Inicio
Xoves, 15 Xaneiro 2026

Privatizan a educación infantil e fannos crer que é unha elección libre!

A CIG-Autonómica denuncia o pacto entre as gardarías e escolas infantís privadas para anticipárense á pública e abriren a matrícula o vindeiro 2 de febreiro.

Este pacto é posíbel porque a Xunta de Galiza non lles esixe no concerto a coordinación de datas coa escola infantil pública. Desta maneira, mentres as escolas infantís públicas adoitan abrir o prazo de reserva de prazas derredor do 15 de marzo, as escolas privadas fano até mes e medio antes. Esta diferenza non é casual nin técnica: é ...


Martes, 13 Xaneiro 2026

Presentadas máis de 5.500 sinaturas en apoio á PNL por unha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

A CIG rexistrou o luns 12 de xaneiro as máis de 5.500 sinaturas recollidas en apoio á Proposición Non de Lei (PNL) promovida polo sindicato para instar ao establecemento dunha cláusula de garantía salarial que permita a actualización automática dos salarios do persoal empregado público conforme ao IPC real. Esta proposta preséntase nun contexto de empobrecemento constante dos soldos no sector público, que dende 2010 acumulan unha persoa da capacidade adquisitiva que xa supera o 20%.

De ...


Luns, 12 Xaneiro 2026

Persoal coidador na Xunta de Galiza: a degradación do persoal de atención ao alumnado con diversidade funcional

Comezando o século XXI, o persoal coidador da Xunta de Galiza, que por aquel entón era persoal laboral, estaba sendo reclasificado ao Grupo III do V Convenio colectivo. Os xulgados estabanlle dando a razón a un persoal que exixía que se recoñecese a realidade do traballo que estaban a desenvolver na maioría dos centros de educación nos que atendían ao alumnado de Educación Especial; esa labor non era unicamente asistencial senón que tamén era en certa medida educativa e en moitas ocasións ...


Martes, 30 Decembro 2025

Fin do bloqueo á xubilación anticipada de axentes ambientais: regúlanse as cotizacións

Publícase o Real Decreto-lei que regula as cotizacións adicionais do persoal bombeiro forestal e axentes ambientais e que desbloquea a xubilación anticipada do persoal axente ambiental

A CIG-Autonómica valora positivamente a publicación no BOE do Real Decreto-lei 16/2025, do 23 de decembro, que regula as cotizacións adicionais para axentes forestais, ambientais e persoal bombeiro forestal, e que permite facer efectivo o dereito á xubilación anticipada dos e das axentes ambientais.

Este ...


Martes, 23 Decembro 2025

A CIG nin frea a suba salarial, nin anulou a carreira. Máis bulos de CSIF

O luns 22 de decembro tivemos a sorpresa de Nadal. Segundo CSIF a CIG frea a suba salarial acordada por eles, entre outros, para os seguintes catro anos.

En primeiro lugar, a CIG impugna un acordo, non o Real Decreto-lei que mantén as ridículas subas, co cal esas subas están garantidas. Como explicamos aquí, isto non implicaría en ningún caso o decaemento do RD-lei que establece a suba.

O que si vai implicar a demanda é que teñan que volver a constituír unha mesa de negociación ONDE A CIG é ...


Xoves, 18 Decembro 2025

A Xunta dilapida máis de 1 millón de euros en gratificacións opacas no dispositivo contra os lumes

A CIG-Administración Autonómica denuncia que o 9 de decembro o Consello da Xunta de Galiza aprobou unha partida orzamentaria de 1.012.958,53 euros destinada ao pagamento de gratificacións extraordinarias e horas extra a parte do persoal do dispositivo de extinción de incendios forestais —persoal técnico, axentes ambientais e bombeiras forestais—, sen negociación coa representación do persoal e cunha absoluta falta de transparencia nos criterios de concesión.

Esta partida desagrégase en ...


Martes, 16 Decembro 2025

A CIG maniféstase pola aplicación do Acordo de Política Social

O sábado 13 de decembro, a CIG convocou xunto con outras organización sindicais, unha manifestación en Compostela para denunciar o incumprimento do Acordo que a Consellería de Política Social asinou no ano 2023 con CIG, CCOO, CSIF e UGT.

A piques de rematar a vixencia do Acordo, a Administración aínda non activou as subcomisións necesarias para desenvolvelo. Está a Consellería a agardar pola caducidade do Acordo para comezar a cumprilo?

Un dos exemplos máis graves é a falta do protocolo ...


Venres, 12 Decembro 2025

Por unha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público

A CIG-Autonómica chama a unha concentración diante do Parlamento da Galiza o vindeiro martes 16 de decembro ás 11 horas pola defensa dunha lei de orzamentos que recupere dereitos e salarios para o persoal público. Denunciamos a situación de empobrecemento que sofre o persoal e o deterioro contínuo dos servizos públicos.Nos últimos anos, as políticas liberais impulsadas polos gobernos do PP e do PSOE, tanto dende o Estado español como dende a Xunta de Galiza, están a desmantelar unha ...


Xoves, 11 Decembro 2025

Ante a tomadura de pelo de Política Social, chamamento á manifestación o sábado 13 ás 11 na Alameda compostelana

Na xuntanza do mércores 10 de decembro da Comisión de Seguimento do acordo de Política Social a Consellaría lonxe de ofrecer solucións, perpetúan a burla que se está levando a cabo co acordo, parecendo máis ben unha tomadura de pelo.

A poucas horas da reunión da Comisión de Seguimento, a Consellería envía a documentación base que é practicamente a mesma que xa entregara en outubro de 2024 ignorando totalmente as alegacións e advertencias.

Proposta inadmisíbel

A Xunta mantén medidas ás que ...


Venres, 05 Decembro 2025

A CIG alerta de que a falta de protocolos en Medio Ambiente pon a Galiza en risco real ante a peste porcina africana

A CIG-Autonómica denuncia ante a presidenta do Comité de Seguridade e Saúde Laboral que a Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático carece de protocolos claros, formación actualizada e medidas de bioseguridade para a manipulación, traslado e almacenamento de fauna salvaxe morta, pese ao risco real de transmisión de enfermidades como a peste porcina africana (PPA) ou a gripe aviaria.

A prevención da peste porcina africana depende fundamentalmente da detección temperá na fauna salvaxe, ...


Venres, 05 Decembro 2025

A inspección de traballo actúa de novo no CIAM

A CIG interpuxo demanda ante a inacción da dirección do CIAM en PRL

A Inspección de Traballo confirma que na unidade de lactación do CIAM existía desde 2019 – 2021 unha avaliación de riscos que xa identificaba o mal estado dunhas cubertas de fibrocemento e propoñía a súa reparación. A pesar diso, non se actuou durante anos, deixando ao persoal traballador exposto a diario a dous riscos especialmente graves:

  • Desprendementos de material construtivo das estruturas deterioradas sobre as persoas ...

As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: 16/04/2018 a 27/04/2018.