora xeral de Emprego Público na que deu unha serie de información a respecto dos autos de extensión de efectos de sentenzas de destino definitivo

O 29 de abril a Xunta de Galiza recibiu o fallo do Tribunal Supremo polo que desestimaba o recurso de casación interposto pola Xunta de Galiza contra tres sentenzas de autos de extensión de efectos.

A Xunta tiña presentados recursos de casación contra todos os autos de ...


Na procura dun mellor servizo público, a CIG leva esixindo anos a creación de postos de auxiliar en todos os centros e de subalterno/a naqueles onde non conten con persoal dos concellos. A proposta de Educación e parcial, incompleta, sen vocación de cubrir esta necesiade e en vez de crear novos postos e provelos con persoal o que fai e reducir empregados/as nos IES para trasladalos aos CEIP. Propomos un plan plurianual para dotar todos os centros de educación con persoal auxiliar e subalterno.
  • Estamos en contra das amortizacións de postos de persoal auxiliar e subalterno, así como do desprazamento de postos entre centros para cubrir unha necesidade deixando descuberta outra.
  • Nos casos en que haxa traslados, aceptar as persoas voluntarias ainda que non sexa a máis recente.
  • Reclamamos que fagan públicas as ratios que utilizan. Non entendemos que poidan valorar as necesidades de persoal utilizando exclusivamente o criterio de número de alumnos/as sen ter en contra outras circunstancias como son: existencia de varios edificios, illamento do centro, existencia de centros adscritos, ciclos, nocturno, etc.. É preciso discutilos e facer despois os axustes necesarios.
  • Consideramos que debe haber un posto de xefe/a de secretaría nos centros con determinado número de auxiliares. Tamén valoramos a conveniencia de que polas súas funcións, se reflexione sobre si a figura de secretario debe ser un cargo docente ou un posto de Administración Xeral.
  • Queremos a memoria económica, coas liñas orzamentarias de cada posto.
  • Para rematar, expresamos que dende fai dous anos apreciamos un incremento dos conflitos nos centros, razón pola que xa temos pedido en varias ocasións ser convocados para tratar as condicións de traballo. Puxémoslles varios exemplos: cambios de horarios a metade de curso, asignación de tarefas indebidas ou con criterios dispares entre centros.. Moito nos tememos que esta modificación vai incrementar ainda máis os problemas, tanto por como quedarán os centros aos que se lles quita persoal, como o que vai pasar nos colexios nos que tan só vaia un auxiliar.

    A consellería:

    • Non teñen un plan plurianual, limítanse a tentar resolver as necesidades que lles transmiten.
    • Reconsiderar individualmente os traslados e amortizacións.
    • Cambiar o funcionario/a que se traslada se hai voluntario/a.

    Teñen intención de aplicar a nova RPT xa en maio, algo que consideramos que vai ser imposíbel. Quedamos en volvernos a sentar o martes 1, e presentar alegacións escritas o xoves 25, así como trasladar as alegacións feitas dende os propios centros e que van no mesmo sentido que as nosas. A CIG acompañará as alegacións cos numerosos escritos que nos enviaron dende os centros, a fin de xustificar as circunstancias que poidan facer que educación reconsidere a súa proposta inicial.

    Para rematar, exiximos que na seguinte xuntanza fixemos unha data para abordar as condicións de traballo e conflitos nos centros, deixando constancia que se non fose así, tentaremos poñer ao persoal en pé de guerra.