Inicio
Venres, 10 Xaneiro 2025

Por unha xornada máxima de 35 horas para todo o persoal, e 32 para xornadas especiais

A CIG ven de rexistrar os milleiros de sinaturas recollidas no 2024 entre o persoal da Administración Autonómica solicitando a implantación con carácter inmediata das 35 hora de xornada semanal para todo o mundo da Administración xeral e un horario máis reducido para o persoal con xornadas especiais.

Na Administración Galega hai xa varios sectores (Sergas e persoal dos centros de Política Social), onde a xornada de 35 horas é xa unha realidade. Mesmo temos diferentes administracións ...


Venres, 10 Xaneiro 2025

Sentenza firme contra a Xunta pola ilegal represión de Medio Rural ao seu persoal técnico durante a folga do 2020

Tal e como os servizos xirídicos da CIG denunciaron no seu momento, o atropelo manifesto realizado pola Consellería de Medio Rural que desencadeou a folga na vaga de incendios do 2020, e as represalias ilegais cometidas contra as nóminas do persoal técnico, ven agora de decaer en firmeza no xulgado posibilitando así que se lle devolva aos/ás traballadores/as o roubado.

Agora so falta, tal e como reclamaron os servizos xurídicos da CIG xa daquela, que as persoas responsábeis desta desfeita ...


Venres, 10 Xaneiro 2025

A CIG demanda un acordo das condicións de traballo para o persoal da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático e unha negociación “real” da RPT

A CIG solicita a negociación urxente dun acordo de condicións de traballo para o persoal da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático e a negociación da RPT para solucionar a discriminación entre o seu persoalAnte a funcionarización chapuza, a inminente estabilización, a creación de novas escalas con funcións imposibles e a falta dun horizonte claro para o persoal da Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático (CMACC), a CIG ven de rexistrar unha solicitude para reactivar con ...


Martes, 07 Xaneiro 2025

Xubilación parcial, decepción total: CCOO e UGT ou ocultan o que pactan ou non pactan nada

CCOO e UGT levan dende marzo anunciando un “inminente acordo” sobre melloras na xubilación do persoal funcionario que ao final quedou nun bluf

Incluso recentemente mandaron un aviso a navegantes: “todos e todas pendentes que está ao caer un acordo sobre xubilación parcial”. E resulta que o tan cacarexado acordo non é máis que o enésimo anuncio de que acordaron que “se tramitarán” polo goberno unhas modificacións normativas para permitir a xubilación parcial SEN EXPLICAR EN QUE CONSISTEN .

...
Venres, 27 Decembro 2024

A CIG abandona a xuntanza do Consello Reitor da EGAP en sinal de protesta

A CIG abandona a xuntanza do Consello Reitor da EGAP que deu comezo o venres 26 de decembro pasadas as 13.00h en sinal de protesta por unha dirección desgaleguizadora e cunha xestión totalmente opaca, que ignora as necesidades reais de formación do persoal empregado público e que emprega a “dedocracia” na contratación do persoal formador, sen dar conta tan sequera das remuneracións económicas de cada un deles/as.

Esta central sindical nacionalista considera que a situación da EGAP é ...


Luns, 23 Decembro 2024

Asuntos propios na Área de escolas infantís do Consorcio: vai pedindo que xa chos vou denegando

A escasos días de comezar o período de Nadal, o Consorcio ordena ás direccións que deneguen os AP porque non se vai substituír ao persoal.

Ponse ás traballadoras nunha situación imposible de aturar, sen os días que precisan para a conciliación da vida familiar

1. Dende a área de escolas mándase a seguinte instrución ás direccións dos centros

Ao igual que en anos anteriores e por indicación da xerencia achego novamente a comunicación coas instrucións claras de cara a xestión e ...


Xoves, 19 Decembro 2024

De non vacante a vacante: onde están as miñas vacacións?

Aínda que a administración xeral da Xunta ten personalidade xurídica ÚNICA, hai consellerías que non o queren entender e van por libre.

Esta insubmisión dalgunhas consellerías crea problemas coas vacacións xeradas polo persoal temporal e interino das listas cando están cubrindo un posto “non vacante” e son chamados para cubrir un posto vacante e aceptan.

