Inicio
Xoves, 31 Xullo 2025

Privatización do servizo de vixilancia de explotación de estradas

O pasado 10 de xuño, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publicou na páxina de Contratos Públicos de Galiza a documentación relativa á contratación da conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas dependentes da Xunta de Galicia. Nos pregos desta licitación figuran os requisitos e tipo de persoal con dedicación exclusiva que deben contratar as empresas adxudicatarias do contrato.

A vixilancia de conservación xa ven sendo realizada dende fai anos polas empresas ...


Mércores, 30 Xullo 2025

A CIG pide a retirada da denominación sexista «Valedor do Pobo» da fachada do edificio da institución

A entidade está a negociar cos sindicatos o seu I Plan de Igualdade, que chega 18 anos tarde ―contando con que a súa aprobación sexa en 2025

A pesar de que dispoñemos cada vez de máis lexislación no eido da igualdade, o seu incumprimento é sistemático por parte das administracións, sen que teña consecuencias que as disuadan do contrario.

A lexislación obriga ás administracións públicas a dotarse de plans de igualdade dende o ano 2007, sen importar o número de persoas traballadoras que ...


Luns, 28 Xullo 2025

Caos nas probas visuais da Consellería do Medio Rural

Tras dous anos agardando pola creación das listas de escalas de persoal funcionario do Servizo de Prevención e Incendios Forestais (SPIF), fixeron unha apertura extraordinaria destas listas en xaneiro, seica pola urxencia, pero as probas non as fixeron ata a semana pasada, en plena campaña de alto risco.

Na proba visual, realizada na EGAP o 23 de xullo, houbo unha descoordinación tal que provocou atrasos nas mesmas de ata tres horas e media, e incluso que aspirantes marcharan sen ter ...


Mércores, 23 Xullo 2025

A titulación do persoal de cociña esgánaselle a Función Pública

Diante das incoherencias da Administración galega acerca de cal vai ser a titulación que se recoñeza para acceder aos procesos selectivos das categorías de cociña, a CIG solicitou resposta escrita á Dirección Xeral de Función Publica e Administración do Persoal, polo cambio introducido nas recentes convocatorias dirixidas ó persoal das cociñas da Xunta, e especialmente á escala de auxiliar de cociña, subgrupo C2.

Na Lei de emprego público de Galiza, os requisitos de titulación esixidos ...


Mércores, 23 Xullo 2025

A CIG solicita o cese de Perfecto Muiños, xerente do Consorcio

Pola xestión deficiente da Xerencia do CGSIB qe afecta a máis de 1700 traballadoras e traballadores

INCOMUNICACIÓN E DENEGACIÓN DE DEREITOS

  • Falta de comunicación ao persoal traballador, non obtendo resposta por teléfono nin correo electrónico ante cuestións vitais que afectan ao seu día a día laboral e persoal.
  • Permisos non xestionados: non contestan coas Resolucións pertinentes, en tempo e forma, aos permisos solicitados polo persoal.
  • Ameazas e coaccións: chámase por teléfono ás ...

Martes, 22 Xullo 2025

O noxento complemento específico do persoal das asesorías xurídicas e da escala técnica e superior de finanzas segue o seu trámite!

Sen ningún tipo de negociación, sen achegar nin un só documento que indique en que se modificou substancialmente o traballo das asesorías xurídicas, intervencións e xefaturas de servizo ocupadas polas escalas superior e técnica de finanzas, a suba a través do complemento específico de entre 3.500 € e 6.100 € segue adiante, sen pudor nin rubor. Créase unha pseudocaste… porque eu váloo! 

Unha dúbida que nos xorde é esta: está o Goberno en mans destes postos para que defendan os intereses ...


Venres, 18 Xullo 2025

Educación négase a negociar as condicións de traballo do seu persoal de centros de ensino

A Consellería de educación escúsase nos procesos selectivos en marcha e no persoal docente para non negociar un Acordo para o Persoal de Administración e Servizos dos centros de ensino, nin a crear unha estrutura profesional nas cociñas.

Na Comisión de Persoal do xoves 17 de xullo de 2025, a CIG volveu a insistir na necesidade de negociar un Acordo de condicións de traballo para todo o persoal non docente dos centros de ensino e dunha estrutura nas súas cociñas co encadramento das ...


