Novas por contido

A CIG exixe que se incremente o tempo de traballo para o persoal fixo descontínuo

Decenas de traballadoras e traballadores dos servizo de emerxencias de incendios forestais da Galiza manifestáronse o luns 13 de novembro fronte a consellería de Medio Rural, convocados pola CIG-Administración Autonómica, para reclamar unha mellora efectiva das súas condicións laborais, máis estabilidade, máis seguridade e un aumento do tempo de traballo para o persoal fixo-descontinuo.

Trátase de bombeiros e bombeiras forestais, vixiantes e emisoristas, que fan fronte, ano tras ano, ao maior índice de lumes de todo o estado español. Incendios forestais que debido o cambio climático e o abandono do medio rural, cada vez son máis perigosos e máis difíciles de xestionar.

Condicións laborais obsoletas

Este colectivo ten que lle facer fronte a estes incendios nunhas condicións laborais obsoletas, poñendo en risco a súa seguridade e saúde, con horarios abusivos de xornadas maratonianas, mais sen compensación algunha polo traballo realizado en fins de semana e festivos. Un dereito que foi recortado pola crise do capital en 2012, que pagamos os traballadores e traballadoras e que despois de tanto tempo e de probado crecemento económico, seguimos sen recuperar.

Xunto a isto denunciouse que as e os compañeiros de seis meses son obrigados a vivir por debaixo do limiar da pobreza porque, malia as denuncias, a Xunta négalles a compatibilidade para poder traballar no período de inactividade do seu contrato. Por iso clamaron contra un Goberno da Xunta que non ten escusas para que se lle amplíe o tempo suficiente de traballo para poder vivir dignamente, xa que hai un aforro considerable derivado do proceso de funcionarización do persoal laboral fixo e da resolución dos procesos selectivos, que son a prazas funcionariais e que suporá un considerable aforro a administración, de cando menos 2,5 millóns de euros.

Porén, nin o persoal funcionarizado desde o mes de xullo deste ano, nin as brigadas helitransportadas de nova creación, nin os compañeiros e compañeiras que van ser reconvertidos proximamente, logo dos procesos dos procesos selectivos en marcha, contan cun acordo que regule e protexa as súas condicións laborais. A Administración, irresponsablemente, deixou a centos de compañeiros/as conscientemente sen regulación, coa obriga da prestación do servizo, pero sen os dereitos laborais.

Por iso, dende a CIG recorriuse á Valedora do Pobo onde se presentaron máis de 700 sinaturas, para que Medio Rural nos convocara a unha mesa de negociación que tivo lugar o pasado 29 de setembro. Unha xuntanza na que a Administración se comprometeu a seguir negociando e traer propostas á mesa, aínda que “transcorrido un mes, non soubemos nada: nin proposta nin reunión.

Casualmente, unha vez convocada esta manifestación para reclamar a continuación das negociacións e un bo acordo de condicións laborais si recibimos noticias da Administración que nos citou a unha mesa que tivo lugar o pasado día 9 de novembro. Alí levounos unha proposta de horarios completamente lamentable, que empeora de maneira manifesta as condicións laborais que recolle o V Convenio. Unha burla máis aos traballadores/as do servizo, outro desprezo máis a este persoal tan indispensable para a protección do medio ambiente e para a seguridade de todas as galegas. Outro agravio comparativo máis con respecto o resto do persoal dependente da administración.

A CIG reclama da administración unhas condicións laborais dignas

Así, o que dende a CIG lle exiximos á Xunta de Galiza é unha carteleira negociada, única e anual; compensación por traballar fins de semana e festivos; horarios que permitan o descanso e a conciliación; ampliación do tempo de traballo do persoal de seis meses; a aplicación de coeficientes redutores e catálogo de enfermidades profesionais que corresponden por lei as bombeiras e bombeiros forestais.

Isto xunto a mellora das instalacións e maior implantación de medidas para reducir os riscos laborais; a regulación do réxime de horarios, tempos de descanso, funcións, permisos, vacacións… sempre mellorando o V Convenio do persoal laboral, ademais dun plan formativo que inclúa a formación en apoio en continxencias no medio natural e rural, tal e como lle corresponde a este persoal como servizo de emerxencias que son.

Un novo acordo que, en síntese, mellore o anterior e sexa de aplicación tanto para persoal funcionario como laboral que traballa neste dispositivo para que non se produzan máis desigualdades entre compañeiros e compañeiras.

 

Nas mesas de negociación que tivemos o martes 14 de novembro co director xeral de Función Pública facilitou información da previsión de elección de destino dos seguintes procesos selectivos:

- Hoxe saiu aprobados de gardacostas. Teñen 20 días para presentar documentación. A elección de destino probablemente vaia para despois de Reis.