É certo que nalgunhas consellerías isto non é un problema. A mecánica deste asunto é que as consellerías de procedencia fan ...


Xoves, 19 Decembro 2024

A Xunta quere aprobar unha moi escasa Oferta de Emprego Público do 2024

Para seguir a tradición, a Administración achéganos na propia mesa (para que non dea tempo a reflexionar nin a alegar) catro follas cos anexos das prazas da OEP 2024. Limítanse a contarnos o que hai nas táboas. Polo tanto, ademais de que poidamos impugnar a propia OEP, estudaremos impugnar a falta de negociación.

E ante a falta de datos ou de tempo para poder estudalos ou analizalos, imos avanzar as nosas primeiras impresións sobre esta oferta de emprego.

De entrada esta OEP é minúscula. ...


Mércores, 18 Decembro 2024

A CIG reclama a recuperación de dereitos do persoal das administracións públicas

A lei de Orzamentos para 2025 perpetúa os recortes de 2012 e non avanza nengunha mellora, excepto para a escala de letrados, polo que dende a CIG solicitamos a extensión desa mellora para todo o persoal

A CIG concentrouse o martes 17/12/2024 diante do Parlamento de Galiza, coincidindo co debate dos Orzamentos da Xunta para 2025 para denunciar que con esta lei se perpetúan os recortes de 2012, e para reclamar a recuperación dos dereitos do persoal das administracións públicas.

Reclamamos ...


Mércores, 18 Decembro 2024

RPT do Consorcio: morrer matando

Durante anos sen convenio, sen trienios... e agora queren meter o acelerador para que apandemos con todo o que queiran impoñer

A directora xeral de Emprego Público e o xerente do organismo propoñen niveis e salarios máis baixos que na Xunta para o persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar.

A nova RPT chega nos últimos días do ano 2024, non negociada, inzada de centos de erros e sen a debida documentación que posibilite a máis mínima negociación e a súa tramitación; e sen que sexa de ...


Mércores, 18 Decembro 2024

Consellarías de Educación e de Economía van adiante co traspaso forzoso e non negociado de persoal propio, laboral e funcionarial de GAIN

A última hora da xornada laboral do 16 de decembro, dende a dirección da Axencia Galega de Innovación (GAIN) remítesenos o texto oficial do 2º Acordo de traspaso: adscripción de postos con nivel orgánico inferior a sevizo e traspaso de créditos asignados aos servizos traspasado, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Economía e Industria, asinado polos Secretarios Xerais Técnicos de ambas Consellerías (Acordo Economía-Educación).

...
  1. A Dirección Xeral da Función Pública porá á disposición do persoal a través do Portax, https://portax.xunta.es, un enlace para consultar os datos que figuran no seu expediente no Rexistro Central de Persoal, e indicará se cumpre ou non os criterios xerais de avaliación, para os efectos de acadar o complemento do grao I da carreira profesional.
  2. Se cumpre algún dos criterios de avaliación, deberá solicitar o recoñecemento extraordinario do grao I empregando o modelo de solicitude que se habilitará a través do Portax, https://portax.xunta.es. Deberá cubrir todos os datos que aparezan, validalos, confirmalos e presentar a solicitude asinada electronicamente no Portax. Dispondrá dun prazo de catro (4) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo.
  3. O persoal laboral que non teña acceso ao Portax poderá dirixir a súa solicitude ao director xeral da Función Pública da Consellería de Facenda. O modelo de solicitude estará á disposición de todos/as os/as que desexen acceder ao recoñecemento extraordinario do grao I do complemento de carreira administrativa na páxina web da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional. Despois de premer sobre a solicitude elixida, os/as aspirantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e, posteriormente, validalos e confirmalos
  4. Mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública anunciarase no Diario Oficial de Galicia a exposición das resolucións estimatorias de recoñecemento extraordinario do complemento de carreira administrativa do grao I.

A CIG non renuncia a nada: vamos a solicitar a carreira, e a agardar ao que diga o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza pola demanda interposta pola CIG contra a Orde do Acordo de Concertación do Emprego Público de Galiza pactado por Xunta, CCOO e UGT.