Mércores, 16 Xullo 2025

Comisións de Servizos: a Xunta obrigada a entregar á CIG a documentación das que superen os dous anos

A Xunta está obrigada a entregar á CIG no prazo de dous meses a documentación das comisións de servizo prorrogadas máis aló de dous anos, por unha sentenza firme do Tribunal Supremo que dá a razón ao contencioso presentado pola CIG, e que crea xurisprudencia para todas as administracións de calquera ámbito do estado español

No ano 2019, solicitamos á Xunta que nos facilitase a información sobre as 347 comisións de servizo que daquelas tiñamos detectadas que estaban prorrogadas superando ...


Martes, 15 Xullo 2025

A Xunta de Galiza premia cun posto de traballo a un presunto agresor sexual

A CIG-Autonómica denuncia que a Administración da Xunta do PP tenlle reservado un posto de traballo ao exconselleiro cando non ten dereito a reserva por ser persoal temporal

Alfonso Villares Bermúdez dimitiu como Conselleiro do Mar en xuño de 2025 por unha denuncia de agresión sexual. Deixando a parte a vergoñenta despedida multitudinaria que lle deu o Goberno do Partido Popular despois dunha denuncia tan grave, a bola de neve segue medrando.

O día 9 de xullo publícase o concurso de ...


Martes, 15 Xullo 2025

Alegacións da CIG á convocatoria da carreira profesional EXTRAORDINARIA (graos I, II e III)

Sete meses despois do primeiro borrador, os sindicatos recibimos a segunda versión da proposta da convocatoria dos graos I, II e III da carreira profesional extraordinaria (carreira administrativa para o persoal funcionario e complemento de desempeño para o persoal laboral). Os textos veñen xa cociñados por Xunta e outros sindicatos, e con cambios tan importantes como substituír a palabra “proposta” por “borrador”, nada máis.

Por tanto, a convocatoria dos graos I, II e III da carreira ...


Martes, 15 Xullo 2025

Avaliación do desempeño e carreira profesional ORDINARIA: a despachar nuns días tras 10 anos de retraso e moitas incertezas?

Fai pouco máis dunha semana que a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) enviou un documento de 40 páxinas co anteproxecto que regulará a avaliación do desempeño e a carreira profesional ordinaria (non confundir coa convocatoria da carreira extraordinaria para os graos I, II e III).

O contido desta avaliación do desempeño afecta moitísimo ao persoal empregado público da Administración da Xunta de Galiza e dos seus entes instrumentais, polo que require unha ...


Unha manifestación que, segundo puideron calcular as organizacións convocantes, contou coa participación de arredor de 120.000 persoas, na que xa é unha das mobilizacións máis multitudinarias que se lembran na cidade. Tal foi así que coa Praza de Armas ateigada de xente, dende a organización pedíase aos/ás manifestantes que se “arrexuntasen máis” para poder facer oco á cola da protesta, pois aínda viña polo túnel da Praza de España.

A protesta servía para visibilizar en toda a súa extensión o éxito dunha folga xeral que ten paralizada toda a actividade na comarca, dende as grandes factorías até as empresas máis pequenas, pasando polo transporte, a hostalería ou o pequeno comercio (que de xeito maioritario apoio á convocatoria). Porén, nesta ocasión, tamén ás grandes superficies comerciais pecharon as súas portas, agás, como vén sendo habitual, as instalacións de Alcampo, onde un desmedido despregue policial rodeaba ao piquete informativo. Rúas baleiras e con escasa circulación de vehículos completaron o retrato da xornada.

Responsabilidades políticas

Esta xornada histórica de loita bate de fronte contra as tentativas de desvirtuar a mobilización “por parte deses que din que nos defenden” “e que dende o mesmo día da convocatoria saíron publicamente dicindo que esta era unha mala imaxe para Ferrol”.

Uns responsábeis políticos, denunciaba, que abandeiran as políticas dos recortes laborais e sociais, que afectan especialmente “a comarcas deprimidas como a nosa”, e que levaron a que Ferrolterra rexistre a taxa de desemprego máis elevada de todo o estado, teña unha media de ingresos familiares por debaixo da media das sete cidades galegas e uns salarios e pensións inferiores á media do estado.

Situacións que forzan á emigración masiva, e teñen especial repercusión entre a mocidade “á que mesmo lle están pechando o acceso á universidade, pois son cada vez máis as familias ferrolterráns que non poden afrontar ese gasto para os seus fillos e fillas”.