- A elección de destino de traballo social publícase o venres 17. Van corrixir un posto.

- Publicarán algunha elección de destino de ISSGA nos vindeiros días.

- Están a traballar na elección de destino tanto de A1 como A2 de finanzas (están a facer as prácticas agora). Tamén enxeñería agronómica, montes, forestal, estabilización e libre, bombeiro forestal, bombeiro forestal conductor, emisorista e vixiante fixo. Deberían sair nos vindeiros días/semanas.

Función Pública convocounos a varias xuntanzas (Mesa Xeral, Comisión de Persoal, e Mesa Sectorial de Funcionarios/as) para os días 14 e 15 de novembro. Os asuntos son:

Convocatorias de promoción interna separada a corpos xerais

  • A1-Corpo superior: 30 prazas da OEP 2020 e 21. Descargar
  • A2-Corpo de xestiion: 185 prazas da OEP 2020 e 21. Descargar
  • C1-Corpo administrativo: 240 prazas da OEP-2020 e 21. Descargar
  • C2-Corpo auxiliar: 130 prazas da OEP 2020 e 21. Descargar

Convocatorias de procesos selectivos de acceso libre

  • B-Delineantes: 9 prazas (3 promoción interna) da OEP-2020. Descargar
  • B-Axentes ambientais: 96 prazas (24 promoción interna) da OEP-2020, 22 e 23). Descargar
  • C1-Análises de laboratorio: 12 prazas (3 promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • C1-Mantemento de servizos: 17 prazas (5 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • C1-Recursos naturais e forestais, esp. capataz: 7 prazas (2 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • C2-Arquivos e bibliotecas: 15 prazas (4 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • C2-Recursos naturais e forestais, esp. oficial: 16 prazas (4 de promoción interna) da OEP 2020. Descargar
  • AP-Limpeza e cociña: 117 prazas da OEP 2020 e 2022. Descargar
  • AP-Recursos naturais e forestais: 42 prazas da OEP 2020, 21 e 22. Descargar

Convocatorias de procesos selectivos de de acceso libre reservada para persoas con discapacidade intelectual

  • C2-Persoal de servizos xerais (PSX): 4 prazas da OEP 2020. Descargar
  • AP-Limpeza e cociña: 31 prazas da OEP 2020, 21, 22 e 23. Descargar

RPT da Presidencia da Xunta

RPT da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

No DOG do 14/11/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo superior da Administración xeral e no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1.

- RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).

A chulería e ignorancia de Función Pública non ten límite, ou se lle descoñece teito.

Despois de que nas catro últimas promocións internas ao corpo auxiliar (subgrupo C2) quedaran prazas desertas e que o sistema selectivo se demostrara un desastre, inxusto e ineficiente, e que se detectara claramente o problema, este director xeral segue queréndose rir das persoas empregadas públicas do corpo subalterno.

O problema é que a proba de coñecementos informáticos é un obstáculo infranqueable, e non por falta de coñecemento dos opositores, senón porque así está deseñada para facer de barreira, cun nivel de esixencia que non se corresponde coas necesidades reais que vai ter o persoal para traballar no corpo auxiliar.

O da proba de coñecementos ofimáticos do C2 vén herdado de cando as persoas do corpo auxiliar tiñan que saber mecanografía porque o resto dos corpos non tiñan por que usala. E os aspirantes tiñan que ir cargados ata Compostela, A Coruña ou Silleda, segundo onde fora o exame, coas súas máquinas de escribir Olivetti 98 de 14 kg de peso, que era o modelo estándar que se usaba nas administracións.

No século XXI onde TODAS as persoas funcionarias, dende a AP ata o A1 UTILIZAN A DIARIO ordenadores no seu traballo, a pregunta que se deberían facer en Función Pública é: por que unha persoa do C2 ten que acreditar coñecementos informáticos e as do C1, A2 e A1 non?

A CIG pedíu que se retire o exame de informática, pero Función Pública segue a manter un copipega das bases anteriores sen mudar absolutamente nada.

Que uns xestores públicos sexan incapaces de detectar cal é o problema que impide utilizar recursos humanos internos xa formados sen ter que recorrer a recrutamento externo se supón que é de ignorantes. E se coñecen cal é ese problema e seguen para adiante significa que son uns chulos.

Non é que escriban as notas na barra dun bar, é que intelectualmente son uns palanquíns e non dan artellado unha mellor desculpa para convencernos de que non sufrimos unha perda de poder adquisitivo.

