Martes, 21 Mai 2024A CIG traslada diversos problemas derivados da aplicación do Acordo de Condicións de Traballo de Política Social, á Comisión de Seguimento, ante a falla de resposta por parte do Consorcio.
• Dende a aplicación do Acordo nas escolas infantís do Consorcio, co paso a 35 horas semanais efectivas de traballo, son numerosas as dificultades que se están a dar nos centros para poder desenvolver as funcións que non son de atención directa. • Logo da circular enviada ás escolas por parte da Xerencia ...
Martes, 21 Mai 2024A CIG ven de preguntarlle á Dirección Xeral de Emprego Público como vai afrontar a limitación a 3 anos das contratacións laborais temporais e os nomeamentos de persoal interino posteriores ao Icetazo (Real Decreto-lei 14/2021).
Este establece que para a cobertura de prazas vacantes a persoa funcionaria interina ou laboral temporal terá unha permanencia máxima de 3 anos nese posto. Porén, establécese unha excepción importante: "o persoal funcionario interino poderá permanecer na praza que ...
Xoves, 16 Mai 2024
Rueda dá un paso máis na vergoñenta desgaleguización da Xunta de Galiza da man de Sonia Rodríguez-Campos González, directora da Escola
A Xunta de Galiza creou polo Decreto 163/1982, do 1 de decembro, a E.G.A.P., co carácter de órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, mediante a Lei 4/1987 pasou a ser unha entidade autónoma dependente da Consellaría da Presidencia. Esta Lei 4/1987, modificada pola Lei 10/1989, estableceu que entre os fins da EGAP está o ...
Mércores, 15 Mai 2024O goberno de Alfonso Rueda volve a ofertar a mans privadas a xestión do centro ocupacional Souto de Leixa, que atende a persoas adultas discapacitadas, e que xa leva varios lustros dunha desastrosa xestión privada. Nesta ocasión queren concederlle unha concesión por 12,7 millóns en 4 anos.
Alá polo ano 2010 as nais e pais de alumnado do centro “Souto de Leixa” agardaban ilusionados a asunción deste centro pola Consellería de Política Social para que os seus fillos e fillas poideran ...
Mércores, 15 Mai 2024No DOG do 15/05/2024 publican a Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP, antiga D.X. de Función Pública), pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.
Observación 1: neste momento NON se solicitan as prazas
Como xa chegan as primeiras consultas, lembramos ás persoas interesadas que inicialmente só presentarán a súa ...
Martes, 14 Mai 2024Chegounos á CIG información de que na redacción dos novos pregos de contratación da conservación de estradas feitos pola AXI se está a incluír que as empresas privadas fagan as funcións de vixilancia de explotación (informes, denuncias, vixilancia do dominio público, etc), que deben estar reservadas a persoal funcionario da administración.
Estas funcións están sendo realizadas por persoal propio que ten pendente un proceso de funcionarización e promoción interna, e que leva pendente de ...
Venres, 10 Mai 2024
A CIG vén de solicitarlle á conselleira do Medio Rural unha xuntanza urxente, dado que vemos necesario tratar os seguintes puntos dos acordos de melloras laborais para a escala de axentes facultativas/os medioambientais:
Redacción do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicas/os en xestión ambiental. Grupo B. No momento no que se chegara ao 40% de axentes que tiveran a titulación de acceso convocaríase un proceso para acceder ao grupo B. Creación de prazas UIFO para ...
Martes, 07 Mai 2024
A cita será ás 11.00 h diante da Delegación do Goberno da Coruña, e das Subdelegacións do Goberno de Lugo, Ourense e Pontevedra. Partirán autobuses dende Compostela ás 9.45 h de diante do sindicato.
Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a xubilación parcial e os coeficientes redutores para anticipar a idade de xubilación.
Estamos ante unha nova reforma ...
Martes, 07 Mai 2024A CIG ten manifestado en innumerábeis ocasións que para os actos de elección de destino o listado de postos ten que responder a varios criterios, e que un deles debería ser o do reparto por toda a xeografía galega.
Non parece ser este o criterio seguido por Función Pública no caso deste listado de postos para a toma de posesión do corpo administrativo (subgrupo C1) cando dos 102 postos hai CERO na provincia de Ourense, 8 na de Lugo e 9 na de Pontevedra e 85 na da Coruña dos cales 68 están ...
Xoves, 02 Mai 2024
Cesamento do fogo xa! Israel ten que rematar coa agresión a Palestina e finalizar a ocupación!
As administracións públicas, baixo o principio de servizo á cidadanía, non deben xestionar decisións políticas que supoñan alimentar a agresión de Israel a Palestina.
O conflito en Gaza, xunto ás duras restricións que o goberno israelí impón a Cisxordania, teñen un impacto devastador nas condicións humanitarias e laborais do pobo palestino. As administracións públicas, baixo o principio de ...
Xoves, 02 Mai 2024Representantes da CIG-Autonómica acudimos o martes 30 de abril a unha xuntanza de cortesía convocada pola nova directora xeral de Función Pública (DXFP), que agora pasa a chamarse Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (en diante, DXEP). Na xuntanza estaban presentes a nova DXEP, Nuria Aguilar Vázquez, e o anterior DXFP, José María Barreiro.
A xuntanza non durou moito. Foron unhas palabras de presentación da nova directora quen manifestou as súas intencións de ...