Foron as decisións políticas as que abocaron á comarca a grave crise que padece e son decisións políticas urxentes as que Ferrolterra precisa para saír desta situación. O responsábel sindical reiterou que foron as decisións políticas dos distintos gobernos do estado os que levaron á construción naval a “esta situación de morte, usándonos como moeda de cambio en beneficio doutros intereses”, impondo un veto “a unhas das mellores instalacións do mundo” e prohibindo a construción do necesario dique flotante.

E do mesmo xeito, son decisións políticas as que teñen amordazado o desenvolvemento dos sectores produtivos básicos, cunha ría que leva lustros agardando por un saneamento que non chega, un sector bioforestal e eólico afogados mesmo antes de desenvolver o seu potencial, un pequeno comercio arruinado, e cun illamento administrativo e de infraestruturas cada vez máis agudizado.

A resposta a estes continuados ataques pasa pola mobilización e por “defendernos nós mesmos, gobernarnos nós mesmos, rescatar para nós a soberanía que nos rouban os mercados e os gobernos que os representan”. “Que saiban que Ferrolterra négase a seguir resignada, porque somos fillos da Revolta Irmandiña, de Amador e Daniel, que saiban que non imos parar, mesmo até acadar a súa dimisión se é preciso. Que o teñen moi claro, non imos aceptar nin máis promesas nin acordos futuríbeis, só un cambio de rumbo urxente”.

Destrución dos sectores produtivos

Unha taxa de desemprego do 36%, o peche do 25% do pequeno comercio nos últimos tres anos, perda de 12.000 habitantes nas comarcas nos últimos tres lustros, unha ría infraprodutiva pola elevada contaminación, un porto exterior a medio rendemento pola falta de conexión por tren, un sector eólico que perdeu máis de 1.700 empregos, portos pesqueiros desmantelados, tres plantas de biodiesel financiadas con cartos públicos pechadas, ou a gravísima destrución de postos de traballo no sector naval.

E fronte a este panorama a cidadanía responde, ao tempo que subliñaba que hai unha elevada porcentaxe de familias que subsisten grazas as pensións de xubilación dos seus pais/nais e avós/as. “Isto todo estivémolo explicando nestes dous meses en asembleas e encontros e foi o que provocou que hoxe se dese esta resposta unánime e contra as políticas dos gobernos e esixindo solucións para Ferrolterra”.

Necesidade de continuar na loita e na contestación social

O Secretario Xeral da CIG puña en valor o apoio masivo á Folga Comarcal, felicitando aos compañeiros e compañeiras da CIG de Ferrol polo traballo de axitación e concienciación realizado e pola “valentía á hora de lanzar á convocatoria”. “A resposta que está habendo hoxe é un exemplo de dignidade de toda a cidadanía que vive nesta comarca, que leva moitos anos sufrindo unha política de desmantelamento do seu tecido industrial”, afirmou.

Un desmantelamento, que se ve agudizado polo perigo real de que o sector básico para o desenvolvemento da comarca, o naval, chegue practicamente a un peche definitivo, “se non se adoptan medidas inmediatas e non se toman decisións políticas que cambien o rumbo actual”.

“O caso de Ferrol é un exemplo do camiño que ten que seguir a protesta e a contestación social. O problema do desemprego é un problema gravísimo e a destrución de postos de traballo que se está dando en toda Galiza é moi preocupante. Preséntasenos por diante un futuro difícil, cun tecido produtivo sen posibilidades de recuperar como non se adopten medidas inmediatas e cunha emigración da mocidade alarmante”.

A este respecto, o Secretario Xeral advertía que a problemática do desemprego e a destrución de postos de traballo afecta tamén de cheo a outras comarcas do país, mentres a Xunta mantén unha actitude de absoluta pasividade e mesmo de colaboración no desmantelamento do tecido industrial.

“A única maneira de mudar estas políticas é a través da mobilización e a contestación social”, afirmou, por iso adiantou que, se as demais organizacións sindicais están dispostas a camiñar na vía da loita, non se descarta a posibilidade de convocar nos próximos meses unha Folga Xeral en Galiza “para esixir unhas políticas económicas distintas que xeren emprego no noso país e rematen coa lacra do desemprego e a destrución do noso tecido produtivo”.