Na última nota de UGT sobre o incremento do 0,5% nos din varias cousas de interese, como que no ano 2022 nos subiron un 6,66% as retribucións e no 2023 un 4,5%, co cal a perda de poder adquisitivo pásanos de largo ao persoal da Xunta. Todos os anos, nos orzamentos xerais do Estado e con carácter básico se establece unha suba (ou non) das retribucións co fin de paliar (outra vez ou non) a inflación.

Pero contarnos que un complemento de carreira ou de desempeño é para iso é o mesmo que dicir que os trienios teñen por función evitar a perda de poder adquisitivo e non retribuír a antigüidade.

Pois isto é o que fan os amigos da UGT, sumar á suba salarial do 3,5% do 2022 e do 3% en 2023, os incrementos da carreira profesional. Resulta entón que o complemento de carreira profesional non é unha retribución adicional ao complemento de destino, senón que existe “para non perder tantos cartos”.

As preguntas son: que lles di UGT aos traballadores doutras administracións que quedaron coa suba pelada e cunha perda de poder adquisitivo? Ou que lles di ás empregadas públicas da Xunta ás que lles negou a carreira por ser interinas ou temporais (e que accederon ao grao I ao gañar a CIG as demandas)?. E tamén, que lle di ao persoal laboral fixo que non se quere funcionarizar, ou que obrigaron a funcionarizarse en subgrupos inferiores con perdas salariais importantes como ao persoal coidador do III-99?

O que si sabemos é o que din da paralización da carreira profesional durante un ano: “...un dereito cercenado por un gravísimo erro sindical sen antecedentes”. Son moi benevolentes consigo mesmos e o que deberían dicir é que foi un dereito cercenado CONSCIENTEMENTE por eles e a administración para ver si colaba a ilegalidade cometida.

Para colarlle tal cantidade de bulos ao persoal da Xunta hai que ter máis sofisticación intelectual. Quod natura non dat UGT non praestat.

 

O mércores 15 de novembro, os delegados e delegadas da CIG vamos a concentrarnos en San Caetano pola xornada de 35 horas, as promocións internas anuais e os concursos de traslados permanentes.

Convidamos a participar ao persoal que poida achegarse ás 11 horas diante do edificio da Xunta.

Retomamos así a concentración prevista para o día 2 de novembro e que tivemos que suspender por prudencia ante a alerta metereolóxica daquel día.

Rueda, escoita, estamos en loita!

O persoal do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, emisorista, vixiante e bombeiro forestal leva meses sen estar acollido polo V Convenio e os seus dereitos laborais quedaron no aire tras a funcionarización. 

Ademais tanto o persoal laboral de seis meses como o persoal temporal, e o que non se funcionarizou non se atopa hoxe nunha situación millor xa que o convenio ten dereitos permanentemente suspendidos e están a sufrir abusos constantes que se suman a precaridade histórica no persoal que traballa na loita contra os incendios forestais na Galiza. 

Queremos negociar as nosas condicions laborais 

+ dereitos + seguridade - abusos = acordo de dereitos laborais

E por isto: 

  • Non aceptamos propostas por debaixo do V Convenio
  • Loitamos por un servizo profesional con emprego de calidade
  • Non máis abusos a base de circulares e instruccións ou cun Pladiga imposto

MOBILIZATE POR UN BO ACORDO DE DEREITOS LABORAIS

  • Autobus Ponteareas-Porriño-Pontevedra
    • 8.40 dende ponteareas
    • 9,00 porriño (discoteca Queen)
    • 9,25 Pontevedra (pavillón deportes)
  • Autobús Ourense
    • Primeira parada: Verín, Mi Rinconcito as 8:30.
    • Segunda parada: Xinzo de Limia na Estación de servizo Cepsa Antela as 9:00.
    • Terceira parada: Ourense onde as cafeterías Asgalla e Galena onde o aparcamento as 9:30.
    • Cuarta parada: na rotonda o lado da Gasolineira Avia 9:50
    • Última parada: Santiago en San Caetano
  • Estamos xestionando outro autobús no Barco-Monforte-Chantada. Contacta coa CIG na túa comarca.

No DOG do 10/11/2023 publican o DECRETO 143/2023, do 9 de novembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2023.

O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2023.

O anexo II recolle as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma que van ser obxecto dun proceso de funcionarización, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

O anexo IV recolle as prazas que se ofertan de promoción para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma, nos termos sinalados na disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril.

O anexo V recolle as prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2023.

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos os borradores das convocatorias dos procesos selectivos de prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, das escalas de:

  • Persoal de Servizos Xerais (PSX), subgrupo C2. Descargar
  • Especialidade de limpeza e cociña (agrupación profesional). Descargar

Outras novas recentes

Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...